Skip to Content

Plan Proxecta, Aliméntate ben, Mobilidade sostible e segura, Xogade

2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA-UN MAR DE RECEITAS

 

Nivel Obxectivos Contidos

2º Educación Primaria

  • Saber diferenciar distintos tipos de peixe. 
  • Descubrir os nutrientes que nos aporta o peixe.
  • Conseguir que o peixe forme parte da alimentación.
  • Familiarizarse co uso das novas tecnoloxías.
  • Lograr que participen de forma activa no traballo individual e grupal respectando aos compañeiros/as.
  • Mostrar interese pola lectura.
-Distintos tipos de peixe e derivados
-Recopilación de receitas
-Traballo cooperativo
-Expresión oral durante o programa de cociñaElaboración do programa de cociña"Come pescado" 

Meodoloxía: A hora de plantexar a metodoloxía tivemos en conta dúas estratexias metodolóxicas básicas: o desenvolvemento en espiral e a globalización. Así mesmo, partimos de realidades significativas para o alumnado, posto que a motivación é un factor determinante para a aprendizaxe. Ademais, tamén tivemos presente unha serie de principios pedagóxicos que derivan do enfoque constructivista da aprendizaxe, entre os que se atopan: partir do nivel psicoevolutivo do alumnado, asegurar a construcion de aprendizaxes significativas, potenciar a autonomía do alumnado na súa aprendizaxe, é dicir, que "aprenda a aprender". Ao falar de metodoloxía é importante tamén pensar na organización do alumnado, de aí que lle demos importancia ao traballo en grupo, xa que con el fomentamos a interacción, os conflitos cognitivos e a construción de novos coñecementos. Pero isto non exclue outros tipos de distribución do alumnado, xa que o gran grupo pódese considerar como a forma de agrupación máis apropiada a hora de explicarlle o que vamos facer, como o vamos facer, así como para coñecer as súas ideas previas. Igual de im- portante e a organización individual a hora de avaliar si se acadaron os obxectivos. Así mesmo, tamén hai que ter en conta os recursos que vamos a necesitar, destacando neste caso:

  • Recursos materiais: ordenador, proxector, pantalla dixital, folios,cartulinas,   goma eva, cores, lapis, goma, tesoiras, cartóns, anillas metálicas, plastificadora, silicona.
  • Recursos espaciais: biblioteca e aula ordinaria. Toda a metodoloxía víuse reflexada nas actividades levadas a cabo: - Actividades de Introdución (gran grupo): choiva de ideas e lectura do libro   Oa arroases. A súa primeira aventura. O que axudou a poñer en prática o Proxecto lector.
  • Actividades de desenvolvemento (grupos 3/4 alumnos/as): elaboración do   libro: "Un mar de receitas". Con esta actividade favorécese a adquisición de   contidos, a posta en prática do Plan TIC, xa que, tiveron que buscar infor-   mación na internet e a colaboración das familias aportando receitas que coñecian.
  • Actividades de avaliación (individual): Test de resposta única. Dito proxecto tivo unha duración de 20 horas que se desenvolveron entre os meses de abril e maio. 

Avaliación: Para levar a cabo a avaliación establecéronse tres fases: 1ª- Avaliación Inicial:  para determinar os coñecementos previos do alumnado. Para isto, fíxose unha choiva de ideas de forma oral.

2ª- Avaliación Continua: coa finalidade de valorar o proceso de aprendizaxe do alumnado a partir do seguimento continuo do traballo que realizan e dos coñe- cementos que van adquirindo, facendo uso de distintas técnicas e instrumen- tos como a observación sistemática xa que, permite obter información para unha continua e rápida toma de decisións a partir de instrumentos como as listas de control.

