Skip to Content

Mobilidade sostible e segura

SEMANA EUROPEA DA MOBILIDADE

Os nenos de Educación Infantil e 1º e 2º de Primaria unironse a celebración da SEMANA EUROPEA DA MOBILIDADE,cunha xornada na que reivindicaron que a rúa é de todos e saíron a facer psicomotricidade na rúa Marcelo Macías,previamente cortada ó tráfico de coches pola Policía Local.

Seguindo o pensamento do pedagogo italianao Francesco Tonucci,"Temos que sacar os nenos á rúa. Cando os nenos estén na rúa a cidade é segura,non o revés"

 

XORNADAS DE MOVILIDADE

Os nenos de 5º de Infantil e 6º de primaria se puxeron na pel de colectivos vulnerables a través da simulación,experimentando as dificultades da movilidade coas que unha persoa con discapacidade visual se pode atopar.

 

 

 

 

SEMANA DA MOVILIDADE

Os nenos de infantil e de 1º e 2º de primaria participaron na Semana da Movilidade facendo psicomotricidade na rúa.

 

CAMIÑO ESCOLAR SEGURO.MULTAS SIMBÓLICAS

Os nenos de 4 anos de educación infantil participaron na actividade" Imposición de multas simbólicas" dentro do proxecto Mobilidade sostible e segura.

Foi unha actividade moi participativa na que os cativos disfrutaron e aprenderon educación vial fora das aulas.

 

 

 

 

 

 

 

CAMIÑO ESCOLAR PRUDENCIA

O proxecto de camiño escolar Prudencia a pé é unha experiencia pioneira en Xinzo de Limia que xorde coa intención de promover unha boa educación viaria dos nenos e nenas da nosa vila.

Esta iniciativa parte da participación no Plan Proxecta Movilidade sostible e segura coa idea de promover que os cativos se movan con seguridade e autonomía polas rúas.

A mascota do camiño escolar é a patata Prudencia deseñada por DAVID DÍAZ FIDALGO

PRUDENCIA A PÉ

XOGO DA SERPE

NAS 3 MEDICIÓNS REALIZADAS NAS AULAS DE EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA EMPREGOUSE ESTA TÁBOA:

RESULTADOS: http://www.trafficsnakegame.eu/spain/colegios/ceip-carlos-casares/

REPERCUSIÓN NOS MEDIOS DA ACTIVIDADE:

http://www.laregion.es/articulo/a-limia/xinzo-pone-marcha-caminos-escolares-seguros/20161023104711658174.html

http://www.laregion.es/articulo/a-limia/colexios-xinzo-impulsan-caminos-escolares-seguros/20161216093452671373.html

Fainos falla + bicicleteros...

 

Prudencia estivo acompanada da serpe Travis para o fomento dunha movilidade sostible e segurra.

 

NA REVISTA ESCOLAR

XOGO DA SERPE

"XOGO DA SERPE" , é unha campaña dirixida aos nenos e nenas e aos seus pais e nais para animarlles a ir ao colexio con medios sostibles tales como camiñando, en bicicleta ou  en autobús. Consiste nun xogo fácil de poñer en práctica e útil. O xogo permite organizar outras actividades en paralelo para mellorar a educación de todos en materia de mobilidade, medio ambiente e saúde. O xogo da serpe comezou como un proxecto pequeno en Flandes (Bélxica) e aos poucos foi crecendo ata converterse nunha importante campaña europea, na que participan escolas en diferentes países. Os datos mostran que o xogo aumenta o número de viaxes á escola en modalidades sustentables. Para axudar a estender esta boa práctica en Europa, creouse a Rede do Xogo da Serpe formada polos Puntos Focais Nacionais de 18 países europeos. O propósito principal da rede é apoiar a campaña en cada país, ampliar o seu impacto e compartir os resultados e as experiencias entre os seus participantes.

http://www.trafficsnakegame.eu/spain/

Cada día que os alumnos/as realicen un desprazamento sostible ao colexio recibirán unha pegatina que irá colocada na serpe que se mostra na fotografía e que está situada no patio interior de E.I. Hai que conseguir 20 viaxes sostibles para completar cada circulo e pegalo na SERPE.  Unha vez que se atope chea a serpe os alumnos obterán premios e regalos segundo os puntos conseguidos. Participan os alumnos de Primaria e os de infantil.

O NOSO CENTRO NA REDE DO XOGO DA SERPE: http://www.trafficsnakegame.eu/spain/colegios/ceip-carlos-casares/

 

PRUDENCIA ESTÁ DE CAMIÑO

Por en marcha un camiño escolar SEGURO e seguir apoiando unha MOBILIDADE SOSTIBLE  para que os nenos veñan á escola camiñando , a golpe de pedal  ou transporte compartido foi o proposito da iniciativa que iniciou a súa rodaxe o curso pasado e que xa está dando os seus froitos...non hai máis que ver a esta PANDILLA XENIAL A PEDALES DA CASA Á ESCOLA.

Distribuir contido


by Dr. Radut