Escolares, 1º Curso, 2º Curso, 3º Curso, 4º Curso, 5º Curso, 6º Curso, Ed. Física, Ed. INFANTIL, Idioma estranxeiro, 3 anos, 4 anos, 5 anos, Recursos, Novas, Ed. Musical, 1º Ciclo Prim., 2º Ciclo Prim., 3º Ciclo Prim.

XA ESTAMOS A VOLTAS CO ENTROIDO en 2ºEP

Xa estamos a tope os nenos e nenas de 2ºB coa elaboración dos disfraces de ENTROIDO para o desfile polo pobo cando o tempo no lo permita esta semana.

Este ciclo vai ir de turistas culturais e como por Arzúa pasa o Camiño de Santiago imos ir de:

PEREGRINOS E PEREGRINAS.

                            

Fixemos unha marquiña peregrina que nos vai servir de modelo para o noso disfraz, estes son algúns exemplos de como quedaron:

    

Iso sí lembrade que estamos no entroido e haberá sorpresas e moito colorido.

  

Antes de...

 

En vestiario...

O resultado dun bo traballo

           

O GATO CON BOTAS NO AUDITORIO en 2º EP

O xoves dia 1 de febreiro  os nenos e nenas de 2º EP asistiron á obra musical de O GATO CON BOTAS no Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela.

O gato con botas ou gato mestre é un conto popular europeo compilado en 1695 por Charles Perrault. Conta a historia dun gato que grazas á súa astucia consegue fortuna e a man dunha princesa para o seu amo, que é totalmente pobre. Desde a súa publicación, en 1697, no seu libro Contos de antano, que dedicou e regalou á sobriña de Luís XIV, tivo moito éxito.

Per Poc recrea os personaxes e a escenografía cos debuxos da artista rusa Alexandra Semenova, que coa súa estética remóntannos á época do Rei Sol. A música proposta para este espectáculo é o repertorio musical francés dos séculos XVII e XVIII. que será, tamén, protagonista.

Santiago Arnal e Anna Fernández (Títeres PerPoc)

Unha fermosa historia chea de pillería acompañada da Real Filharmonía de Galicia poñendo a banda sonora desta historia.

  

E tamén aproveitamos para dar un paseo polos arredores e desfrutamos dos parrulos e das parrulas do estanque do auditorio:

 

THIS IS POP no 2º nivel de EP

O 29 de xaneiro acudimos a unha visita e un obradoiro en Santiago de Compostela, concretamente na sede a Afundación ABANCA na rúa do Vilar , para sumerxirnos no POP ART. 

Dividimos a actividade THIS IS POP en duas partes: visita polas distintas salas do museo axudados por unhas cabazas chamadas Lela, Xela, Chela e Mela...que falaban o idioma cabazo e un obradoiro onde montamos un ventilador e decoramos unha cabaza.

Alí poidemos ver obras de Peter Blake, Yayoi Kusama, Andy Warhol, Okuda e o Equipo Crónica (na sala de España).

Como características deste movemento artístico:

  • Cores variados
  • Cores suaves
  • Figuras xeométricas
  • Personaxes de filmes e vídeoxogos
  • Obxectos cotiás
  • Collage
  • A cor negra sinónimo de tristeza

        

Ademais aproveitamos para merendar e dar un paseo pola Ferradura e vimos Federico García Lorca,  que alí estaba diante dunha igrexa medieval, a de Santa Susana.

E do obradoiro fixemos un pequeno video onde se amosa o que traballamos co ventilador e a creatividade nunha cabaza.

 

              

VIXÉSIMO PRIMEIRA ENTREGA DE MOCHILEIROS/AS en 2ºEP

María de 2ºA levounos de viaxe a AUSTRALIA, un país do continente de Oceanía. Só puidemos ir en avión ou en barco e moitas horas de viaxe.

   

Fixo unha exposición fantástica chea de curiosidades e datos que nos fixeron viaxar coa mente a ese fermoso país

Falounos de flora, fauna, gastronomía...e incluso degustámola!

 

E como recordo o haber estado alí

 

 

A VACINA DO BO TRATO en 2ºB de EP

Como todos os anos conmemoramos o 30 de xaneiro o Día da Paz e a Non Violencia na nosa clase. Todos e todas coincidimos en que se debe eliminar a violencia en todos os ámbitos da vida, tanto ao noso carón como máis lonxe, evitando o sufrimento e a dor no noso planeta Terra. 

Vacina do Bo Trato é unha actividade de mobilización escolar que ten como obxectivo que o alumnado atope solucións aos problemas de violencia que atopa no seu entorno e mais aló.

