3º Curso

DECORACIÓN PRIMAVERAL NA AULA DE 3º NIVEL EP

Xa empezou a Primavera o 21 de marzo e tamén a decoración da nosa aula para esta nova estación que acaba de comezar que nos vai acompañar ata o remate deste  curso.   

Para iso comezamos coa porta de entrada ao noso espazo 3ºA cun proxecto dedicado a Matisse:

Aproveitando tempos de ocio e descanso entre actividades imos dándolle forma seguindo nocións de Matisse, ademáis de decorar flores, un motivo tremendamente primaveral

      

TALLERES LIDIA VEIGA NO TERCEIRO NIVEL

Nos meses de febreiro e marzo desfrutamos duns talleres impartido por Lidia Veiga sobre Saúde e Cambio Climático, en total seis sesións que foron fantásticas, aprendemos moito e datos curiosos como por exemplo o son que produce o noso planeta ao xirar tanto arredor de sí mesma e arredor do Sol...rompeu o noso concepto do silencio no espacio!

 

Calquera imaxe valería para ver como desfrutamos

Algunha mostra do interiorizado 

Grazas ANPA O FORMENTO!!!!

DÍA DA CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO NO 3º NIVEL

Como todos os cursos que levamos xuntos poñemos moita énfase na importancia da diversidade, de que todos e todas somos diferentes.

Este ano elaboramos un cartel titulado SÍ SE PODE...SE TI QUERES!

Tamén nos unimos á campaña POIDO APRENDER, POIDO TRABALLAR facendo unha foto ou un gif  dunha sostendo unha ferramenta que represente unha das súas habilidades:

 

 

CUMPREANOS DE PRIMAVERA 2021

ESTE CURSO TODO É MOI ESPECIAL PERO ...

QUEREMOS FELICITARVOS DUNHA MANEIRA COMO SEMPRE

 

ESTES E ESTAS SON OS HOMENAXEADOS/AS  

 

MAPAS CONCEPTUAIS DOS SECTORES ECONÓMICOS EN MURAIS

En Ciencias Sociais estivemos estudiando os tres sectores económicos que imos presentar en murais realizados pos cada equipo de traballo nos que estamos divididos na clase, os equipos margaridas de cores:

 

 

 

DÍA DO PAI OU DOUTRA FIGURA MASCULINA NO TERCEIRO NIVEL

Un ano máis tentando sorprender aos nosos seres máis queridos, neste caso ao noso pai, a aquela figura masculina que vela por nós, nos cuida, nos protexe, nos guía, nos ensina e algunhas veces nos berra para correxirnos e facer que cheguemos ao punto máis alto nas nosas vidas:

 

Desexamos que lles gustarna os nosos agasallos feitos dende o corazón! 

SEMANA DA PRENSA NO TERCEIRO NIVEL

Do 8 ao 12 de marzo celebramos a SEMANA DA PRENSA, traballamos con diferentes xornais para coñecer este medio de comunicación colectivo e a súa estructura.

Como proposta de actividade este curso foi elaborar FAKE NEWS, noticias falsas:

 

 

Tamén estamos pendentes de que nos publiquen unha reportaxe nun xornal da zona!!

#COMOCAMBIAOCONTO EN 3º NIVEL

Na clase de 3º nivel queremos cambear o CONTO, xa levamos moitos anos sempre comesmo conto, dicíndonos sempre o mesmo, sempre o mesmo final.

Na clase vimos un vídeo, que por certo fixo que practicaramos un pouco de catalán, outra lingua de España:

É toda unha aventura tentar cambear o conto!!!

#comocambiaoconto

Despois de facer as nosas interpretacións quedáronnos estas imaxes:


Queremos cambear o mundo, eliminar as violencias machistas, a igualdade, o mesmo tratoe a liberdade de decisión para vivir e facer o que queiramos!

 

8 DE MARZO: Día da muller traballadora en 3ºnivel de EP

 

EQUIARZÚAunha vila onde a igualdade de xenero é unha realidade

 

En EquiArzúa, todas as persoas gozan dos mesmos dereitos e oportunidades, independentemente do seu sexo. As mulleres e as nenas séntense seguras camiñando pola noite. Reciben o mesmo salario que os homes por tarefas de igual valor.

Homes e mulleres comparten tarefas domésticas e coidados e teñen acceso a coidados accesibles e de calidade.

¿Non soa moi ben?

As nenas valóranse tanto coma os nenos e as persoas de todos os xéneros e sexualidades  séntense seguras e son tratadas por igual.

Isto é igualdade de xénero!

 

   

Cada rúa ten un nome e un porqué !!!

 

 

Se queres saber máis entra no pdf adxunto e curiosea!!

E que quede claro ,no 3º nivel queremos pasar de

EQUIARZÚA a EQUIMUNDO

MUSEO AO MIÚDO III

 

Xa rematamos a proposta de crear o noso particular GABINETE DO COLECCIONISTA OU CUARTO DAS MARABILLAS, partindo da investigación dos xéneros pictóricos que se deron ao longo da Historia:

 

Powered by Drupal - Design by artinet