Skip to Content

Plan Proxecta, Aliméntate ben, Mobilidade sostible e segura, Xogade

CAMPIONATO DE CAMPO A TRAVÉS 2019/2020

 

CAMPIONATO DE CAMPO A TRAVÉS CURSO 19-20

 

O 4 de decembro de 2020, celebrouse no campo de fútbol da Moreira en Xinzo de Limia a Previa comarcal de Campo a través, para seleccionar os mellores corredores de cada colexio para poder partcipar no Campionato Comarcal

 

Dito Campionato Comarcal de Campo a través, celebrouse o 23 de xaneiro de 2020, no mesmo lugar do Campo de Fútbol da Moreira, onde se clasificaron os representantes comarcais da Limia, para representar esta comarca no Campionato Provincial

 

O Campionato Provincial de Campo a Través celebrouse o 1 de febreiro de 2020, en Monterrei (Pereiro de Aguiar, Ourense). Deste campionato saen os clasificados para o Campionato Galego.

 

 

 

 

 

 

 

SEMANA EUROPEA DA MOBILIDADE

Os nenos de Educación Infantil e 1º e 2º de Primaria unironse a celebración da SEMANA EUROPEA DA MOBILIDADE,cunha xornada na que reivindicaron que a rúa é de todos e saíron a facer psicomotricidade na rúa Marcelo Macías,previamente cortada ó tráfico de coches pola Policía Local.

Seguindo o pensamento do pedagogo italianao Francesco Tonucci,"Temos que sacar os nenos á rúa. Cando os nenos estén na rúa a cidade é segura,non o revés"

 

CAMPIONATO ATLETISMO CURSO 2018-2019

Neste curso 2018-2019 tamén se celebrou o Campionato de Atletismo.Coma sempre con fases comarcal e provinciais.

Nas disciplinas de Salto de lonxitude,velocidade e lanzamento de pelota e peso.

O 21 de marzo,celebrouse na Moreira( Xinzo) o Campionato Comarcal de Atletismo,á que acudimos os Centros da comarca que quixeron participar.

Elexidos o campións comarcais,hai catro xornadas en Monterrei ( Ourense) que foron o 30 de marzo,6 de abril,27 de abril e 4 de maio,nas que se pode facer marca para participar no Campionato Provincial de Atletismo que se celebrou o 25 de maio de 2019 no mesmo lugar.

CAMPIONATO FÚTBOL-SALA CURSO 2018-2019

Neste curso fixemos dúas xornadas de Fútbol-Sala no Pavillón de Deportes de Xinzo.Unha adicada aos benxamíns e outra,aos alevíns.

A primeira foi o 26 de abril e a segunda foi o 2 de maio de 2019.

Este curso non houbo Campionato Provincial debido a que coincidíu con outras competicións externas a nós,e non foi posible solucionalo,e suspendeuse dende a Secretaría Provincial de Deportes.

CAMPIONATO DE NATACIÓN 2018-2019

O 27 de febreiro de 2019,desprazámonos á piscina climatizada de Xinzo para facer a selección dos alumnos do colexio que participaron no Campionato Comarcal.

O 13 de febreiro,celebramos o Campionato Comarcal de Xinzo de Limia.

O 30 de marzo,celebrouse en Ourense,nas piscinas AQA do Campus Universitario de Ourense, o Campionato Provincial de Natación.

 

 

 

CAMPIONATO PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS

O 9 de febreiro do 2019, celebrouse o Campionato Provincial de Campo a Través, no complexo deportivo de Monterrei (Ourense).

 

XORNADAS DE MOVILIDADE

Os nenos de 5º de Infantil e 6º de primaria se puxeron na pel de colectivos vulnerables a través da simulación,experimentando as dificultades da movilidade coas que unha persoa con discapacidade visual se pode atopar.

 

 

 

 

CAMPIONATO DE CAMPO A TRAVÉS 2018 (1ª proba)

O xoves, 15 de novembro de 2018, celebramos a primeira proba do Campionato de Campo a Través, no campo de fútbol da Moreira (Xinzo) para todas as categorías, benxamín, alevín e infantil, tanto masculino, coma feminino.

 

 

SEMANA DA MOVILIDADE

Os nenos de infantil e de 1º e 2º de primaria participaron na Semana da Movilidade facendo psicomotricidade na rúa.

 

CAMPIONATO PROVINCIAL DE FÚTBOL SALA 2018

Tras a celebración da fase local  no pavillón de deportes de Xinzo entre os colexios da Limia, accedemos á final provincial do Campionato de Fútbol-sala, como Agrupación Deportiva A Limia, que se celebrou en Ourense, no pavillón dos Remedios, o 26 de maio de 2018, quedando CAMPIÓNS provinciais nas dúas categorías nas que competíamos, Benxamín e Alevín.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut