TRABALLAMOS RELIXIÓN DESDE A CASA (VOLUNTARIO)

Un saúdo e saúde para todo o alumnado do CEIP de Arzúa e as súas familias de parte da mestra de Relixión. Aquí vos deixo a tarefa de Relixión para esta semana lembrándovos que se a considerades excesiva tedes plena liberdade para acurtala ou non realizala en función das vosas circunstancias persoais. Agradézovos enormemente o voso interese e esforzo, e deséxovos moito ánimo nesta recta final. 

Para o alumnado de Relixión de 3º e 4º esta semana propóñolles coñecer a historia do profeta Daniel que aparece no Antigo Testamento. Daniel era un israelita que cando era moi novo foi apresado polos babilonios que o levaron como escravo á cidade de Babilonia. A súa sabiduría, a súa habilidade para interpretar os soños e a súa fe axudáronlle a superar moitas dificultades.

Aquí vos deixo a súa historia para que a leades e tamén unha obra de arte na que se reflicte o momento no que Daniel permanece no foso rodeado de leóns. 

FAI CLICK AQUÍ PARA VER O CONTO E O CADRO

Acompaño estas actividades dun video titulado "Daniel y los leones" no que podedes ver esta mesma historia en debuxos animados. Espero que vos guste. 

 

 

 

Lembrade que o correo electrónico para enviar as vosa tarefas é relixion@arzua.net

Powered by Drupal - Design by artinet