Actualidade

Marcha ciclista en Xinzo para fomentar o uso de medios de transporte máis sustentables

Hoxe os cativos e cativas de 3, 4 e 5 anos percorreron a Rúa Marcelo Macías nas súas bicicletas para participar nunha xincana viaria. Por quendas e desde as 10.00 horas comezou o circuito que sortearon co gran habilidade.

Ao final as profesoras premiaron cunha medalla a estes infatigables ciclistas.

As 11.30 os máis veteranos (5 anos) tomaron as rúas da vila para demandar o uso deste tipo de transporte, ata chegar á Praza Carlos Casares. Alí realizaron máis actividades xunto co alumnado do Rosalía de Castro.

De igual forma, ás 8,30 un pelotón de estudantes do IES Cidade de Antioquía e o IES Lagoa de Antela sairon da Praza Maior cara os seus institutos.

 

ABRAZO AO RÍO LIMIA EN XINZO

Os grupos de 4º de educación primaria participaron na Xornada de convivencia co alumnado do CEIP, Rosalía de Castro e  dous centros de Ponte de Lima para facer o abrazo simbólico o río que irmanda as dúas localidades.

Cunha apretada axenda, deu comezo coa recepción dos compañeiros portuguese,abrazo ao río Limia, visita ao Museo do Entroido, camiñata cara o seu nacemento e visita final a exposición de xardíns en Allariiz.

Unha xornada completa chea de vivenzas!!

Día das Letras Galegas 2017- Homenaxe a Carlos Casares

Preme para ver o Programa da actividade.

 Temos que felicitar ao noso compañeiro Segio polo traballo tan marabilloso que fixo e que deu como resultado final este cuadro de Carlos Casares emulando a Andy Warhol.

 Os pasos foron os seguintes:

DÍA MUNDIAL DA AUGA

 

O día 22 de marzo celebramos o día Mundial da auga e no noso cole e os nenos de infantil quixeron celebrar o día dunha forma especial e coa axuda das familias fixeron un acuario con peixes feitos con materiais diferentes.

 

Alerta AMARELA E LARANXA por nevadas os días 22 e 23 de marzo en Galicia

Etiquetas :

ANUNCIO DA CONSELLERÍA:

Ante a devandita situación de risco, a Comisión Escolar de Alertas acordou o seguinte:

  1. A SUSPENSIÓN do TRANSPORTE ESCOLAR por alerta LARANXA, entre as 12:00 horas do día 22 e as 12:00 horas do día 23 de marzo, por acumulación de neve de ata 5 cm de espesor, que afectará as zonas de predición meteorolóxica do Interior da Coruña, do Centro e Sur de Lugo, do Noroeste de Ourense e do Interior de Pontevedra; e entre as 8:00 horas do día 22 e as 12:00 horas do día 23 de marzo, na zona de predición meteorolóxica do Sur de Ourense (Concello de Xinzo de Limia, entre outros)

Así mesmo, suspensión das actividades no exterior das instalacións dos centros educativos, con seguimento das condicións climáticas.

Máis información en: http://www.edu.xunta.gal/portal/node/21563

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/21565

4º EP no Museo Casa de navegación e praza de abastos de Baiona

A AVENTURA ESTÁ NO MARRisa
     

    

 

 14 de febreiro, Baiona

A visita comezará no porto, cun percorrido para  coñecer as embarcacións e as artes de pesca que empregan os mariñeiros.

Visitaremos o edificio da lonxa, no que aprenderan sobre as especies capturadas na zona, as diferentes artes de pesca empregadas, o etiquetaxe dos produtos pesqueiros, e simularemos unha poxa ficticia cos/as nenos/as.

No museo Casa da Navegación os participantes poderán aprender todo o relacionado con Colón e a súa viaxe a sí como as artes de pesca empregadas na época e a importancia histórica da vila de Baiona.

        

 

 

DIA DA PAZ

Plan de actividades para a celebración do día da Paz,30/01/2017

-Serpe da Paz de nenos/as.

   .Previo o día da Paz:

          - Marcarase o camiño da serpe para a colocación dos nenos/as.

          - Reparto de globos.

  . Os nenos/as baixarán cun globo,inflado,ao patio.

  . Formaremos a serpe da Paz en parellas,na cola os de 6º e na cabeceira os de 4º de infantil.Os grupos iranse colocando ata a cabeceira,acompañados dos titores/as

e profesorado de apoio.

  . Unha vez colocados,formaremos a frase da paz.Cada palabra rotará de neno a neno,desde a cola á cabeza para a súa pegado no muro traseiro( Arco da Vella)

  . Cando se remate,uns nenos/as lerán a frase nos distiotos idiomas por megafonía e faremos a foto grupal co movemento dos globos.

  . Para rematar,bailaremos a seguinte coreografía DANZA DA PAZ DE MAMÁ CABRA

 

  . O lema do arco da vella é o seguinte:

No hay caminos para la Paz,la Paz es el camino

-Tamén se fixeron paraugas da PAZ

 RECURSOS TIC PARA A PAZ: http://www.symbaloo.com/mix/recursospaz

 

Obradoiro Decoración de Entroido

Etiquetas :

A ANPA do CEIP Carlos Casares colabora coa Comoisión do Entroido coa idea de decorar as rúas de Xinzo con teas.

Os nenos e nenas, xunto cos seus familiares, gozaron con esta actividad.

 

`Ponte no meu lugar´. Día internacional das persoas con discapacidade

Alumnado e profesorado de 6º de educación primaria disfrutamos coa I Xornada de sensibilización  `Ponte no meu lugar´ organizada polas asociacións Algaria, Discafis-COGAMI e LIMISI coa finalidade de darlle visibilidade ás dificultades de integración que se lle presentan na sociedade ás persoas con discapacidade.

Obxectivos:

  • sensibilizar e dar a coñecer aos rapaces o mundo da discapacidade
  • ofrecer a oportunidade de experimentar na súa propia pel os problemas cos que se atopan as persoas con discapacidade física, intelectual ou sensorial no día a día, co obxectivo de que tomen conciencia das barreiras que a nosa sociedade lles pon a este sector da poboación para desenvolverse en igualdade de oportunidades en todos os ámbitos (educativo, laboral…), e para sensibilizalos e formalos no respecto á diversidade
Distribuir contido


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
- Designed by EZwpthemes Drupalized by Azri Design