3º e 4º nivel de Primaria

AS NOSAS CABACIÑAS DE 3º NIVEL

No terceiro nivel estamos decorando a nosa aula con motivos samaínticos!

Comezamos coas cabazas coas cales xogamos a adiviñar de ca se estaba a falar cando se lían descricións feitas por nós ao chou!!

 

DÍA DAS BIBLIOTECAS_24DE OUTUBRO

Hoxe é un día a celebrar pola maxia que podemos atopar en fermosos lugares chamados bibliotecas, calquer espazo onde se poida disfrutar da lectura.

Por iso no 3º nivel propoñemos as seguintes actividades actividades:

Escoitaremos o conto co que nos agasallou a nosa contacontos preferida, Erica González, colgado na lapela de Biblioteca.

E tamén poder disfrutar dos traballos que nos están chegando:

Elia

Carme

Mariña 

 

Lucía

Antía

Iago

Ruth 

 

Manuel

 

 

PLÁSTICA EN INGLÉS

MANDALAS

HOUR OF CODE ™


Dentro da CODE WEEK (Semana do código) estamos invitados a organizar unha HOUR OF CODE (
Hora do Código ™), dentro da Semana pola Educación das Ciencias da Computación que convocamos para mañá, 15 de outubro e 16 de outubro, onde levaremos a cabo actividades con e sen computador, onde poñeremos en práctica todos os conceptos aprendidos.

Xa vos imos informando!!!!

Pero sobre todo... queremos conseguir a igualdade de oportunidade neste tipo de ciencias !

 

Foi un exitazo!! Grazas a CODE.ORG que nos ofrece moitas posibilidades, ademáis empregamos o xerador de códigos qr

 

 

SEGUIMOS CON CODE WEEK

Unha  actividade maís para a Semana da programación a nivel mundial, CODE WEEK .Seguimos traballando con diferentes linguaxes de programación, esta semana estamos traballando co Scratch, atrevéndonos a animar os nosos nomes, ás nosas personaxes ...todo aquilo que queiramos animar dándolle vida:

 

 

 

 

 

 

 

SCRATCH CATBOT

UN PROXECTO NACIDO NA EU CODE WEEK 

SEGUNDA ACTIVIDADE EU CODE 2020

Xa temos a segunda actividade da EU CODE WEEK, na que queremos involucrar as nosas familias, compartindo momentos, coñecementos e gañas de aprender máis!

Por iso titulámola IN CODE WEEK IN MY FAMILY, unha idea compartida co alumnado doutros países e centros!!

Primeiro deseñamos o cartel para esta actividade, poñendo en practica os coñecementos adquiridos de plástica e de Pixel Art!!

Para decidirnos foi moi difícil xa que se conseguíron traballos/bocetos espectaculares dignos de artistas de alto nivel!!!!

 

Tamén envióueselles unha circular explicando a actividade ás familias e a ficha onde levala a cabo:

         

 

sempre acompañándoa cunha reportaxe fotográfica das persoas da familia que colaboran!

 

 

DIA MUNDIAL DO SORRISO

Despois do que estamos pasando, aínda queremos SORRIR intensamente, sen deixar de facelo detrás dunha máscara que nos protexe do COVID pero que esconde o que aquí veredes...

UNS FERMOSOS  E MARABILLOSOS SORRISOS

Ademáis celebrámolo con outra actividade na clase de plástica coa que deseñamos a nosa máscara:

 

 

 

NUTRIENTES CON ESQUELETO

Dentro de CN estamos estudando os nutrientes dos alimentos que inxerimos e que nos aportan o necesario( hidratos de carbono, proteínas, graxas, sales minerais e vitaminas) para poder vivir e ter boa  saúde. 

E para facelo máis,motivador e obrigarnos a razonar, temos que facer un esqueletocon alimentos ricos en hidratos de carbono:

 

Powered by Drupal - Design by artinet