3º e 4º nivel de Primaria

ACTIVIDADES DE MÚSICA PARA 3º E 4º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Hola a todos/as! Imos comezar maio con moito ánimo e con moita música! Estades preparados/as?
Aquí tedes as actividades de música que vos propoño esta semana:

Comezamos a clase facendo ecos rítmicos para o cal necesitaredes un par de culleres de pau ( ou pauciños chinos, lápis...) e percutiredes os ritmos sobre unha mesa ( ou nun cubo ou papeleira como aparece no video). O que nos interesa é que fagades ben os ritmos.

https://www.youtube.com/watch?v=4DHJrLCHNEI

Seguimos cunha actividade de percusión corporal, fixádevos na dobre barra con dous puntos que hai ao final, significa que temos que repetir.

https://www.youtube.com/watch?v=9NdF4Ruf-Ts

Agora continuamos cunha ficha de repaso de instrumentos musicais que vos aparece no arquivo adxunto. Cando xa a teñades feita, se podedes, enviádema ao meu correo : musicaceiparzua@gmail.com

E para rematar vos propoño bailar unha canción do rei do rock and roll, Elvis Presley, vos atrevedes? Unha aperta moi grande!

https://www.youtube.com/watch?v=JbxDwaGwi2Q

 

ACTIVIDADES PARA TERCEIRO E CUARTO

Bo día familias!

Un día máis seguimos a traballar dende a distancia.

CIENCIAS SOCIAIS

Propoñemos unha actividade para repasar o Ciclo da auga. Debedes premer no vídeo para ver a explicación e ao final do documento propoñemos outro vídeo para que fagades unha actividade plástica. (Documento adxunto)

 

MATEMÁTICAS

Problemas, pero ollo que nalgúns precisades facer dúas operacións! (Documento adxunto)

 

LENGUA CASTELLANA

Comprensión lectora (Documento adxunto)

 

Moito ánimo!

 

As titoras de 3º e 4º.

 

TRABALLAMOS RELIXIÓN DESDE A CASA (VOLUNTARIO)

Un saúdo e saúde para todas as familias do alumnado do CEIP de Arzúa de parte da mestra de Relixión. Parece que esta semana puidemos ver unha pequena luz ao final do túnel ao permitir a saída dos nosos nenos e nenas durante unha hora para dar un paseo. Actividade moi lonxe do que é a saída habitual das nosas pequenas e pequenos para ir ao parque e xogar cos seus amigos e amigas; pero un pequeno avance cara ao que os expertos dan en chamar a nova normalidade.

Lembrade que as actividades de Relixión teñen carácter voluntario, e que non tedes que agobiarvos por facelas; a súa realización queda supeditada á vosa dispoñibilidade. Unha aperta e ánimos renovados para afrontar a nova situación.  

Para o alumnado de Relixión de 3º e 4º esta semana a actividade que vos propoño é "Un mandala para regalar". Como sabedes, o calendario está cheo de festividades, pero hai unha que todas e todos esperamos con unha gran ilusión: o Día da Nai. Unha festividade que se celebra en todo o mundo pero non todos os países a conmemoran o mesmo día. En España celebrámola o primeiro domingo de maio. Temos que viaxar ata a antiga Grecia para atopar as primeiras celebracións adicadas ás nais. Alí rendíase homenaxe a Rea, a nai de Zeus, Poseidón e Hades. Posteriormente, coa chegada e expansión do cristianismo tamén se decidiu que no día da nai se homenaxearía á Virxe María, a nai de Xesús. Por iso vos deixo un video no que se amosa a María como nai de Xesús e como nai para os cristiáns, e no que se ensina a ser bos fillos e fillas.

 

Tamén vos animo a que teñades un detalle especial para as vosas mamás, que vos coidan e vos queren de xeito incondicional, e que procuran sempre a vosa felicidade, aínda que lles supoña moitas veces un gran sacrificio. Como podedes ver no video, o mellor regalo que lles podemos facer ás nosas nais é portarnos ben con elas, obedecelas, axudalas, respectalas...sexa o día que sexa, pero nesta data especial ímoslle amosar o noso amor construíndo para elas un mandala que exprese os nosos sentimentos de cariño. Para levalo a cabo:

1.Debuxamos nun folio varios círculos concéntricos e corazóns.

2.No medio debuxamos á nosa nai ou pegamos unha fotografía dela.

3.Nos corazóns podemos escribir palabras de cariño e agradecemento cara as nosas mamás.

4.Coloreamos o mandala e regalámosllelo.

Aquí vos deixo unha imaxe a modo de exemplo.

 

Lembrade que o correo para enviar as vosas tarefas é relixion@arzua.net

INFORMACIÓN PARA AS FAMILIAS DE TERCEIRO E CUARTO

Ola familias!

1.As titoras de 3º e  4º de primaria imos proceder a organizar material que o alumnado ten no centro educativo, para o seu posterior reparto. Para iso, precisamos da vosa AUTORIZACIÓN.  Nos documentos adxuntos  atoparedes dous modelos de autorización. Un deles é por se tedes dificultades para imprimir, podedes facela a man e enviarnos unha foto. A outra xa ten os espazos correspondentes para cumplimentar. Calquera das dúas é válida.

