MUSEO AO MIÚDO II

Seguimos co noso proxecto colaborativo co Museo de Belas Artes de A Coruña, xa que nos chegou outro sobre de Correos, esta vez un moi grande...Que será?

Abrímolo e xa vemos diferentes materiais para traballar na aula: esta vez xa metidos nunha SALA, nun CADRO en concreto...

 Despois de observar moi detidamente esta obra de F. Franken II, un pintor flamenco do século XVII onde con este cadro  de xénero pictórico costumista nos presenta unha maneira de vivir o que sería o antecesor aos museos, os gabinetes privados nas casas particulare de xente adiñeirada que invertía en arte. Reflexionar e debatir seguindo un esquema de preguntas que nos mandaron Laura e Sara. Logo un visionado do vídeo que nos enviou Laura, unha das educadoras do museo onde nos explica moitas cousas e curiosidades do mesmo.

Aprendemos que non é o mesmo TÉCNICA  que XÉNERO pictórico, e a través desta obra exposta no museo na sala II titulada O gabinete do coleccionista ou o Cuarto das Marabillas. Cada obra, cada cadro ... pertence a un xénero pictórico: bodegóns, paisaxes, retratos ou autorretratos, pinturas costumistas, pinturas mitolóxicas, pinturas relixiosos ou pinturas históricas.

E como ultima actividade imos construir, debuxar ou crear o noso propio gabinete de coleccionista nunha plantilla que nos enviaron.

A investigar e aprender moito arte con ARTE!

Xa vos iremos contando!!!

Para rematar a actividade proposta polo Museo de Belas Artes, poñemos esta ficha resumo de todos  os xéneros pictóricos que teñen que aparecer no teu GABINETE DE COLECCIONISTA:

 

Powered by Drupal - Design by artinet