Skip to Content

Comedor escolar, Transporte escolar

Listaxe de alumnado definitivo.Comedor 2016/17

Publícase a listaxe definitiva de alumnado admitido do servizo de comedor 2016/17.

Listaxe de alumnado admitido

Listaxe de solicitudes pendentes de autorización

Nº de usuarios de comedor: 252 alumnos/as e 267 en total

O 3 de outubro poderán acceder ao comedor todos os que consten na lista definitiva. 

Lista de solicitudes pendentes de autorización: solicitouse un aumento de prazas á Consellería. Comunicarase cando este alumnado pode acceder ao comedor.

SERVIZO DE COMEDOR 2016/2017

Corrección de erros

Detectados erros na lista definitiva, realizase as seguintes modificacións:

 Posto 221 no que aparece “Ainhoa” debe constar Ainhoa López García.

 “Posto 94 LÓPEZ ARROJO, EIDEN”, renuncia ao servizo de comedor.

 “Ilie, Doina Petruta” que consta na lista de solicitude pendentes de autorización engádese á lista de alumnado definitivo co nº 252.

 

Xinzo de Limia, 3 de outubro de 2016

Listaxe de alumnado definitivo.Comedor 2016/17

Publícase a listaxe de alumnado admitido e pendentes de autorización do servizo de comedor 2016/17.

Listaxe de alumnado admitido

Listaxe de solicitudes pendentes de autorización

Nº de usuarios de comedor: 252

O 3 de outubro poderán acceder ao comedor todo o alumnado que consten na lista definitiva de admitidos. 

Lista de solicitudes pendentes de autorización: solicitouse un aumento de prazas á Consellería. Comunicarase cando este alumnado pode acceder ao comedor.

 

LISTA PROVISIONAL DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS DO SERVIZO DE COMEDOR

Publícase a listaxe provisional de admitidos e excluídos do servizo de comedor 2016/17.

Prazo de alegacións ata o 30 de setembro.

Publicación da listaxe definitiva o 1 de outubro.

A listaxe definitiva pode presentar modificacións tralas alegacións correspondentes.

Listaxe de admitidos

Listaxe de excluídos

 

Nº de usuarios de comedor: 252

MENÚ SETEMBRO 2016

SOLICITUDE DE AUTORIZACIÓN EXCEPCIONAL DO USO DO TRANSPORTE ESCOLAR 2016/2017

SOLICITUDE DE AUTORIZACIÓN EXCEPCIONAL DO USO DO TRANSPORTE ESCOLAR 2016/2017

Segundo as normas para a determinación dos alumnos con dereito a servizo gratuíto de transporte:

Non terán dereito a servizos educativos complementarios os alumnos escolarizados nun centro distinto ao que lles corresponde por área de influencia do centro.

Terán dereito ao servizo de transporte escolar os alumnos/as que teñan os seus domicilios fóra do núcleo urbano no que estea situado o centro e, en calquera caso, a unha distancia deste superior aos 2 km.

Os alumnos que non teñan dereito ao uso do transporte escolar en base aos dous puntos anteriores, poderán solicitalo con carácter excepcional no caso de que haxa prazas baleiras no autobús e para uso das paradas xa existentes.

Polo tanto deberá cubrir e asinar a solicitude excepcional que poden retirar na Secretaría do centro ou descargala no seguinte enlace e entregala antes do 30 de xuño.

 

CIRCULAR INFORMATIVA SOBRE O SERVIZO DE COMEDOR PARA O CURSO 2016/2017

Con data 8/06/2016, as familias recibirán información, a través do seus fillos/as, relativa á solicitude de comedor para o curso 2016/2017.

Para mís información, prema en 

Impreso de autodeclaración 

Ao abeiro da instrución 1/2016 da Secretaria Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e O.U ,informase do seguinte:

Número de prazas concedidas: 252

Para a selección de usuarios establécese a orde seguinte de preferencia:

1. Alumnado usuario no curso anterior salvo que variasen as súas circunstancias.

2. Alumnado usuario lexítimo do servizo do transporte escolar.

3. Alumnado en situación de exclusión social ou con discapacidade igual ou superior ao 33%, certificadas polos servizos sociais ou municipais correspondentes.

4. Familia numerosa, acreditado co correspondente título ou carné expedido para o efecto. 

5. Conciliación familiar e laboral.

Se ambos os pais traballan e non poden atender ao seu fillo/a na hora de comer, remitimos a normativa que establece a Consellería para este curso:

Alumnado fillo de pais e nais, titores legais ou acolledores familiares, traballadores ambos os dous con incompatibilidade dos seus horarios laborais co horario de saída do seu fillo/a ao mediodía, acreditada documentalmente, mediante documento expedido para o efecto polas/os respectivos empregadoras/ores, xunto cunha copia dos contratos de traballo, polas altas censuais iniciais ante a Axencia Estatal de Administración Tributaria e as modificacións posteriores  e altas na Tesourería Xeral da Seguridade Social no réxime correspondente, de habelas e polas certificacións expedidas polas xefaturas de persoal correspondentes.

6. Alumnado escolarizado fóra da área de influencia.

7. Persoal docente e non docente que preste servizos no centro e non colabore nos labores de atencióna ao alumnado.

Puntos 3, 4 e 5: estas circunstancias deben ser acreditadas xunto coa solicitude. É necesario traer copia e orixinal

 


 

Taxas de comedor 2015/2016

As familias que teñan que aboar as taxas de comedor do mes de xuño deberán recoller as mesmas na Secretaría do centro os días 27 e 28 de xuño, aboar as mesmas e entregar na Secretaría do centro o resgardo de abono antes do 8 de xullo.

 


 

Colaboradores/as comedor 2016/2017

ANUNCIO DE APERTURA DO PRAZO DE ADMISIÓN  COMO COLABORADORES VOLUNTARIOS NASTAREFAS DE ATENCIÓN E APOIO AO ALUMNADO USUARIO DO COMEDOR ESCOLAR DURANTE O CURSO 2016/17.

As nais, os pais, os/as titores/a legais e os/as acolledores/as familiares do alumnado deste centro de ensino, que desexen, ao longo do curso 2016-2017, colaborar de xeito altruísta nas tarefas de atención e apoio aos escolares usuarios do comedor escolar.

O prazo para presentar solicitudes permanecerá inicialmente aberto ata o día 22 de xuño de 2016 ata o 11 de setembro de 2016, podéndose reabrir un novo prazo, de ser o caso, ata o 21 de decembro de 2016. 

 

O  modelo de solicitude pode recollerse na Secretaría do centro ou descargalo no seguinte enlace

Menú Maio

MENÚ ABRIL

MENÚ MARZO

Menú Febreiro

Distribuir contido


by Dr. Radut