Skip to Content

Extraescolares e complementarias, abn

Marcha ciclista en Xinzo para fomentar o uso de medios de transporte máis sustentables

Hoxe os cativos e cativas de 3, 4 e 5 anos percorreron a Rúa Marcelo Macías nas súas bicicletas para participar nunha xincana viaria. Por quendas e desde as 10.00 horas comezou o circuito que sortearon co gran habilidade.

Ao final as profesoras premiaron cunha medalla a estes infatigables ciclistas.

As 11.30 os máis veteranos (5 anos) tomaron as rúas da vila para demandar o uso deste tipo de transporte, ata chegar á Praza Carlos Casares. Alí realizaron máis actividades xunto co alumnado do Rosalía de Castro.

De igual forma, ás 8,30 un pelotón de estudantes do IES Cidade de Antioquía e o IES Lagoa de Antela sairon da Praza Maior cara os seus institutos.

 

ABRAZO AO RÍO LIMIA EN XINZO

Os grupos de 4º de educación primaria participaron na Xornada de convivencia co alumnado do CEIP, Rosalía de Castro e  dous centros de Ponte de Lima para facer o abrazo simbólico o río que irmanda as dúas localidades.

Cunha apretada axenda, deu comezo coa recepción dos compañeiros portuguese,abrazo ao río Limia, visita ao Museo do Entroido, camiñata cara o seu nacemento e visita final a exposición de xardíns en Allariiz.

Unha xornada completa chea de vivenzas!!

TEATRO: " O CONTADOR DE CONTOS"

A compañía teatral GALEATRO presenta no Auditorio Casa da Cultura,o Luns,5 de Xuño o espectáculo titulado " O contador de Contos".

Acudirán os nenos de 1º,2º e 3º de primaria.

GAÑADORES DO I CERTAME CARLOS CASARES

3ºA: BREOGÁN ÁLVAREZ DINIS " A bruxa da caseta da poula"

3ºB: XIÁN PENA ESTÉVEZ " O mellor amigo de Luis"

Mención Especial: LUCAS MARTÍNEZ " A historia dun neno futbolista"

4ºA: CARMEN CHAPADO NOVELLE " O misterio dos novos veciños"

4ºB: IAGO LOSADA FERNÁNDEZ " Un mundo perdido"

5ºB: PAULA RODRÍGUEZ CID " Segue o teu sono"

       CLARA LÓPEZ VENCES " O rexurdimento da aldea"

Mención Especial: ADRIANA PELÁEZ GARCÍA " Carlos Casares"

CHARLA SOBRE A DIABETE

O luns,22 de maio,a Asociación Diabética Auria deunos unha charla sobre a Diabete.

A Asociación Diabética Auria é unha entidade sen ánimo de lucro que nace en Ourense coa finalidade de mellora-la calidade de vida das persoas diabéticas e dos seus familiares.

Falaron de moitos temas: Tipos de diabetes,a importancia da alimentación e o exercicio físico,o autocontrol,os medicamentos e a educación sanitaria.

Ensinaronnos a utilizar a pluma,fixemos una medición da glucosa,mostráronnos un Glucagón...

o enlace é o seguinte:

http://www.auriadiabeticos.com/

  

Día das Letras Galegas 2017- Homenaxe a Carlos Casares

Preme para ver o Programa da actividade.

 Temos que felicitar ao noso compañeiro Segio polo traballo tan marabilloso que fixo e que deu como resultado final este cuadro de Carlos Casares emulando a Andy Warhol.

 Os pasos foron os seguintes:

Planificación de actividades do centro

VII ABRAÇO AO RIO LIMA

Os nenos de 4º de Primaria fomos a Portugal os días 21 e 22 de setembro a celebrar o "VII ABRAÇO AO RIO LIMA".

A noso primeira parada foi no pobo de Lindoso onde nos ensinaron os hórreos,o castelo e por suposto fixemos unha visita marabillosa conducidos por Nuno que nos falou do seu traballo no bosque.

De seguido montamos no autobús cara a Ponte de Lima para comer no colexio.Unha vez rematado o noso xantar fomos cara a Viana do Castelo e visitamos a fermosa igrexa de Santa Luzía.

O rematar a nosa visita fomos a praia cos nenos puidendo contemplar os surfistas facendo kitesurfing.

Máis tarde fomos levar as nosas mochilas o Albergue onde pasaríamos a noite no sin antes cear un pouco xa que estabamos mortos de fame.

O seguinte día e despóis de almorzar nos diriximos a Ponte de Lima para celebrar o abraço ao rio Lima.

 

 

I CONCURSO DE RELATOS CARLOS CASARES

Convócase o I CONCURSO DE RELATOS CARLOS CASARES para ó alumnado de 3º a 6º de Primaria. Serán relatos de ata dos folios.Haberá un premio por curso.

A data límite de entrega será o martes 16 de Maio.

CONCURSO DE FOTOGRAFÍA:ENTENDENDO AS NUBES

 

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación de Territorio organiza o concurso de fotografía "ENTENDENDO AS NUBES"co motivo do día Metereolóxico Mundial.

O certame organízase en dúas categorías segundo a idade dos participantes:

-Alumnos de centros educativos galegos de Infantil Primaria.

Cada centro pode enviar ata un máximo de tres fotografías,orixinais,inéditas e sen retoque informático.

O prazo para a presentación das candidaturas remata o vindeiro 23 de maio.

Animádevos

Distribuir contido


by Dr. Radut