Debedes enviárnola aos nosos correos:

YOLANDA: clase.primaria.yolanda@gmail.com

MARÍA: 4primariamvb@gmail.com

 

2.Na páxina principal da web tedes a información relativa ao pago das tasas de comedor do mes de marzo.

 

As titoras de 3º e 4º.

 

ACTIVIDADES PARA TERCEIRO E CUARTO DE EDUCACIÓN PRIMARIA

 

Bos días familias,

Comezamos a semana con máis tarefa. Desta vez tedes que facer unha ficha de Lingua Galega, común para ambos niveis, e unha ficha de Matemáticas diferente para cada curso. Preme nos arquivos adxuntos.

Non vos olvidedes de saír a pasear todos os días sempre e cando estea permitido Sorriso.

 

As titoras de terceiro e cuarto.

 

IOGA... A POSTURA DO GATO!!

 E despois da sesión de zumba...... tócanos relaxar!!!

Marela recoméndanos esta vez a postura do gato para mellorar a nosa axilidade, correxir as malas posturas e fortalecer os músculos das costas e dos brazos.

 

 

OMMMMMMMMMMMMM!!!!

RECORDADE QUE DURANTE ESTA SEMANA AS ENTRADAS DE EDUCACIÓN FÍSICA NA PÁXINA WEB FARANSE EN DEPARTAMENTOS- EDUCACIÓN FÍSICA!!!

ZUMBAAAA...!!!

Esta semana comezamos con baileeeee!!!!

Marela deixounos unha sesión de zumba para empezar con enerxíaaaaaaa......ÁNIMOOOOO

 

 

A PARTIR DESTA SEMANA, AS ACTIVIDADES DE EDUCACIÓN FÍSICA PUBLICARANSE NA PÁXINA WEB DO CENTRO NA PARTE DE EDUCACIÓN FÍSICA.

 

ACTIVIDADES DE MÚSICA PARA 3º E 4º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Bo día, esta semana comezaremos vendo un video dunha orquestra moi animada, fixádevos ben nos instrumentos musicais que aparecen e pensade a que familia pertencen. Identificades algunha canción? Xa me contaredes.

 https://www.youtube.com/watch?time_continue=1&v=4kpBW22_6Nw&feature=emb_logo

Vos mando no arquivo adxunto unha ficha onde teredes que ordenar as letras para formar instrumentos musicais e debaixo poñer a que familia pertencen.

Para seguir traballando o ritmo aquí vos deixo A danza das hachas para acompañala con pauciños chinos ( ou con lapis)

https://www.youtube.com/watch?time_continue=67&v=fj0Gg9xWsQg&feature=emb_logo

 

E, para rematar, outra canción para mandarvos ánimos:

https://www.youtube.com/watch?v=yPGjM6df9jc

Unha aperta moi grande para todos e todas.
Lembrade que o meu correo é : musicaceiparzua@gmail.com

 

PROPOSTA DE TAREFAS PARA O ALUMNADO DE TERCEIRO E CUARTO

Ola familias!!

Esperamos que todos vos atopedes ben. Sen ánimo de sobrecargarvos de traballo, propoñemos as seguintes actividades: orientativas e de reforzo.

 

LENGUA CASTELLANA

-     Incluimos un ditado que faredes coa axuda de algún familiar, posteriormente autocorrexirédesvos e faredes unha oración con cada falta. (documento adxunto).

 

CIENCIAS NATURAIS (documentos adxuntos)

-     

Nesta ocasión a actividade é diferente para o alumnado de terceiro e cuarto. Polo tanto cada un deberá facer a tarefa proposta para o seu nivel.  

-       Para o alumnado de terceiro inclúese foto do libro, por se algún/ha o ten na clase.

-        O alumnado de cuarto xa dispón do libro, podedes consultar o TEMA 4 .

 

PLÁSTICA

Propoñemos dúas actividades:

-       

Podedes facer uns fermosos lapiceiros con material de refugallo: botellas de plástico. Decorádeos como máis vos guste. Aquí vos deixamos unha imaxe de exemplo:

 

10 ideas para hacer portalápices originales y bonitos ...

 

-         Mandala (documento adxunto)

 

Moito ánimo!

 

As titoras de terceiro e cuarto.

 

MARELA APÚNTASE Á LECTURA!!!

Marela tamén quere celebrar o día do Libro e para iso recoméndanos os contos "Uga la Tortuga"de Jimena López e "Ganar o perder" de Pedro Pablo Sacristán. Co primeiro conto, Marela ensínanos a importancia do ESFORZO e da  PERSEVERANCIA para acadar o que queremos. Non importa ser rápido ou lento, o importante é marcar unha meta e esforzarse por conseguila.  

 No segundo conto Marela ensínanos que o importante nos xogos non é o resultado,nin gañar ou perder, senon XOGAR E PASALO BEN!!!

E ti... que pensas?

Powered by Drupal - Design by artinet