You are hereBlogues

Blogues


O Xastriño Valente no contacontos para os pequenos

Deixámovos aquí un anaquiño de teatro lido realizado polo alumnado de 4ºA que este ano se fixo cargo das lecturas de contos para os pequenos no recreo na Biblioteca.

Dende logo foi esta unha clase moi colaboradora que quixo pechar con esta montaxe a súa participación nesta actividade da biblio.

 

 

En breve Escornabots na Biblioteca

O venres 12 de maio asistimos a unha sesión de Formación en Santiago onde 20 encargados de Biblioteca de Galicia (4 eramos de Ourense) collemos o soldador, o estaño, o desparafusador.... e veña, construímos o noso primeiro Escornabot.

Hai moitas razóns para inserir estes simpáticos robots na dinámica da Biblioteca, e xa volas iremos contando... pero iso será cando teñamos a formación suficiente para poñernos mans á obra.

Mentras tanto déixovos unha imaxe da xornada de formación, do proceso de montaxe do noso Escornabot. Todos funcionaron, tamén o noso.

Montaxe dos escornabots

Trágame Terra 2018

Outro ano máis achegamos a nosa contribución á celebración das letras galegas.

Este ano, a máis de adicarlle un espazo a Mª Victoria Moreno, temos unha escolma de traballos escolares realizadas dentro do proxecto Piteas que de seguro vos van encantar.

Trágame Terra 2018 by quinif on Scribd

Outra ponte, pero o mesmo San Xoán

Agora tócalle a quenda de interpretar a cantiga ao alumnado de 4º B.

Tamén lle dan xeito, non si?

 

Migrando

Comezamos unha nova  andaina do Blogue da Biblioteca.

Durante moitos anos estivemos aloxados en Blogaliza, un servizo que nos acolleu e co que partillamos a nosa defensa do noso idioma e a súa presenza na rede.

Pero ultimamente por razóns de seguridade contra de ataques cibernéticos as chaves de seguranza son cada vez máis ríxidas dificultándonos a realización dos nosos artigos, co resultado de que a nosa actividade neste campo ten baixado bastante.

Así que decidímonos a poñer en marcha esta páxina dentro de Drupal, do noso Drupal, para irvos informando das novidades que imos poñendo en marcha en relación coa biblioteca escolar.

Son moitas as novidades que vos temos que contar: que estamos en LIA2 o que vai supoñer un cambio nas dotacións e nas estruturas da biblioteca, que para o ano teremos escornabots e un curruncho lego, que temos asegurada unha pizarra dixital e que vamos traballar a videoconferencia dende a biblioteca cando fagamos actividades de interese para todos.... vamos, un monte de cousas que mellor iremos contando aos poucos, demoradamente, para que nos sente ben.

E mentras tanto seguídenos neste novo enderezo.

Saúde e lecturas.

O Condesa na Rexión

A parte dun fermoso programa en Telemiño, o equipo da Rexión fixo unha reportaxe sobre o noso centro que vos deixamos aquí para que poidades degustala con calma.

 

O Condesa na Rexión by quinif on Scribd

Arqueólogos do Condesa

Estes días saiu publicada na Rexión un artigo no que se fala dun importante desubrimento arqueolóxico levado adiante por  unha ex-alumna do noso centro.

A nosa noraboa por este importantísimo achádego e o noso desexo de que continúe nesta liña punteira dentro da arqueoloxía mundial.

arqueoloxia by quinif on Scribd