Skip to Content

Audio

Kalimba by Mr. Scruff


5:48 minutes (8.02 MB)

CURTIS NA LEMBRANZA: AS FEIRAS DE 1900

 

Os alumnos e alumnas de 4º de Educación Primaria participamos no I Concurso de Podcast de Radio na biblio cunha curta emisión de radio que leva por título “Curtis na lembranza: As feiras de 1900” na que queremos por de manifesto a nosa historia, tendo como eixo vertebrador as feiras que tanto nos caracterizan, a nosa mellor tradición.

 

Así, decidimos realizar un faladoiro no que cada neno e nena aportara información sobre este evento, así como os datos que nos pareceron máis importantes e curiosos logo dun traballo de busca, reflexión e visionado de diferentes vídeos e fotografías.

Desfrutade deste audio e non esquezades que tedes unha cita en Curtis a última fin de semana de xullo.

 

 

 

 

 


4:57 minutes (4.54 MB)

A radio é poesía

Ola , ola ! Os alumnos de 5º de  Primaria : Marta, Miguel , Lorena e Nerea  e Nico de 6º  inauguraron  a nosa Radio , Radio Radiola , a radio que máis mola , a radio da nosa escola  o día 12 de abril , para que marchasemos de vacacións de Semana Santa cun son agradable nos nosos oídos .

Nesta sesión inaugural contamos cunhas bonitas voces que nos fixeron chegar uns poemas  sobre o que é A RADIO .

Fixeron unha identificación da Radio coa Poesía ,porque  cando se fai radio estás facendo poesía .Na radio hai ritmo , hai entoación , hai tono , e sobre todo hai alma de poeta , porque o que se transmite , séntese .

Esperamos  que SINTADES A RADIO , QUE SINTADES A POESÍA !!! Nós  xa a sentimos día a día .


9:24 minutes (8.61 MB)

AS FERVENZAS DA REXEDOIRA

    Neste traballo de equipo, cinco alumnos do 6º nivel de Educación Primaria, aportan información sobre un importante recurso que a natureza nos ofrece nun dos concellos limítrofes de Curtis: Oza- Cesuras. Trátanse dunha serie de fervenzas sobre o río Mendo que dan lugar a paisaxes espectaculares que chaman a atención daqueles sendeiristas que se animan a realizar o roteiro sinalado ao longo de parte do seu percorrido.
    Quixeron buscar información e divulgala a través da nosa radio para que a xente que non oíu falar deste maravilloso lugar se anime a visitalo. É unha maneira de publicitar a riqueza medio- ambiental que eles coñecen.


4:58 minutes (4.55 MB)

1ª EMISIÓN RADIOFÓNICA DE 5ºEP

Ola  , ola   dende  a nosa radio  Radiola !!

Como ben sabedes estamos  a facer  as nosas pequenas emisións radiofónicas , cada curso sobre o tema  que quere  e  baixo a modalidade que prefira : faladoiros , entrevistas , debates , recitais ...

Alumnos de 5º de Primaria  e un alumno de 6º prepararon unha curta emisión radiofónica  ( en inglés "podcast" )  baixo a modalidade de entrevista . 

Os rapaces e rapazas elaboraron unha serie de preguntas sobre  a pintora Mª Antonia Dans  para facerllas a unha persoa , pertencente á asociación de mulleres A Carballeira , Mª Dolores , moi vinculada coa cultura  do pobo de Curtis .

E  por que Mª Antonia Dans ?  

Pois porque foi unha pintora moi importante  que residiu en Curtis  e polo tanto para o seu patrimonio cultural e artístico .

E  xa que  este ano   o día das Letras Galegas está dedicado a Antón Fraguas , un historiador e etnógrado  importante para o patrimonio cultural  e artístico , nós eliximos a esta pintora para exemplicar un cachiño do noso  patrimonio cultural en Curtis.

 

 


50.19 MB

Os nenos e nenas de 3º visitamos Radiola

Os nenos e nenas de terceiro, como non ía ser menos, tamén participamos na nosa radio escolar Radiola.

Ata ela levamos o poema de Manuel María A Fala.

Se non nos escoitache ou, se queres volver a facelo, non dubidedes en dárlle ao PLAY


3:44 minutes (3.43 MB)

EMISIÓN DE RADIO 2º

Os nenos e nenas de segundo realizamos a nosa primeira emisión radiofónica. O pasado día 10 de maio recitamos unha poesía recollida polo homenaxeado no día das Letras Galegas, Antonio Fraguas.

Deixámosvos o audio para que poidades disfrutalo, amenizado pola música do grupo "Tiruleque" coa súa canción "A laranxa"


3:51 minutes (5.28 MB)

terceiro by nenos

Proba radio

[audio-player]
0 bytes

Emisión radiofónica de 1º de Educación Primaria

O 24 de maio, as nenas e nenos de primeiro de Educación Primaria, acudimos a facer a nosa primeira emisión radiofónica. Nela contamos a historia da voda do piollo e a pulga. Dádelle ao play e poderedes escoitar o ben que o fixemos. 


2:52 minutes (2.62 MB)

Emisión de 6ºEP

Ao longo deste curso, todas as nenas e nenos do colexio fomos participando na nosa radio. Agora poñemos fin ás emisións, tarefa que nos tocou a nós, os alumnos e alumnas do sexto curso de Educación Primaria, coincidindo ca nosa despedida do colexio. 

 


9:58 minutes (9.12 MB)
Distribuir contido


by Dr. Radut