Skip to Content

Guía de uso da biblioteca

Guía de uso da biblioteca

 

     ORGANIZACIÓN DA BIBLIOTECA

Os libros para préstamo están colocados segundo o tipo de alumn@s ós que son adecuados, atendendo a súa idade . Hai 4 grupos:

INFANTIL, 1º CICLO PRIMARIA, 2º CICLO PRIMARIA E  3º CICLO PRIMARIA.

Cada un dos grupos ten libros en GALEGO e en CASTELÁN.

Os libros levan no lombo unha etiqueta para axudar a localizalos. N quere dicir Narrativa,            Galego e  Castelán.

NG0 e NC0 son para INFANTIL.

NG1 e NC1 son para e de PRIMARIA

NG2 e NC2 son para e de PRIMARIA

NG3 e NC3 son para e de PRIMARIA

Outros libros teñen P ou T, segundo sexa poesía ou teatro, acompañado de G ou C, para Galego ou Castelán.

Os cómics están marcados C2/3G ou C2/3C para Galego ou Castelán.

Dentro de cada estante, os libros colócanse por orde alfabética polo apelido do autor/a.

 

Os libros que non son de préstamo están organizados por materias, seguindo a CLASIFICACIÓN DECIMAL UNIVERSAL (CDU).

Exemplo: 5(Ciencias), 8 (Literatura)

0 (Enciclopedias) 7(Belas artes, deportes, Música, xogos).

Exemplo de etiqueta:

NG3 : libro en Galego para 5º e 6º

FER : apelido autor/a

con : título do libro

 

                    SERVIZOS

ZONA DE CONSULTA: nesta zona atoparás os libros que conteñen información sobre moitos temas: dicionarios,enciclopedias,atlas,biografías,...

A biblioteca conta con oito ordenadores con conexión a internet, que che permitirá atopar información sobre calquer tema.

 

                                                                         

                                                         

ZONA DE LECTURA E TRABALLO: con mesas grandes e cadeiras nas que podes gozar da lectura comodamente e traballar en grupo ou individualmente.

                                            

                     

EXPOSITOR DE NOVIDADES: últimas incorporacións.

 

ZONA DE PRÉSTAMO: temos os libros clasificados en función de catro grupos, atendendo a súa idade: Infantil, 1º ciclo de Primaria, 2º ciclo de Primaria e 3º ciclo de Primaria.

                       

                     

ZONA DE AUDIOVISUAIS: equipada con ordenadores, pantalla, canón.

 

                                  PRÉSTAMOS

 

Debes presentar o teu carné de usuari@ para calquera préstamo ou devolución.Os préstamos e as devolucións sempre serán rexistradas mediante o programa MEIGA. Durante o tempo de préstamo o carné quedará na biblioteca.

Tanto para préstamo coma para devolución haberá que respectar o día que lle toca a cada curso.

HORARIO:   Recreo da mañá.

                

LUNS MARTES MÉRCORES XOVES VENRES
3º EP 1º EP 4º EP 5º e 6º EP 2º EP

 ALUMNADO: Tempo máximo 15 días (renovables).

AULAS: Tempo máximo 15 días(renovables).

 

Unha vez rematado o prazo de préstamo, o alumn@ ten a obriga de devolvelo sen esperar a que ninguén llo reclame. Penalizarase a aqueles alumn@s que non devolvan o libro no prazo indicado.

Pide axuda cando non consigas localizar o libro que necesitas. 

                    

 

Distribuir contido


by Dr. Radut