You are hereBlogues / blogue de quinif / Viaxe polas serras de Galicia

Viaxe polas serras de Galicia


By quinif - Posted on 24 Outubro 2017

Os nosos Escornabots queren viaxar por Galicia enteira, de serra en serra, e para iso elaboramos unha plantilla que nos permitirá coñecer cos nosos amigos robóticos as principais serras do noso país.

Para que cada serra cadrase nunha cuadrícula distinta tomámonos certas licenzas coas proporcións da nosa terra, pero non moi grandes, creo.

Como se xoga?

Dispoñemos dunhas tarxetiñas que poñeremos boca abaixo despois de barallalas. Por quendas cada xogador (ou equipo, se traballamos de xeito cooperativo) colle unha carta e programará ao Escornabot para que chegue á serra que se lle mandou. Ás veces as cartas non nos dirán o nome da serra, senón que nos darán algunha pista que teremos que descifrar para chegar alá.

Xa veredes como aprender a xeografía de Galicia coa axuda dos nosos robots vai ser doado.

AnexoTamaño
plantilla xeografía galicia.pdf180.22 KB
fichas_montes_galegos.pdf45.54 KB
Etiquetas