Skip to Content

LETRAS GALEGAS 2024

Mobilidade sostible e segura

DÍA DA BICI 2017

Hoxe celebramos na escola o DÍA DA BICI, durante o curso 2016- 2017 seguimos traballando dentro do noso proxecto de mobilidade sostible e segura intentando inculcar hábitos saúdables e concienciar ós cativos e as súas familias das ventaxas de vir andando, pedaleando ou usando un transporte compartido da casa á escola.
Primeiro fixemos unha xincana viaria na Rúa Macelo Macias, fronte ao colexio, para todo o alumnado educación infantil e logo os maiores pedaleamos ata a plaza CARLOS CASARES onde nos encontramos cos compañeiros de 5 anos do CEIP ROSALIA DE CASTRO para celebrar a II EDICIÓN do DÍA DA BICI, alí coa colaboración da POLICIA LOCAL,  membros de PROTECCIÓN CIVIL e SINDA AGUIAR da DXT fixemos un CIRCUITO en BICI, os peques recibiron unha medalla e voltaron pedaleando á escola coma unhos auténticos campeóns.
 
O mesmo día, os alumnos e alumnas dos IESs foron e voltaron en bicicleta desde a Praza Maior ata os seus institutos.
 
 
Repercusión nos medio:

CIRCUITO DE EDUCACIÓN VIAL

A última actividade programada para este curso nas aulas de Educación Infantil de 5 anos dentro do noso proxecto de MOBILIDADE SOSTIBLE E SEGURA ,foi un circuito de EDUCACIÓN VIAL en Santa Cruz de Arrabaldo, no que puxemos en práctica un montón de normas traballadas durante estos tres cursos de E.I.Os nosos peques circularon respetando as sinais e as normas a bordo das súas BICIS e coma peóns...Máis de un non respetou as normas e tivo a  correspondente sanción :10 caramelos, 5 caramelos ...dependendo da gravidade da sanción.Os peques  tamén coñeceron de cerca as asistencias de carretera: motos de tráfico e ambulancia, pasárono en grande nesta ESCOLA DE EDUCACIÓN VIAL!!!Despois dun breve exame final que todos superaron con nota tiveron un agasallo que lle entregou a coordinadora de Educación Vial  da DGT  SINDA AGUIAR.

Marcha ciclista en Xinzo para fomentar o uso de medios de transporte máis sustentables

Hoxe os cativos e cativas de 3, 4 e 5 anos percorreron a Rúa Marcelo Macías nas súas bicicletas para participar nunha xincana viaria. Por quendas e desde as 10.00 horas comezou o circuito que sortearon co gran habilidade.

Ao final as profesoras premiaron cunha medalla a estes infatigables ciclistas.

As 11.30 os máis veteranos (5 anos) tomaron as rúas da vila para demandar o uso deste tipo de transporte, ata chegar á Praza Carlos Casares. Alí realizaron máis actividades xunto co alumnado do Rosalía de Castro.

De igual forma, ás 8,30 un pelotón de estudantes do IES Cidade de Antioquía e o IES Lagoa de Antela sairon da Praza Maior cara os seus institutos.

 

O XOGO DA SERPE

O noso colexio está a participar no Xogo da Serpe. Trátase dunha campaña europea,eficaz e divertida,dirixida a estudantes de infantil e primaria,que promove formas de mobilidade sustentable no acceso ao colexio como camiñar,pedalear,utilizar transporte público ou compartir coche.

Coa idea de promover que os/as/nenos/as de Xinzo,que o desexen,veñan en bicicleta,adicamos a próxima semana á BICICLETA.

Entrada e saída do centro:os/as alumnos/as,que acudan en bicicleta,entrarán pola porta de acceso coches e sairán pola porta peonil,unha vez saian os que van a pé.

 

1ª CONVIVENCIA INTERESCOLAR DE EDUCACIÓN VIAL

O xoves, 29 de setembro, celebraremos a I Convivencia Interescolar de Educación Viaria, na que participarán os centros escolares da Limia, cos alumnos/as  6º de Infantil, 1º, 2º, 3º,4º de primaria.

Os actos comezarán ás 10 da mañá no salón de plenos do Concello de Xinzo de Limia onde aos que asistirán os nenos premiados, directores/as dos centros os pais e familiares.

No concurso de carteis para esta primeira convivencia foron premiados alumnos/as dos colexios de: Carlos Casares, Rairiz de Veiga e Vilar de Barrio.

Posteriormente terase a presentación do Camiño Escolar.

Haberá entrega de:

  • premios e medallas aos nenos/as no Concello  polos debuxos que realizaron para o cartel e polo deseño da imaxe "Prudencia" do Camiño escolar. 

1 alumno de 2º de primaria e 3 alumnos e alumnas de 6º de infantil.

