3º e 4º nivel de Primaria

IOGA no 3º nivel de EP

Seguimos coidando a nosa saúde basándonos nun método hindú onde se poñen en xogo os puntos sinerxéticos do no corpo, unindo corpo, mente e espíritu.

O ioga é unha das disciplinas físicas máis populares e practicadas nos últimos anos. Esta filosofía orixinouse na India e está fortemente relacionada con prácticas como a meditación e o budismo, entre outras. O obxectivo do ioga é que o profesional logre un perfecto equilibrio entre a súa mente e o seu corpo.

Na clase estivemos preparando o material necesario para levar a cabo estetipo de actividade case a diario antes de comezar as nosas rutinas escolares: practicaremos asanas, unhas posturas coa espalda recta escoitándonos e sentindo todo o que nos arrodea cunha melodia de fondo que nos leva a unha total relaxación

Bufffff!!! proxecto ambicioso , a ver se damos!!!

 

Esta actividade forma parte do proxecto adicado ao Día da Saúde, celebrado e posto en marcha o 7 de abril.

Se queres practicar  deixamosche diferentes ASANAS, no arquivo adxunto premendo aquí

 

UNHA NOVA DINÁMICA DE TRABALLO COOPERATIVO no 3º nivel

Hoxe na clase tocou pór en marcha unha nova dinámica de traballo cooperativo que o mestre en prácticas Alfonso quere experimentar: LÁPIS AO CENTRO.

Empezamos coas actividaes para preparar a celebración do Día da Terra Nai, o 22 de abril

 

Fixemos tres paradas na exposición para ir traballlando, reflexionando e aputando para rematar na elaboración dun mapa conceptual seguindo as indicacións da técnica VISUAL THINKING.

                                                                                                 

 

E tamén deseñamos un cartel para esta data, onde se pon de manifesto que debemos ser responsables e levar a cabo actuacións para coidar o Planeta,non contaminando, non tirando lixo, non usando plásticos...e moitas accións máis que fan que o noso planeta Nai Terra siga san e perdure no tempo.

 

E tamén un fermosos marcapáxinas para deixar de manifesto que todo depende das nosas actuacións, que o Planeta está nas nosas mans:

 

Tamén tocou traballar o MÉTODO CIENTÍFICO coas diferentes fases do mesmo: formulación de hipóteses, reflexión e investigación, demostración e establecemento de Teorías acerca da Lúa, o por que vemos sempre a mesma cara ou por que das súas diferentes fases ...

Formulamos hipóteses como:

A lúa está fixa

A lúa cambea de forma

A lúa só ten unha cara

A lúa só ten un movemento de traslación

A lúa ten dous movementos de rotación e traslación

E chegamos a teoría ou lei

A lúa ten dous movementos sincronizados de rotación e traslación que durano mesmo exactamente, por iso falamos de 28 días,un mes lunar.

 

SISTEMA SOLAR EN 3D no 3º nivel

Estamos cun tema moi interesante  en Ciencias Sociais e moi especial, xa que temos un novo profe que nos acompaña neste proxecto, O SISTEMA SOLAR EN 3D.

Como primeira actividade foi unha chuvia de ideas sobre o que sabemos do tema, logo organizar nunha ficha estes datos para facer, como resultado dun traballo cooperativo, unha ficha esquema xenérica para todos e todas sobre o Sistema Solar:

 A que non sabedes como se chaman os equipos da clase para levar a cabo este traballo de investigación???

Unha pista!!! empezan por P...

       

       

Unha vez feito isto pasamos a debuxar o Sistema Solar nun folio para empregar como guía paar levar a cabo o noso Sistema Solar en 3D 

 

Seguinte paso para o deseño 3D, mercar bolas e pintura !!!

      

       

Ao mesmo tempo imos facendo as fichas de cada planeta. Imos por bo camiño pero aínda falta!!!!

                   

                        

                        

                       

Por fín Sistema Solar rematado!!!!

 

15 de Abril.......DIA DO NENO/A E DIA MUNDIAL DO ARTE

Para celebrar estas dúas conmemoracións decidimos saír de excursión a un espazo protexido moi preto da escola para traballar un sinfín de contidos ao aire libre, sempre seguindo as normas sanitarias Covid, o Castro Curbín.

Convirteuse nun día moi especial, case case NORMAL, dicían os nenos e nenas que xa tiñan moitas ganas de saír fora dos muros do centro.

Traballamos ciencias, língua, matemáticas e plástica dunha maneira máis lúdica e poñendo de manifesto que os nenos e nenas de terceiro nivel teñen dereito a aprender, a ser motivados/as a disfrutar do seu tempo de lecer e sobre todo a aprender novas cousas sobre a contorna que nos rodea para facer ARTE de moitas maneiras, copia do natural, Land Art...

 

Dende a cultura castrexa  ata diferentes maneiras de facer arte, como o LAND ART cos diferentes materias que a mesma natureza pon a nosa disposición e como a copia do natural seguindo as proporcións e os efectos da luz  e das sombras foron algúns dos contidos traballados ao longo desta xornada. E por suposto, tamén desfrutamos do xogo incluíndo os elementos naturais que atopamos: o escondite sobre todo!

  Hai un pdf adxunto coa información desta dúas conmemoracións.

E como mostra mostra dos debuxos ao natural:

 

 

DIA INTERNACIONAL DO BICO

No 3º nivel de EP queremos que os bicos sigan formando parte das nosas vidas, aínda que un virus trate de facer que desapareza. Queremos que a verba  bicar  esté presente para agradar, animar, tranquilizar, consolar, felicitar, despedir, dar a benvida...

