ACTIVIDADES DE MÚSICA PARA 3º E 4º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Bo día, rapaces e rapazas! Ánimo que xa falta menos! Para esta semana que entra vos propoño estas actividades musicais, espero que vos gusten.

Imos comezar cun conto orixinal que nos servirá para repasar as notas musicais.

https://www.youtube.com/watch?v=Xy1qRk6QkJg

Agora preparade as frautas que imos practicar unha canción para repasar as notas si e la. Se vos parece que o video vai moi rápido podedes cambiar a velocidade da reprodución na configuración do video e lembrade que a dobre barra con dous puntos quere dicir que se repite.

https://www.youtube.com/watch?v=URIpA5ZNbFU

Continuamos escoitando unha peza moi coñecida dentro da música clásica que se chama " A máquina de escribir" do compositor Leroy Anderson (viviu entre 1908 e 1975 en Estados Unidos). Ao mellor non sabedes o que son, pero antes dos ordenadores había estas máquinas para poder escribir documentos en papel.

Aquí tedes un vídeo divertido sobre esta peza musical e despois outro video cun concerto cunha orquestra sinfónica.

https://www.youtube.com/watch?time_continue=122&v=XAHlM8LNeDE&feature=emb_logo

https://www.youtube.com/watch?v=G4nX0Xrn-wo

E agora unha actividade de percusión corporal sobre a mesma canción.

https://www.youtube.com/watch?v=TFPK9CgVQvk

Para rematar aquí vos deixo unha canción de ánimo para a semana. Unha aperta moi grande!

https://www.youtube.com/watch?v=GiiDT_87NDA

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet