3º e 4º nivel de Primaria

DÍA DE ROSALÍA NO TERCEIRO NIVEL

Un 24 de febreiro de 1837 naceu María Rosalía Rita de Castro en Santiago de Compostela e por iso se celebra o seu día nesta data en concreto.

 

Con tal motivo elaboramos unha serie murales en equipo, seguindo as normas Covid en todo momento e colaborando co equipo de Normalización do centro, unha actividade titulada ROSALÍA NA RÚA.

 

Pero tamén ROSALÍA NA CLASE, xa que decoraremos a nosa clase con estes traballos:

                 

Viva Rosalía , a nosa estrela!!!!!

Tamén tivemos hoxe un contacontos, traido pola lectura do libro UN ELEFANTE QUE OCUPA MUCHO ESPACIO, no que intervimos e participamos activamente convertíndonos en actores e actrices de teatro

  

Fixemos marcadores e debuxos sobre este libro tan diferente:

ORATORIA NO TERCEIRO NIVEL

Empezamos a traballar a ORATORIA no terceiro nivel.

 

Saber falar diante dun público, perder ese medo, ser capaces de facer chegar as nosas inquedanzas, lanzar a voz...é o noso obxectivo.

Cada neno/a elexirá un tema do que queira facer un texto expositivo para levar á clase, empregando todas as técnicas da oratoria, do saber falar.

Para iso, tamén elaborará o material de apoio para o tempo da exposición, podendo ser ppt, odp, murais...

 

Cada día iremos subindo os vídeos desas exposicións para que vexades o ben que o fan!

ENTROIDO NA AULA DE 3º NIVEL

O ENTROIDO, unha celebración tradicional a celebrar na nosa clase, como todos os anos. Para introducirnos no tema empezamos a investigar sobre diferentes personaxes galegos desta festa e elaborar un mural con fermosos traballos sobre o ENTROIDO en Galicia.

Unha viaxe que nos levou a diferentes lugares da nosa xeografía, que plasmamos na seguinte imaxe:

Cigarróns, Boteiros, Xenerais, Madamas e Galáns, Felos, Choqueiros/as, Pantallas, Peliqueiros

Participamos co Meco durante toda a semana e o venres viñemos de choqueiros e choqueiras, unha adapatación deste concepto vindo disfrazados do que queiramos:

 

A NOSA INTERPRETACIÓN 

 

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA, 11 de febreiro

 

Hoxe, na clase de terceiro de EP, celebramos o Día da muller e da nena na ciencia con sorpresa incluída. espectacular o noso percorrido pola historia de varias mulleres que brilaron no seu campo e que visualizamos cunha pequena homenaxe. Investigamos as súas biografías e aprendimos moio delas, pero sobre todo a soñar, poder soñar co que queiramos ser sen importar o sexo.

Ademais participamos coa Universidade de Cartaxena para que este ano se lle rinda homenaxe a Margarita Salas.

 

DÍA DA AMIZADE no 3º nivel

14 de febreiro, DÍA DA AMIZADE U DOS NAMORADOS E DAS NAMORADAS.

No terceiro nivel queremos celebrarlo cunha actividade moi enriquecedora e divertida, onde nunha silueta de cada compañeiro/a escribiremos mensaxes positivas sobre como é, que cualidades ten ou características que fan que destaque como bo compañeiro/a:

Traballar a autoestima é unha tarefa primordial dentro da escola!

 

Unha boa amizade implica:

En primeiro lugar, o sentimento de pertenza a un grupo. As persoas que se senten parte de algo adoitan ter un maior nivel de autoestima. Así, a pertenza activa a un grupo de amigos non nos axuda a sentirnos parte fundamental dun todo, xa que se escoitan as nosas opinións ou experiencias, o que nos leva a sentirnos máis apreciados por outras persoas, aumentando a nosa autoestima e sentíndonos mellor con nós mesmos.

En segundo lugar, alegría e entusiasmo. Estes sentimentos veñen de compartir experiencias, facer actividades ou facer plans cos teus amigos. A amizade consegue a interacción continua das persoas, o que leva a unha vida moito máis activa. Esta convivencia cos teus amigos anima ao cerebro a segregar endorfinas, as "hormonas da felicidade", que teñen un impacto moi beneficioso no sistema inmunitario e proporcionan sensación de alegría e entusiasmo.

En terceiro lugar, a saúde mental. Varios estudos relacionan a amizade coa saúde mental. Como comentamos anteriormente, a relación de amizade provoca un aumento da felicidade e unha mellora da autoestima, factores fundamentais para manter unha forte saúde mental. De feito, as boas relacións entre amigos reducen moderadamente o estrés e axudan a recuperarse mellor de emocións duras como rupturas ou perdas. Isto último débese á sensación de apoio que recibimos dun amigo.

E, finalmente, a saúde física. Diferentes científicos e psicólogos confirman que unha boa relación de amizade e unha boa saúde física están directamente relacionadas. Antes comentouse a liberación e xeración de endorfinas. Esta hormona non só causa felicidade, senón que tamén mellora o sistema inmunitario. Así, obsérvase que unha boa relación de amizade pode ser, en moitas ocasións, a mellor das medicinas, reducindo os impactos negativos de moitas situacións nocivas no noso corpo e acelerando a recuperación de enfermidades.