Cremos que con esta vacina poderemos chegar a erradicar todo tipo violencia das nosas vidas e por iso puxémonos a investigar e a fabricala.

 

DIFUNDE ESTA VACINA e VACÍNATE PARA TER BO TRATO!!!!!!

                 

VISITA O TEU SÚPER, unha iniciativa de EROSKI no 2º nivel

VISITA O TEU SÚPER é unha iniciativa de alimentación saudable e axeitados hábitos hixiénicos levada a cabo polo personal de Eroski en Arzúa que nos ensinou o importante que é unha alimentación san e variada sobre todo de froita e verduras.

 

Camiño do súper

Pasamos por diferentes departamentos: panadaría, froita fresca, verduras, lácteos, carnicería, produtos de hixiene corporal e sen deterse neses estantes que amosan productos que non debemos tomar, polo menos de maneira habitual como chuches, comida precociñada...

   

Na carnicería explicáronos que son as EPI, unha sigla que significa EQUIPO DE PROTECCIÓN INDIVIDUAL para evitar riscos: delentar de metal, luvas de metas, cahelco para a friaxe, xapatóns reforzados...debe de ser perigoso estar no departamento de carnes! Tamén nos explicaron as carnes  por orde de contido en graxas, de maís a menos: cordeiro, porco, tenreira, aves e coello.

   

Raquel, a capitana do súper e Eva, a coordinadora destas actividades amosáronnos unha viaxe chea de contidos e experiencias, ademais de fantásticos xogos en que puxemos a funcionar os noso sentidos  e unha degustación de cine...cheo de figuriñas deliciosas feitas con froita e auga e lácteos.

E para rematar unha chea de agasallos, unha mochila con alimentos saudables, unha bolsa para reciclar e levar ao súper, un cheque de desconto para s familias e un lapis planta, que xa vos ensinaremos o resultado.

 

GRACIAS EQUIPO DE VEGALSA-EROSKI

Esta actividade ímola incluir no Programa NUTRIESCOLAS, que na clase de 2ºB leva a mestra de Educación Física, Marita. 

PROXECTO COMPETENCIAL DE 2º NIVEL EP

Na clase de 2ºB xa imos empezar coas sementes do inverno, primeiro farémolo en semilleiros para obter plantas para logo transplantar ao bancal.

Despois dunha rigurosa investigación de que podemos plantar:

 

 

 

Decidimos ir a mercar un xoves pola mañanciña a unha tenda da vila con 10 euros de presuposto. xa fixeramos un cálculo pero decidimos tomar a li as decisións en equipo xa que non coñecíamos as sementes das que dispoñen na tenda:

Lista na man, folla de cáculo e lapis imos cara a tenda:

  

  

Xa feitos os cálculos precisos para axustarnos ao presuposto inicial mercamos 7 sobres de sementes, que ao pasar pola caixa para pagar pedimos a factura para comprobar e ter garantía do mercado.

Aproveitamos para traballar un novo tipo de texto, a factura: CIF, IVA, TOTAL...

De volta ao cole inmortalizamos a nosa compra:

E agora... xa non nos queda mais que facer semilleiros.

VIXÉSIMA ENTREGA DE MOCHILEIROS/AS en 2º EP

Unhas novas exposicións que nos levan a dous países de dous continentes, CANADÁ e PORTUGAL. 

Por un lado  Marcos, alumno de 2ºB colle o avión para ir ao CANADÁ. Unha exposición excelente e moi clara que nos ensinou moitas curiosidades deste país que non sabíamos e que comidas tan saborosas, ademais do frío que por alí debe facer tan preto do polo Norte.

 

  

E como lembranza unha foto nos lugares maís emblemáticos deste fermoso país:

 

 Por outra banda, Dylan  de 2ºA viaxou ao país veciño onde destaca no seu mural que é o país de Cristiano  Ronaldo, PORTUGAL.

   

 

MUSEO ANIMALIA DE 2ºB

Dentro de Ciencias Naturais traballamos os animais e a súa clasificación. Despois de investigar, clasificar e xogar con estes contidos quixemos inmortalizalo nun museo vivo, é dicir, que vai cambiando pouco a pouco da cordo cos novos contidos que vaiamos adquirindo: MUSEO ANIMALIA.

   

OS NOSOS BODEGÓNS en 2ºB

Partindo da proposta do Museo de Bellas Artes, investigamos sobre diferentes posibilidades de bodegóns, un xénero de obra artística de interior como conxunto de diferentes elementos:

          

Powered by Drupal - Design by artinet