Skip to Content

Marcha ciclista en Xinzo para fomentar o uso de medios de transporte máis sustentables

Hoxe os cativos e cativas de 3, 4 e 5 anos percorreron a Rúa Marcelo Macías nas súas bicicletas para participar nunha xincana viaria. Por quendas e desde as 10.00 horas comezou o circuito que sortearon co gran habilidade.

Ao final as profesoras premiaron cunha medalla a estes infatigables ciclistas.

As 11.30 os máis veteranos (5 anos) tomaron as rúas da vila para demandar o uso deste tipo de transporte, ata chegar á Praza Carlos Casares. Alí realizaron máis actividades xunto co alumnado do Rosalía de Castro.

De igual forma, ás 8,30 un pelotón de estudantes do IES Cidade de Antioquía e o IES Lagoa de Antela sairon da Praza Maior cara os seus institutos.

 



page | by Dr. Radut