A través desta Modalidade preténdese converter o centro educativo no lugar de promoción da saúde, apoiándonos no Plan Proxecta+, que nos permite desenvolver actividades destinadas a toda a comunidade educativa desde unha perspectiva integradora e globalizada, para facer fronte á sobrealimentación e ao sedentarismo (factores que inflúen no peso corporal das persoas, provocando obesidade, que hoxe en día está a constituir un problema de saúde).
OBXECTIVOS
- Inculcar hábitos alimenticios saudables.
- Crear sentido crítico ante a publicidade sobre a alimentación.
- Desenvolver hábitos de hixiene persoal relacionados coa alimentación e co exercicio físico.
- Incentivar no alumnado as gañas de probar novos alimentos.
- Fomentar a adquisición dunha alimentación sá e equilibrada que xunto coa actividade física brinde benestar.
- Promover un estilo de vida activo, dentro e fóra da escola, ofrecendo novas posibilidades que permitan un ocio saudable.
- Desenvolver os coñecementos básicos que permitan ao alumnado a confección de dietas equilibradas para previr enfermidades.
- Promover e apoiar a participación das familias na creación e mantemento de hábitos saudables.
- Promover a adquisición de coñecementos para que permitan ao alumnado analizar as vantaxes que conleva ter unha alimentación sá.
- Dotar ao alumnado dos coñecementos axeitados para confeccionar unha dieta equilibrada.
- Evitar o consumo excesivo de golosinas.
Blogue Aliméntate ben!