 

Mentres se realiza este acto, o alumnado dirixirase á chaira do Pavillón de Deportes, onde estarán a esperar as distintas actividades da Garda Civil de Tráfico.

Participan: Protección Civil, Garda Civil de Tráfico, Helicóptero Pegassus da DXT, coches, motos furgóns, o posto de mando da AXEGA e a Policía Local.

Rematará sobre as 13.30 horas.

 

SEMANA DA MOBILIDADE

Actividades

• 22 de setembro

Actividades de educación infantil

Peche da Rúa Sarxento Rodríguez

Hora: 10.30 h-12.30 h

• 29 de setembro

Circuíto viario-Semana da mobilidade

Lugar: Pavillón e exteriores

Hora: sen determinar

Participantes: 6º inf, 1º,2º 3º, 4º EP

 DÍA SEN COCHE, 22/09/2016

De 10.30 a 12.30 os cativos e cativas de 3,4 e 5 anos estiveron a celebrar na Rúa Sarxento Rodríguez o día "Sen coche".

SEN COCHE on PhotoPeach

 Dentro do  proxecto MOBILIDADE SOSTIBLE E SEGURA ,programouse na escola unha actividade  coa que o noso cole se suma a celebración da Semana Europea da Mobilidade  , na que os nen@s de Educación infantil saimos  a xogar a rúa. O obxetivo desta actividade e amosar que se o espazo público non fora ocupado polos vehículos, os nen@s e o resto da cidadania poderían gozar máis del. 
Velaí as fotos dos nenos na rúa que o pasaron xenial con tanta actividade 

CIRCUITO D EDUCACIÓN VIAL

O colexio, seguindo coa colaboración da DXT, membros da POLICIA LOCAL e Protección Civil de Xinzo,  programou nas instalacións  da escola un circuito para os nenos de Educación Infantil de 4 anos, que participaron coas súas bicicletas, triciclos  e mesmo os carros de bonecas. Destacar a aceptación da actividade por parte dos peques  e o atractivo da iniciativa tanto polos obxectivos que se acadaron como polo enfoque didáctico.

 

PERCORRIDO SEGURO

O xoves os mandilóns AZUIS E VERMELLOS  fixemos unha saída a pé ,acompañados pola POLICIA LOCAL e membros de PROTECCIÓN CIVIL ,para facer un PERCORRIDO SEGURO pola contorna da ESCOLA coa finalidade de familiarizarse coas normas e sinais de tráfico.

Aproveitamos a saída para facer un percorrido polas dependencias da POLICIA LOCAL e os nosos peques tiveron ocasión de divertirse subindo as MOTOS e COCHES PATRULLA e facendo soar as sereas.

 

 

 

COCHES DE FROITA

Hoxe como era o DÍA DA FROITA decidimos facer un divertido coche para merendar, e agora que se acercan as vacacións e vamos a VIAXAR e VIAXAR , avanzamos un pouco máis no noso proxecto de MOBILIDADE SOSTIBLE E SEGURA esta vez desde o punto de vista de pasaxeiros de automóviles , lembrámoslle os nosos peques a importancia de viaxar sempre cos sistemas de retención e no asento traseiro, sen asomarse a ventanilla e procurar sempre non molestar á papá e mamá cando van conducindo, axudámonos destos videos que vos deixamos a continuación.

SEMANA EUROPEA DA MOBILIDADE

Os mandilóns AZUIS e VERMELLOS  sumamonos a SEMANA EUROPEA DA MOVILIDADE  cunha saída peatonal polas rúas de Xinzo  baixo o lema "CAMIÑANDO",..O obxectivo é concienciar @s nen@s de que con pequenos cambios nos hábitos poden mellorar a saúde, a calidade do aire e reducir a contaminación acústica  ,tivemos oportunidade de repasar un montón de cousas que aprendemos o curso pasado dentro do noso proxecto de EDUCACION VIAL.

Aproveitamos a saída para visitar o Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro de Xinzo de Limia, visitamos o laboratorio onde se estudian as enfermedades das PATACAS,e despois de ver distintas variedades de PATACAS, disfrutamos como ENANOS dun TALLER no que decoramos libremente unha PATACA ...Os peques recibiron  como agasallo do CONSELLO REGULADOR DA PATACA un conto dos Bolechas  "A pataca de Galicia" e unha  bolsa de PATACAS fritas ,despois dunha parada no parque rematamos a saída peatonal voltando á escola.

O noso agradecemento a Sinda da DGT, á Policía Local de  Xinzo, membros de Protección Civil , persoal do Centro Agrogandeiro de persoal do Centro Agrogandeiro de Xinzo, o Consello Regulador da patata e o papá de Telmo por colaborar e facer posible esta saída.

Distribuir contido


by Dr. Radut