FELIZ DÍA DA AMIZADE!

DÍA DA ILUSTRACIÓN 30 de xaneiro

Aínda que o virus nos faga este curso un tanto raro, que digo rarísimo, podemos organizar actividades moi interesantes para celebrar o Día Da Ilustración, que foi o 30 de xaneiro na distancia.

Tivemos a gran sorte de poder facer unha Cisco Webex con Anabel Montouto, unha xoven ilustradora pontevedresa que nos amosou o que é, como se chega e o que implica esta profesión. Na sua charla abarcou moitísmo aspectos que nos resultaron moi interesantes para seguir traballando con outra visión cando nos toque ilustrar textos na clase: investigar, imaxinar, bosquexos, deseños, as cores, a creatividade…

 

 

 

Non é nada doado pero cando un quere, como nos di Anabel, se se loita pódese conseguir os nosos soños. Con gañas e esforzó todo é posible!

Nós ilustrámoste a tí para agradecerche o teu tempo!!!

Moita sorte!!!

ESTUDANDO LEIS AERODINÁMICAS

 

O experimento do avión de papel, ademais de ser moi divertido, constitue unha oprtunidade para estudar algo coñecido como “as leis da aerodinámica”.

 

Cando lanzas un pequeno avión de papel nunha habitación tal vez non vos deades conta de que segue as mesmas leis que un voo 747!

 

Con  apenas  unhas poucas follas de papel e un pouco de paciencia, poderás explorar estas leis e investigar como logra manterse no aire un gran trozo de metal.

 

Para iniciar este experimento, construiremos diferentes deseños de avión  con axuda de internet (www.paperairplanes.co.uk ). Logo probaremos cal deseño voa máis lonxe rexistrarémolo nunha táboa

 

Para iso necesitamos:

 

  • Un montón de papel
  • Moito espazo, para facer voar
  • Unha cinta de medición
  • Unha táboa para rexistrar os resultados


As probas de lanzamento foron do máis divertidas!!!!!

 

DIA DA PAZ E DA NON VIOLENCIA NO 3º NIVEL DE EP

 
DEBUXA PAISAXES DE PAZ 
 
é o pequeno proxecto para traballar na aula do terceiro nivel co motivo do Dia da Paz e non Violencia o 30 de xaneiro, para  permitirnos entender un pouco mellor a relación que existe entre a auga e a paz e  como podemos evitar os conflitos pola auga. Ao longo da historia, moitas guerras e conflitos estiveron motivados polo control dos recursos naturais, xa sexan territorios fértiles, bosques, pozos de petróleo ou lagos e ríos. O acceso aos cursos de auga é moi importante para os países, xa que non só fornecen a auga necesaria para a vida das persoas, do gando e dos cultivos, senón que tamén poden ser un medio de transporte, unha fonte de enerxía e un lugar para a pesca.
Moitos cursos de auga e lagos marcan a fronteira entre dous ou máis países. Tamén hai ríos que se orixinan nun país e cruzan outros ata a súa desembocadura ou acuíferos subterráneos que se estenden por varios países. Nestes casos, a auga é un recurso compartido que dá riqueza a varios países pero tamén xera tensións. Estas tensións tamén poden producirse dentro dun país, cando varias comunidades comparten un río ou cando hai incompatibilidades entre os usos públicos e privados das fontes de auga.
A auga non só pode ser obxecto de disputas, senón que tamén se usou en varios conflitos como arma ou como estratexia de guerra, contaminando pozos, cortando o subministro ou bloqueando o acceso á auga.
Como xa ocorrera co petróleo, a auga convirteuse no recurso máis importante do século XXI, por iso cobra moita importancia a explotación dos acuíferos, tamén a nivel privado. "A auga, a paz e a seguridade están estrictamente xuntas, van collidas da man" 
 
Como xa dixera John F. Kennedy fai anos : "Quen sexa capaz de resolver os problemas da auga,será merecedor/a de dous premios Nobel, un pola Ciencia e outro pola Paz"
 
Vimos un video que afonda neste tema:
 
 
 
 
Con esta actividade propoñémonos descubrir máis na aula sobre a relación entre a paz e a auga e empregar esta información para crear debuxos paisaxísticos nos que a auga e a paz sexan os protagonistas.
 
 
 
 
 Ademais compuxemos un mural empregando un dos simbolos, decorando con diferentes flores que traen a nós tranquilidade, colorido, paz e sosiego.
 
 
Tamén cantamos a canción onde aprendemos a receita para conseguir a paz cuns ingredintes especiais que nos axudan a crear un mundo pacífico
 
 
 
 

DÍA DA CANDELORIA NO 3º NIVEL

2 de febreiro

é un día de moitas celebracións en países e culturas moi diferentes.

É o día no se casan os paxariños, metafóricamente falando.

En Galicia é o verdadeiro día do amor romántico, o verdadeiro día dos namorados,o verdadeiro día da amizade, o Día da Candeloria.

En Francia o día do oso.

En Irlanda é Imbolc.

En Estados Unidos o día da marmota.

 

Powered by Drupal - Design by artinet