3º e 4º nivel de Primaria

INFORMACIÓN PARA AS FAMILIAS DE TERCEIRO E CUARTO

RECOLLIDA DE LIBROS DO FONDO SOLIDARIO

A vindeira semana as titoras de 3º e 4º procederemos a recollida de libros. Deberedes traelos as familias ao colexio na hora e data sinaladas a continuación, para así evitar aglomeracións no centro.

Tamén  hai que devolver os libros que teñades da Biblioteca Escolar.

Lembrade respetar e cumplir as recomendacións sanitarias para dita entrega.

             

Un saúdo,

 

As titoras de terceiro e cuarto.

 

ACTIVIDADES PARA TERCEIRO E CUARTO DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Bos días,

 

Para este mércores propoñémosvos as seguintes tarefas:

- Lectura comprensiva de Lingua Castelá.

- Traballo de investigación de Ciencias Sociais.

 

Un saúdo de parte das titoras de terceiro e cuarto.

ACTIVIDADES PARA TERCEIRO E CUARTO

Ola familias!

Arrincamos a penúltima semana do curso cunha proposta de actividades de Lingua e Matemáticas.

LINGUA GALEGA: Unha comprensión lectora para 3º e 4º (ficheiro adxunto)

MATEMÁTICAS: Nesta ocasión a actividade é diferente, cada nivel debe facer o arquivo correspondente (arquivos adxuntos)

 

Ánimo rapaces e rapazas que xa non nos queda nada!!Risa

 

As titoras de 3º e 4º

ACTIVIDADES DE MÚSICA PARA 3º E 4º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Bo día, rapaces e rapazas! Ánimo que xa falta menos! Para esta semana que entra vos propoño estas actividades musicais, espero que vos gusten.

Imos comezar cun conto orixinal que nos servirá para repasar as notas musicais.

https://www.youtube.com/watch?v=Xy1qRk6QkJg

Agora preparade as frautas que imos practicar unha canción para repasar as notas si e la. Se vos parece que o video vai moi rápido podedes cambiar a velocidade da reprodución na configuración do video e lembrade que a dobre barra con dous puntos quere dicir que se repite.

https://www.youtube.com/watch?v=URIpA5ZNbFU

Continuamos escoitando unha peza moi coñecida dentro da música clásica que se chama " A máquina de escribir" do compositor Leroy Anderson (viviu entre 1908 e 1975 en Estados Unidos). Ao mellor non sabedes o que son, pero antes dos ordenadores había estas máquinas para poder escribir documentos en papel.

Aquí tedes un vídeo divertido sobre esta peza musical e despois outro video cun concerto cunha orquestra sinfónica.

https://www.youtube.com/watch?time_continue=122&v=XAHlM8LNeDE&feature=emb_logo

https://www.youtube.com/watch?v=G4nX0Xrn-wo

E agora unha actividade de percusión corporal sobre a mesma canción.

https://www.youtube.com/watch?v=TFPK9CgVQvk

Para rematar aquí vos deixo unha canción de ánimo para a semana. Unha aperta moi grande!

https://www.youtube.com/watch?v=GiiDT_87NDA

 

 

ACTIVIDADES PARA TERCEIRO E CUARTO DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Moi bos días,

Para este venres deixámosvos a seguinte proposta de traballo:

Terceiro:

Ciencias Naturais e Ciencias Sociais (arquivos adxuntos).

Cuarto:

Ciencias Sociais. Repaso do Tema 2: A Hidrosfera. Páxinas 32-33, exercicios: 10,11,12 e 15.

Ciencias Naturais. Repaso do Tema 2: Os Ecosistemas. Páxinas 36-37: Esquema e exercicios 2 e 4.

 

Un saúdo.

As titoras de terceiro e cuarto.

TRABALLAMOS RELIXIÓN DESDE A CASA (VOLUNTARIO)

Un saúdo e saúde para todo o alumnado do CEIP de Arzúa e as súas familias de parte da mestra de Relixión. Aquí vos deixo a tarefa de Relixión para esta semana lembrándovos que se a considerades excesiva tedes plena liberdade para acurtala ou non realizala en función das vosas circunstancias persoais. Agradézovos enormemente o voso interese e esforzo, e deséxovos moito ánimo nesta recta final. 

