Skip to Content

namorARTE

Excursión 4º, 5º e 6º de Educación Primaria

Os alumnos de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria, asistimos ao Museo Provincial de Lugo e ao Codex Cinema, o pasado 25 de novembro.

 

 

O SAMAÍN NO CEIP DE CURTIS

Entrado o mes de novembro, deixamos atrás o Samaín e a súa celebración. Este ano propuxémoslle ao alumnado que decorase cabazas unindo a temática do Samaín co proxecto do centro "Namor-ARTE". 

O noso alumnado e as súas familias traballaron duro e conseguiron facer verdadeiras obras de arte, tal e como se pode comprobar no seguinte vídeo. 

Despois de velas expostas, mesmo lle poderiamos chamar "Cabaz-ARTE" para ir en consonancia co noso proxecto. Verdade que é un nome ben artístico? Ocórreseche algún outro máis acaído?

Agardamos que vos gusten as creacións do noso alumnado!

Para os e as que queirades saber máis sobre a celebración do Samaín en Galicia podedes picar aquí ou aquí

 

Arte Pop

Con motivo do Magosto descubrimos a Arte Pop, tamén coñecida polo seu nome en inglés Pop Art. Este movemento artístico, do século XX, caracterizouse por empregar imaxes de obxectos da cultura popular. Na seguinte imaxe podedes ver como quedou a nosa castaña.

 

 

Días das bibliotecas

Hecho con Padlet

Chegou o Samaín

namorARTE... NOVO PROXECTO PARA O CURSO 2021/22

 

Ao longo deste curso as alumnas e alumnos do CEIP de Curtis terán a oportunidade de afondar na arte a través das súas diferentes linguaxes e manifestacións a través do Proxecto Integrado a Nivel de Centro titulado "namorARTE". Levaremos a cabo actividades sobre o cine, a música, a pintura, a escultura, a literatura, a arquitectura, a danza ,...

 

Distribuir contido


by Dr. Radut