3º e 4º nivel de Primaria

UN CÓMIC MEDIOAMBIENTAL CREADO EN 3º

Seguimos traballando o Medio Ambiente no terceiro nivel, esta vez coa nosa heroína ARBOLINA, unha árbore mascota da nosa clase que guía o proxecto de manter un planeta san para deixar en boas condicións aos nosos e nosas descendentes.

 

DIA INTERNACIONAL DA EDUCACIÓN NO 3º NIVEL

No 3º nivel de educación Primaria traballamos o DÍA INTERNACIONAL DA EDUCACIÓN o 22 de xaneiro, xa que o propio día, o 24 non foi lectivo.

Para nós EDUCAR significa liberdade, aceptación, recoñecemento, éxito, fracaso, coñecemento, sabiduría, convivencia, respecto...e por iso fixemos este MURAL no corcho da aula e pór de manifesto que vaia onde vaia, esté onde esté

EDÚCOME 


   

EMPEZAMOS A TRABALLAR EN 3D NO TERCEIRO NIVEL DE EP

Os Reis Magos trouxéronnos un LAPIS 3D para empezar con diferentes proxectos de IMPRESIÓN 3D, unha parte da robótica que tiñamos pendente ...pero claro empezamos a pequena escala.

Deixaron ese paquete para nós  xunto cunha notiña dicíndonos que nos portamos moi ben e que estamos cumprindo as normas impostas pola situación COVID de maneira moi responsable.

 

Hoxe na clase estivemos formándonos e investigando sobre este novo material para experimentar e crear. Decidimos empezar por coñecer o material que imos a empregar:

  • Lapis 3D
  • Filamentos  PLA ou ABS de cores variadas.

Tamén decidimos empezar por deseños de pequeno tamaño: uns chaveiros de deseño propio, polo que mañá toca facer os bocetos de cada neno/a e poñernos man á obra.

 

 

O CÓMIC, UNHA MANEIRA DIVERTIDA DE CREAR HISTORIAS

Ano novo, contidos e obxectivos novos!!

 

Empezamos coa elaboración de CÓMICS, un tipo de texto moi creativo  e interactivo que conxuga a escritura co debuxo. 

Un cómic debe constar de dous elementos claros:

  • Viñetas
  • Bocadillos, que poden ser de catro tipos:

                 falar                            narrar                            pensar                           onomatopeias

 

Para iso deseñamos uns e unhas protagonistas moi especiais, ARBOLÍN doutor ou doutora, heroe ou heroína.

                 

Estes e outros máis!!!!

Para crear uns fantásticos CÓMICS onde fan de protagonistas das súas historias:

FESTIVAL DE NADAL NADA NADA NORMAL!!!!!

Como todos os anos, hoxe sería un día de festa no colexio, de nervios polas actuacións no festival de Nadal!!!

Se maquillaxe, perruquería,vestiario últimos ensaios... para dalo todo no escenario!!

Pero aínda así quixemos facer algo para lembrar eses intres e pensar que pouco faltará para que ...TODO VOLVA A SER NORMAL!!!

 

QUE PAISAXES QUEREMOS?

Esta semana tivemos unhas xornadas de concienciación sobre o coidado das nosas paisaxes. Debatimos sobre o que queremos para o noso planeta, para as nosas paisaxes, para nós mesmos: se a nosa contorna está en bo estado nós tamén!!

Por iso nesta proposta de actividade quremos deixar plasmado a difrencia dun planeta SAN e un planeta ENFERMO  en termos de contaminación:

 

 

 

CUMPREANOS DE INVERNO

Se todo fose con normalidade o día 18 de decembro celebraríamos o aniversario de todos os nenos e nenas de terceiro que cumpren entre agosto e decembro, pero aínda así o COVID non impide facer algo especial:

 QUÉROVOS MOITO!!!

 

 




cumples inverno 2020 

MUSEO AO MIÚDO II

Seguimos co noso proxecto colaborativo co Museo de Belas Artes de A Coruña, xa que nos chegou outro sobre de Correos, esta vez un moi grande...Que será?

Abrímolo e xa vemos diferentes materiais para traballar na aula: esta vez xa metidos nunha SALA, nun CADRO en concreto...

 Despois de observar moi detidamente esta obra de F. Franken II, un pintor flamenco do século XVII onde con este cadro  de xénero pictórico costumista nos presenta unha maneira de vivir o que sería o antecesor aos museos, os gabinetes privados nas casas particulare de xente adiñeirada que invertía en arte. Reflexionar e debatir seguindo un esquema de preguntas que nos mandaron Laura e Sara. Logo un visionado do vídeo que nos enviou Laura, unha das educadoras do museo onde nos explica moitas cousas e curiosidades do mesmo.

Aprendemos que non é o mesmo TÉCNICA  que XÉNERO pictórico, e a través desta obra exposta no museo na sala II titulada O gabinete do coleccionista ou o Cuarto das Marabillas. Cada obra, cada cadro ... pertence a un xénero pictórico: bodegóns, paisaxes, retratos ou autorretratos, pinturas costumistas, pinturas mitolóxicas, pinturas relixiosos ou pinturas históricas.

E como ultima actividade imos construir, debuxar ou crear o noso propio gabinete de coleccionista nunha plantilla que nos enviaron.

A investigar e aprender moito arte con ARTE!

Xa vos iremos contando!!!

Para rematar a actividade proposta polo Museo de Belas Artes, poñemos esta ficha resumo de todos  os xéneros pictóricos que teñen que aparecer no teu GABINETE DE COLECCIONISTA:

 

6 de DECEMBRO_DÍA DA CONSTITUCIÓN

Para celebrar esta conmemoración faremos dúas actividades moi diferentes, por un lado a realización do Genially creado para este día e logo unha actividade grupal tendo en conta todas as normas Covid para levala a cabo: 

  

 
 

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE 3 de decembro

Na clase de 3º nivel unímonos á celebración do Día Internacional das persoas con discapacidade levando a cabo diferentes actividades na aula, tanto as da clase como as propostas polo Departamento de Orientación. Desexamos e loitamos porque se poida borrar do noso dicionario a palabra INCLUSIÓN, non porque non se leve a cabo senón porque xa esté totalmente normalizado e se faga todo dunha maneira natural...

TODOS E TODAS SOMOS DIFERENTES!!

Na aula traballamos a película  Coñecendo o mundo con outro sentido, onde a protagonista é unha persoa invidente que nos amosa como podemos ver o mundo e sentir o que nos rodea con outros sentidos que non sexa a vista.

 

  Aprendemos moitas cousas, algnhas moi curiosas como "os cegos e cegas ou invidentes teñen os ollos abertos, que guai poder ver o mundo doutra maneira, empatía e sobre todo a ser persoas tolerantes e que non hai que tratar a ninguén doutra maneira porque é diferente.

 

 Dende o Departamento de Orientación propúxose o conto Monstruo rosa para traballar a diversidade, concepto que enriquece todo o que nos rodea. Seguimos a traballar a mesma temática TODOS E TODAS NACEMOS DIFERENTES!

Logo de escoitalo respondemos ás tarxetas preguntonas e fixemos as restantes fichas propostas: 

  • Debuxo do monstruo rosa, como o vemos?

Creamos o noso propio monstruo, poñéndolle nome e explicando os seus poderes:

E por último a nota musical a este traballo, unha cancion de Morat, Aprender a quererte coa linguaxe de signos:

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet