Skip to Content

Extraescolares e complementarias, abn

VISITA Á EXPOSICIÓN EDUCATIVA LIVING DINOSAUROS E A IDADE DE XEO

Os nenos de 6º de Infantil foron de excursión á Pontevedra a visitar unha exposición "LIVING DINOSAUROS E A IDADE DE XEO"

A exposición ofrece un encontro real coas criaturas máis marabillosas e exóticas da nosa historia.

Explorar o mundo fai 180 millóns de anos e descubrir animais e esqueletos de depredadores carnívoros e grandes herbívoros.

Unha experiencia pensada e deseñada para o disfrute de grandes e pequenos.

Este magnífico espectáculo interactivo conta con diferentes especies de dinosauros animatrónicos,con total rango de movemento.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

                           

                       

 

 

 

 

 

  

 

 

 

 

 

 

VII ABRAZO AO RÍO LIMIA

 

                                                                 

                                                                                   

 

CONTACONTOS NA CASA DA CULTURA DE XINZO DE LIMIA

Os nenos de 2º de primaria foron hoxe á casa de Cultura de Xinzo de Limia para escoitar a Celtia Figuieras co seu conto titulado

Contos de Primavera

DÍA DO LIBRO/ DÍAS DAS LETRAS GALEGAS

 

 

 

MARCHA DO DÍA DA BICICLETA

Estimadas familias,

Con motivo da celebración de día da bici no noso centro pensamos na seguinte proposta:

Este venres 11 de maio a partir das 12:15h percorrido polas seguintes rúas:

Marcelo Macías,Sargento Rodríguez,Curros Enríquez

Organización:

Os alumnos/as traerán das súas casas( os de Xinzo facendo uso das mesmas e aos de transporte traeranllas os seus pais/nais,ben o memo día ou ben o anterior).Aparcarannas no aparcadoiro de coches.Estarán sinaladas as zonas por niveis.

Os alumnos/as que non puideran traer a súa bicicleta negociarán con algún compañeiro/a da súa aula para que lla presten.Entón,estes alumnos/as farán o percorrido co seguinte curso cando xa estén de volta os da súa clase.

Todos os nenos/as deberían de traer casco por seguridade.

 

CAMIÑO ESCOLAR PRUDENCIA

O proxecto de camiño escolar Prudencia a pé é unha experiencia pioneira en Xinzo de Limia que xorde coa intención de promover unha boa educación viaria dos nenos e nenas da nosa vila.

Esta iniciativa parte da participación no Plan Proxecta Movilidade sostible e segura coa idea de promover que os cativos se movan con seguridade e autonomía polas rúas.

A mascota do camiño escolar é a patata Prudencia deseñada por DAVID DÍAZ FIDALGO

XORNADA DE PORTAS ABERTAS E VISITAS GUIADAS Á EXPOSICIÓN " OS MUNDOS DE CARLOS CASARES"

 

DATAS DE VISITAS GUIADAS:

Entre o luns 7 de maiode 2018 en dúas sesións de mañá ( 11h e 13 h) e dúas de tarde (16:30 e 18:30), cunha duración aproximada de 45 minutos por cada sesión.

Os centros escolares terán preferencia á hora das reservas de sesións de mañá.

ONDE E COMO FACER A RESERVA

Para apuntarse ás visitas guiadas hai que remitir un email,antes do 5 de maio de 2018,a casaculturadexinzo@gmail.com ( ou como alternativa a 

fundacioncarloscasares@gmail.com) indicando un nome e teléfono de contacto,a data e sesión de preferencia,o número de persoas previstas e se se desexa ter a guía da actividade "Busca-Busca",

Tamén pode realizarse a reserva nos números de teléfono 988461442 ou 986171941 ( mañás-horario de oficina).

LÍMITES DE GRUPOS:

O mínimoo de persoas para facer a visita guiada será de 5 persoas.O máximo,agás centros escolares,será de 20 persoas.

CONCERTO DIDÁCTICO 2018

 

 

 

 

 

 

 

 

 

EXCURSIÓN A PORQUEIRA

Os nenos de 4º de primaria foron de excursión a Porqueira onde visitaron o Concello,a torre de Porqueira,a igrexa de Santa María e a ponte de Pao.

  

 

 

 

                     

Distribuir contido


by Dr. Radut