Para iso queremos aumentar o noso vocabulario combinando a nosa fermosa língua, o galego, coa creatividade creando estas fantásticas verbas onde o BICO producido polo movemento dos nosos beizos sexa parte de nós mesmos e mesmas:

 

 

 

 

FELIZ DÍA DO BICO A TODOS E A TODAS!!

Non esquezas que todo se resume en bicos: o primeiro que che dan o teu pai e a tua nai ao nacer, o que che dan polas mañás  na fronte, o bico tenros da tua avoa ou avó, o da túa mestra...

Pasámonos  a vida bicándosnos  : bicamos, bícannos.

Ten sempre un bico a man para que ti llo queiras agasallar!!!

UN MUSEO POLO MIÚDO V

Xa nos chegou a última entrega do bloque COÑECER O NOSO MUSEO dentro do proxecto MUSEO AO MIÚDO por correo certificado onde se inclúen varios documentos para levar a cabo dentro da aula:

- Test dos traballos do museo: Que traballador do museo eres? Os tests enviamosvolos para que cada alumno/a teña o seu e poida cubrilo. Trátase dun pequeno xogo para descubrir algúns dos traballos máis salientables do día a día no museo.

 

- Documento informativo sobre os traballos dos museos e as súas funcións.

 

 

Tamén  enviaronnos uns vídeos moi interesantes e moi didácticos nos que distintos traballadores do museo  fálannos da súa labor. Neles veredes a un dos gardas de seguridade (Suso López), á restauradora do museo (Laura Carrera) e ao responsable de difusión do museo (Manuel Mosquera). Neles estes traballadores  fálannos das súas funcións e  cóntannos algunha anécdota do seu traballo.

 

 

 

 

 

  

 

 

Despois de cubrir os nosos tests de maneira individual, moi atentamente, con moita sinceridade e moi razoadamente, analizamos os resultados seguindo as indicacións e puntuacións das educadoras que se inclúen neste documento.

Os/as 24 nenos/as que formamos o 3º nivel de EP estariamos ocupando todas as posibles opcións de traballos en dito museo, sendo a maioría divulgadores/as, educadores/as e persoal de vixiancia e seguridade. Aínda que os postos de artistas e comisarios tamén tiveron varios candidatos/as así como os conservadores/as e restauradores/as  e dúas bibiotecarias fantásticas.

 

 

 

Estes documentos adxuntámolos para que poidades facelos vós mesmos e probar a ser empregados dun museo, non un museo calquera senón que trátase do fantástico Museo de Belas Artes de A Coruña.

MUSEO AO MIÚDO IV

Seguimos con este proxecto do Museo de Belas Artes da Coruña, unha nova proposta con varias actividades para lograr acadar os obxectivos propostos, e como tarefa final ser capaces de deseñar os noso museos, cada equipo terá o seu...viva a creatividade e a liberdade de poder guiarnos polas nosas ideas.

Par empezar esta segunda proposta temos uns vídeos que nos envían Laura e Sara para achegarnos un pouco a historia deste museo, onde empezou, como se desenvolveu e cal foi o punto de partida para chegar a onde está!!!

Empezaremos cun pouco de Historia do museo: 

Para seguir coa analise de dúas obras que marcaron moito este museo!!!

 

Estamos falando das Táboas de Rubens, quese queredes saber máis cousas deles e curiosidades do Museo premede no arquivo adxunto.

As actividades finais desta entrega é ser capaces de deseñar os nosos museos, que para velos tedes que premer en IMAXINANDO MUSEOS

 

DIA MUNDIAL DA SAÚDE NO 3º NIVEL DE EP

O Día Mundial Da Saúde celébrase o 7 de abril de cada ano porque a OMS foi creada ese mesmo dia do ano 1948 onde se establece que a Saúde é un dereito.

Na clase, despos do visionado dun vídeo par introducirnos nesta temática, deseñamos un cartel coa axuda das Tics para tal celebración onde tratamos de incluír o máis importante do que se pode facer para ter boa saúde nos seus tres piares fundamentais: mental, físico e social. E sempre coa axuda e colaboración da nosa mascota Arbolín.

E logo decidimos afondar nos alimentos saudables e en hábitos saudables , que xuntos fan que...

TEÑAMOS UNHA BOA SAÚDE

 

DÍA DA ACTIVIDADE FÍSICA, 6 de abril

 

Para ter un corpo san e saudable fai actividade física a diario, sexa do tipo que sexa!

Para telo presente a todas horas e en todo momento, imos adicarlle esta actividade ao novo mestre que imos ter estes días, Alfonso facendo os nosos  nomes cun planeta Terra moi activo, poñéndoo na nosa mesa e asi  tamén axudámoslle a saber o noso nome.

 

DECORACIÓN PRIMAVERAL NA AULA DE 3º NIVEL EP

Xa empezou a Primavera o 21 de marzo e tamén a decoración da nosa aula para esta nova estación que acaba de comezar que nos vai acompañar ata o remate deste  curso.   

Para iso comezamos coa porta de entrada ao noso espazo 3ºA cun proxecto dedicado a Matisse:

Aproveitando tempos de ocio e descanso entre actividades imos dándolle forma seguindo nocións de Matisse, ademáis de decorar flores, un motivo tremendamente primaveral

      

Powered by Drupal - Design by artinet