Para o alumnado de Relixión de 3º e 4º esta semana propóñolles coñecer a historia do profeta Daniel que aparece no Antigo Testamento. Daniel era un israelita que cando era moi novo foi apresado polos babilonios que o levaron como escravo á cidade de Babilonia. A súa sabiduría, a súa habilidade para interpretar os soños e a súa fe axudáronlle a superar moitas dificultades.

Aquí vos deixo a súa historia para que a leades e tamén unha obra de arte na que se reflicte o momento no que Daniel permanece no foso rodeado de leóns. 

FAI CLICK AQUÍ PARA VER O CONTO E O CADRO

Acompaño estas actividades dun video titulado "Daniel y los leones" no que podedes ver esta mesma historia en debuxos animados. Espero que vos guste. 

 

 

 

Lembrade que o correo electrónico para enviar as vosa tarefas é relixion@arzua.net

TAREFAS PARA O ALUMNADO DE TERCEIRO E CUARTO

Ola familias!

Hoxe traballaremos Lingua Galega e Matemáticas.

- LINGUA GALEGA: Comprensión lectora (arquivo común para os dous cursos)

 

-MATEMÁTICAS (arquivo diferente para terceiro e cuarto, cada curso debe facer soamente o que lle corresponde).

 

Unha aperta Sorriso

 

As titoras de 3º e 4º

ACTIVIDADES PARA TERCEIRO E CUARTO DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Bos días familias,

Comezamos esta primeira semana do mes de xuño con diferentes actividades:

Lingua Castelá (común para ambos cursos).

Matemáticas (diferente para cada curso).

Un saúdo.

As titoras de terceiro e cuarto.

 

ACTIVIDADES PARA TERCEIRO E CUARTO

 

Ola familias!

Hoxe traballaremos Ciencias Sociais e Plástica.

CIENCIAS SOCIAIS (Actividades diferentes para terceiro e cuarto):

     -Ciencias Sociais 3º (arquivo adxunto)

     -Ciencias Sociais 4º: Seguimos a repasar o Tema 1, pero esta vez faremolo con exercicios do libro. Páxina 32: exercicios 4, 5 e 6.

 

PLÁSTICA (Común para 3º e 4º): Hoxe faremos un peixe, alimento moi saudable, aplicando a técnica do puntillismo. Nos arquivos adxuntos podedes ver un exemplo para que vós diseñedes o voso peixe. (Non tedes que facelo igual, é só un exemplo).

 

Que teñades unha boa fin de semana! Risa

 

As titoras de terceiro e cuarto.

 

 

ACTIVIDADES DE MÚSICA PARA 3º E 4º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Hola rapaces e rapazas! Aquí vos deixo,unha semana máis, as actividades de música. Espero que vos gusten.

Esta semana comezamos cunha actividade de repaso dos instrumentos musicais a través do seguinte enlace. Primeiro escoitaredes un instrumento como presentación do exercicio ( ese non conta) e despois deberedes facer clic na frecha para escoitar o instrumento que teredes que adiviñar.

https://aprendomusica.com/const2/44instrumsuena/game.html

Seguimos facendo ritmos. Teredes que repetir os ritmos que se propoñen no video. Atentos e fixádevos ben!

https://www.youtube.com/watch?v=Chw8JrcTt_U

Agora vos deixo aquí un enlace no cal poderedes experimentar e crear ritmos e melodías.

https://musiclab.chromeexperiments.com/

Seguimos cun baile moi divertido que vos encherá de enerxía. Animádevos!

https://www.youtube.com/watch?v=RCgtcEz6SGk

E, para rematar, vos propoño unha actividade de volta á calma mediante un xogo de relaxación moi orixinal.

https://www.youtube.com/watch?v=GVzDW8vsfUw

Unha aperta moi grande!

 

Powered by Drupal - Design by artinet