3ª- Avaliación Final: para comprobar que se acadaron os obxectivos propostos. Para isto, fíxose uso dun test de resposta única baseado nos seguintes criterios de avaliación e estandares de aprendizaxe avaliables:

  •  Identificar os distintos tipos de peixes en diversos soportes.
  • Identifica e describe distintos tipos de peixe. 
  • Saber a importancia que ten o peixe na nosa dieta e coñecer os seus nutrientes.        .
  • Sabe a importancia que ten o peixe na nosa alimentación e coñece os seus nutrientes.
  • Buscar información de forma guiada en Internet.        
  • Busca información de forma guiada en Internet e con unha pequena axuda e capaz de analizala.
  • Traballar de forma cooperativa, respectando os ompañeiros/as, o material e as normas  de convivencia.        .

Utiliza estratexias para traballar de forma individual e en equipo e respecta aoscompañeiros/as e as normas de convivencia. Para rematar, dicir que ademais de avaliar ao alumnado tamén se avaliou a práctica docente e o propio proxecto coa finalidade de ver se era necesario facer modificacións para a posta en práctica en datas posteriores. 

CIRCUITO D EDUCACIÓN VIAL

O colexio, seguindo coa colaboración da DXT, membros da POLICIA LOCAL e Protección Civil de Xinzo,  programou nas instalacións  da escola un circuito para os nenos de Educación Infantil de 4 anos, que participaron coas súas bicicletas, triciclos  e mesmo os carros de bonecas. Destacar a aceptación da actividade por parte dos peques  e o atractivo da iniciativa tanto polos obxectivos que se acadaron como polo enfoque didáctico.

 

PERCORRIDO SEGURO

O xoves os mandilóns AZUIS E VERMELLOS  fixemos unha saída a pé ,acompañados pola POLICIA LOCAL e membros de PROTECCIÓN CIVIL ,para facer un PERCORRIDO SEGURO pola contorna da ESCOLA coa finalidade de familiarizarse coas normas e sinais de tráfico.

Aproveitamos a saída para facer un percorrido polas dependencias da POLICIA LOCAL e os nosos peques tiveron ocasión de divertirse subindo as MOTOS e COCHES PATRULLA e facendo soar as sereas.

 

 

 

COCHES DE FROITA

Hoxe como era o DÍA DA FROITA decidimos facer un divertido coche para merendar, e agora que se acercan as vacacións e vamos a VIAXAR e VIAXAR , avanzamos un pouco máis no noso proxecto de MOBILIDADE SOSTIBLE E SEGURA esta vez desde o punto de vista de pasaxeiros de automóviles , lembrámoslle os nosos peques a importancia de viaxar sempre cos sistemas de retención e no asento traseiro, sen asomarse a ventanilla e procurar sempre non molestar á papá e mamá cando van conducindo, axudámonos destos videos que vos deixamos a continuación.

Obradoiro Ponlle as Pilas ao teu Bocata

Hoxe estivemos acompañados por Rubén e Ana par saber algo máis sobre os alimentos que a cotío forman parte do noso menú diario: o atún, o mexillón, a sardiña... Tamén lle presentamos a Samonlethes 

Dividimos as sesións en:

  • 10.15-11.30, 6º de EI e 1º de EP
  • 12.15-13.15, 4º de EP

Obradoiro Ponlle as Pilas ao teu Bocata on PhotoPeach

SEMANA EUROPEA DA MOBILIDADE

Os mandilóns AZUIS e VERMELLOS  sumamonos a SEMANA EUROPEA DA MOVILIDADE  cunha saída peatonal polas rúas de Xinzo  baixo o lema "CAMIÑANDO",..O obxectivo é concienciar @s nen@s de que con pequenos cambios nos hábitos poden mellorar a saúde, a calidade do aire e reducir a contaminación acústica  ,tivemos oportunidade de repasar un montón de cousas que aprendemos o curso pasado dentro do noso proxecto de EDUCACION VIAL.

Aproveitamos a saída para visitar o Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro de Xinzo de Limia, visitamos o laboratorio onde se estudian as enfermedades das PATACAS,e despois de ver distintas variedades de PATACAS, disfrutamos como ENANOS dun TALLER no que decoramos libremente unha PATACA ...Os peques recibiron  como agasallo do CONSELLO REGULADOR DA PATACA un conto dos Bolechas  "A pataca de Galicia" e unha  bolsa de PATACAS fritas ,despois dunha parada no parque rematamos a saída peatonal voltando á escola.

