You are hereBlogues / blogue de quinif / Os nosos hovercraft xa furrulan!

Os nosos hovercraft xa furrulan!


By quinif - Posted on 15 Xaneiro 2019

O noso reto fuchiqueiro deste mes avanza imparable. Xa temos máis de 20 deseños, algúns con melloras importantes, como acoplarlle un tapón de bebidas isotónicas con dispositivo de peche incorporado que facilita o seu manexo.

Deixámovos aquí un vídeo no que podedes ver aos tres primeiros prototipos presentados nunha carreira polo chan da biblioteca.

A que molan, non si?

 

Etiquetas