FIN DE CURSO TERCEIRO E CUARTO

Arzúa,  17 de xuño de 2020

Estimadas familias, rapaces e rapazas:

Remata un curso dun xeito atípico, ao igual que o foi este último trimestre, dada a situación extraordinaria que nos tocou vivir. Queremos agradecervos ás familias e ao noso alumnado a vosa colaboración, implicación e participación nas actividades propostas, sabemos que non foi doado, así que MOITAS GRAZAS!!!

Agora comeza unha etapa de descanso merecido. Convén que todos os nenos e nenas de 3º e 4º gocen destas vacacións e acumulen enerxía para afrontar en setembro un novo reto.

ACTIVIDADES  RECOMENDADAS  PARA  O  VERÁN:

    -Durante o verán sería recomendable que os nenos e nenas realizasen as seguintes tarefas: pasear, gozar da familia, estar cos amigos/as, ir á praia, á piscina, á montaña (se o a situación na que estamos o permite), saber o que é algunha tarde sen nada programado onde poidan xogar libremente desenvolvendo a súa creatividade, relaxarse e non ir correndo a todas partes …

   -Tamén sería bo, aínda que dun xeito relaxado, reforzar as competencias básicas traballadas ao longo do curso:

  

Competencia lingüística:

         - Lectura diaria en galego e en castelán.

                  - Traballo de expresión escrita. Poden resumir un conto, contar anécdotas, copiar un texto, inventar historias … Tamén é boa idea escribir un diario onde reflictan as súas vivencias.

É importante que se expresen oralmente en galego e en castelán: que vos conten as súas experiencias do día.

  

Competencia matemática:

- Reforzar o cálculo: sumas e restas con levadas, multiplicacións e divisións.

       - Resolución de problemas con estas operacións.

         *É fundamental dominar a táboa de multiplicar!!

 

SORPRESIÑA FINAL...!

Para os nosos queridísimos  alumnos e alumnas temos preparada unha sorpresiña final, en agradecemento ao seu esforzo, traballo e boa adaptación a esta escola a distancia, que xurdiu de inmediato e á que souberon adaptarse tan ben.  É un agasallo simbólico dende a distancia: Un diploma que atoparedes no arquivo adxunto e que vos mesmos cubriredes como tarefa final do curso! Esperemos que vos guste!

 

NOTAS FINAIS DO CURSO

Polo demais, recordarvos que hoxe poderedes ver as vosas calificacións finais entrando na aplicación ABALAR MÓBIL

 

FELICES VACACIÓNS!

 

AS TITORAS DE 3º e 4º.

 

AdxuntoTamaño
DIPLOMA.pdf214.79 KB

Powered by Drupal - Design by artinet