CREACIÓN DUN XARDÍN ECOLÓXICO NUNHA ZONA DO NOSO PATIO

Varios estudos avalan a que os xardíns escolares promoven estilos de vida saudables, ademáis de ser excelentes aliados didácticos para a aprendizaxe activa e fortalecer o sistema inmunolóxico.

Nesta primavera, no CEIP de Arzúa, creouse un xardín ecolóxico.

Contactamos con Educalecrín e comenzamos este novo proxecto.

Tres persoas foron as encargadas de levar a cabo diferentes tarefas:

- Verónica, encargada das especies vexetais, foi a que elexiu que especies se ían prantar.

- Natalia, encargada da fauna, elexiu que refuxios para fauna e que fauna queremos atraer ao noso terreo.

- Yolanda, decoradora experta en upcycling.

Comenzaron polo estudo do terreo para continuar coa creación dun espazo diferente, ao mesmo tempo que involucraron ao alumnado na creación deste xardín ecolóxico a través de distintos obradoiros:

- Obradoiro relacionado coas especies vexetais do xardín.

Primeiro recibiron unha pequena charla explicativa para identificar as especies plantadas no horto ecolóxico e a razón de por que se escolleron esas especies e se colocaron dunha determinada maneira. Así descubriron que as plantas aromáticas como a lavanda e o tomiño protexerán a outras plantas porque o cheiro que desprenden espanta a certos insectos. Tamén viron as asociacións que se establecen entre certas especies; por exemplo, as fabas vanlle proporcionar nitróxeno ás cebolas e as acelgas que se plantaron ao lado e permitirán que medren antes. 

 

A continuación, dividiuse a clase en varios grupos e comezaron a traballar. Un grupo rotulou en anacos de tella os nomes das plantas do horto, que despois foi poñendo no sitio correspondente; outro foi colocando mazorcas de millo para delimitar a zona de plantación e marcar mellor os camiños entre as plantas e así poder achegarnos a elas sen danalas; o terceiro plantou sementes a carón da parede colocando especies que van protexer o noso horto e o cuarto foi regando as plantas. 

 - Obradoiro relacionado coas especies de fauna do xardín.

A monitora explicoulle aos nenos e nenas que tipo de animais podiamos atopar: reptís, aves, insectos e anfibios. Logo amosoulles unhas guías con fotografías para que puideran identificalos. A continuación, dividiuse a clase en dous grupos; un foi polo patio buscando paxaros e outros animais e o outro rematou de facer a poza dos anfibios que vai servir de refuxio ás ras. 
O primeiro grupo puido identificar pardais, merlos, lavandeiras, lagartos, xoaniñas...
O segundo grupo tivo que carrexar agua e ir colocando diversos materiais para acabar de preparar a poza. 

- Obradoiro de decoración basada na reciclaxe do xardín. 

Primeiro poideron observar con liberdade todo o que estaban a preparar e realizar nesa zona do noso colexio co novo xardín ecolóxico.

Logo, a guía do mesmo, Yolanda "Bosquenauta", ensinoulles como aprender a mirar as cousas que nos rodean con máis detalle, Para iso, fixeron dous grupos. Uns eran os "descubridores" e outros eran os "marenautas".

Os descubridores empregaron un "descubridor" feito con cartón, que lles permitiría observar e prestar máis atención ás cousas da natureza que nos rodeaban.

Os marenautas descubriron cousas do mar como cunchas, buguinas...

Para rematar o taller,  convidounos a construir algo para decorar o xardín empregando materiais de reciclaxe, coa finalidade de que perduraran no tempo.

Debían construir, por equipos, obxectos que se colgarían para que fixeran ruido natural e formaran parte dos adornos deste xardín ecolóxico. Para iso, empregaron unha corda, cunchas, paus, paus de bambú...

Quedaron moi bonitos e aos rapaces e rapazas fíxolles moita ilusión poder participar na decoración deste xardín. 

 

Powered by Drupal - Design by artinet