O noso agradecemento a Sinda da DGT, á Policía Local de  Xinzo, membros de Protección Civil , persoal do Centro Agrogandeiro de persoal do Centro Agrogandeiro de Xinzo, o Consello Regulador da patata e o papá de Telmo por colaborar e facer posible esta saída.

6º DE EI.A arte da pesca

Dentro do programa de fomento do consumo de Conservas de Produtos do Mar tomamos como punto de partida a lectura do conto:O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR.
Os seus personaxes "Os arroases" son unha cuadrilla de 7 nenos/as que coñecen moi ben aventura de comer peixe.Cada un deles ten un superpoder para convencer a todos os nenos/as que é moi importante comer peixe. Para iso póñense en contacto cun pescador coa misión de facer chegar a súa mensaxe a todos os colexios.
Os nenos/as ROSAS e AMARELOS tamén nos quixemos poñer en contacto cun pescador JOSE(papá de Daniela) pero para aprender distintos coñecementos sobre a arte da pesca.E, abofé, que o conseguíu,todo un descubrimento!!! 
Moitas grazas Jose  por adicarnos parte do teu tempo e do teu saber en favor da aprendizaxe dos nosos cativ@s.

VISITA CUARTEL GUARDIA CIVIL

Os mandilóns AZUIS e VERMELLOS visitamos o CUARTEL DA GUARDIA CIVIL da nosa localidade,os peques pasárono en grande guiados por guardias  civiles e baixo a súa atenta mirada montaron en motocicletas e vehiculos da Guardia Civil,ademáis de visitar as súas instalacións e coñecer a súa labor. O que máis espectación causou entre os nosos peques foi o parque de vehiculos, as señales luminosas e sonoras e a comunicación por emisora.Foi unha xornada diferente na que disfrutaron coñecendo o traballo que fan os efectivos da Guardia Civil. A visita rematou cunha merenda  que prepararon para  os nosos peques a base de FROITA.

Agradecer dende aqui as atencións e o trato que recibiron os nosos peques por parte dos membros da GUARDIA CIVIL de XINZO DE LIMIA.

 

4º DE ED. PRIMARIA_COME PESCADO

 

Os nenos de 4º fixeron varias receitas saudables elaboradas con peixe tales coma ;ensalada de pasta con bonito,tostas de queixo con salmón,sardiñas con tomate e cebola,panciños con queixo e anchoa para seguidamente proceder a súa degustación...

Nivel Obxectivos Contidos Metodoloxía

4º de EP

-Recopilar recetas saludables e sinxelas
-Fomentar o consumo de peixe e derivados
-Colaborar na elaboración de receitas sinxelas de peixe
-Coñecer os nutrientes dos diferentes tipos de peixe
-Distintos tipos de peixe e derivados
-Recopilación de receitas
-Traballo cooperativo
-Expresión oral durante o programa de cociña
Elaboración do programa de cociña"Come pescado" 

 

 

 

 

 

 

Correlingua 2016 "O GALEGO ESTÁ EN NÓS"

O XII Correlingua comeza este mércores en Ourense co lema "O Galego está en Nós"

Salmonlethes foi o buque insignia dos nenos e nenas do cole

Correlingua 2016 on PhotoPeach

 Participamos no Correlingua 2016 xunto con máis de 300 centros educativos galegos en actividades e unha xuntanza en prol do idioma.

  • Saímos ás 9.30 camiño de Ourense, coa 1ª parada na Alameda
  • 10.15 Recepción na Praza Maior. Concurso de pancartas e actividades

Gañamos o tercer premio!!!! Noraboa!!!Risa

  • 11.30 Andaina pola lingua galega con destino ao Auditorio de Ourense
  • 12.00 Recepción dos participantes no Auditorio

+ fotos no Blog Cores de Infantil

Distribuir contido


by Dr. Radut