Skip to Content

LETRAS GALEGAS 2024

Mobilidade sostible e segura

VISITA CUARTEL GUARDIA CIVIL

Os mandilóns AZUIS e VERMELLOS visitamos o CUARTEL DA GUARDIA CIVIL da nosa localidade,os peques pasárono en grande guiados por guardias  civiles e baixo a súa atenta mirada montaron en motocicletas e vehiculos da Guardia Civil,ademáis de visitar as súas instalacións e coñecer a súa labor. O que máis espectación causou entre os nosos peques foi o parque de vehiculos, as señales luminosas e sonoras e a comunicación por emisora.Foi unha xornada diferente na que disfrutaron coñecendo o traballo que fan os efectivos da Guardia Civil. A visita rematou cunha merenda  que prepararon para  os nosos peques a base de FROITA.

Agradecer dende aqui as atencións e o trato que recibiron os nosos peques por parte dos membros da GUARDIA CIVIL de XINZO DE LIMIA.

 

SEMÁFORO DE FROITA

Onte mércores como era o DÍA DA FROITA fixemos  unha actividade programada dentro do noso proxecto  mobilidade sostible e segura, un SEMÁFORO CON FROITA  . Primeiro fixemos a lista da compra :pan tostado ,untado con queixo e froita fresca. Despois cada peque fixo o seu SEMÁFORO , unha merenda saudable que lle encantou os peques e que se prepara nun minuto.

 

Por fin celebramos o Día da bici

Por fin o tempo acompañounos e o venres celebramos o DÍA DA BICI cos nenos de 4 anos do CEIP ROSALIA DE CASTRO, xa non nos daba chegado o momento, pedalearon coma auténticos campeóns, e despois de pasar por o túnel de lavado recibiron unha MEDALLA por haber participado na que foi a I edición do DÍA DA BICI, nun intento de reivindicar este medio de transporte coma a alternativa máis sana e respetuosa co medio ambiente .

 

Día da bici, 19 de abril

Hoxe quedaron aparcadas as bicis por causa da chuvia. Os nenos e nenas de 5º de infantil están dexesando facer o percorrido pola vila moi pronto.

 

O 19 de Abril celébrase o DÍA MUNDIAL DA BICICLETA, os mandilóns azuis e vermellos ,xunto cos nen@s de 4 anos do CEIP Rosalia de Castro queríamos celebrar hoxe a primeira edición deste DÍA DA BICI nos nosos coles baixo o lema "PEDALEADO POR UN MUNDO MELLOR",...Pero debido á choiva tivemos que suspender a actividade ata que o tempo nos permita realizala. Non quixemos deixar pasar o día sen concienciar os nosos peques dos beneficios da BICICLETA que ademáis de servir para facer deporte é  un transporte económico e ecolóxico e  crea hábitos sanos para o noso CORPO.
 
Tamén aproveitamos  para aprender o nome das partes das nosas  BICICLETAS , e falamos da importancia de levar CASCO ,e de cuando hai  que levar algunha prenda reflectante, vimos que a maior parte das nosas bicis tiñan "ruedines" e algunhas non tiñan pedales. Velai unhos  videos de Caillou que lle encantaron  os nosos peques.

 

Participamos en MOBILIDADE SOSTIBLE E SEGURA

O obxectivo do programa é promover modos de mobilidade sostibles e seguros para toda a sociedade adaptados ao contexto viario en que vive o alumnado. Partindo desta base quérese reintroducir a educación viaria na escola non como a aprendizaxe de normas e sinais para futuros condutores, senón cunha finalidade transformadora que cuestione os modos de mobilidade imperantes e que favoreza a participación do alumnado na elaboración de propostas de mellora que garantan a súa seguridade nos seus desprazamentos e, sobre todo, que promovan modos de mobilidade máis saudables para toda a comunidade.

Alumnado de infantil 5 anos

Plan Proxecta. Colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e Consellería de Medio Rural e do Mar

Distribuir contido


by Dr. Radut