ORGANIZACIÓN DA BIBLIOTECA
Os libros para préstamo están colocados segundo o tipo de alumn@s ós que son adecuados, atendendo a súa idade . Hai 4 grupos:
INFANTIL, 1º CICLO PRIMARIA, 2º CICLO PRIMARIA E 3º CICLO PRIMARIA.
Cada un dos grupos ten libros en GALEGO e en CASTELÁN.
Os libros levan no lombo unha etiqueta para axudar a localizalos. N quere dicir Narrativa, G Galego e C Castelán.
NG0 e NC0 son para INFANTIL.
NG1 e NC1 son para 1º e 2º de PRIMARIA
NG2 e NC2 son para 3º e 4º de PRIMARIA
NG3 e NC3 son para 5º e 6º de PRIMARIA
Outros libros teñen P ou T, segundo sexa poesía ou teatro, acompañado de G ou C, para Galego ou Castelán.
Os cómics están marcados C2/3G ou C2/3C para Galego ou Castelán.
Dentro de cada estante, os libros colócanse por orde alfabética polo apelido do autor/a.
Os libros que non son de préstamo están organizados por materias, seguindo a CLASIFICACIÓN DECIMAL UNIVERSAL (CDU).
Exemplo: 5(Ciencias), 8 (Literatura)
0 (Enciclopedias) 7(Belas artes, deportes, Música, xogos).
Exemplo de etiqueta:
NG3 : libro en Galego para 5º e 6º
FER : apelido autor/a
con : título do libro
SERVIZOS
ZONA DE CONSULTA: nesta zona atoparás os libros que conteñen información sobre moitos temas: dicionarios,enciclopedias,atlas,biografías,...
A biblioteca conta con oito ordenadores con conexión a internet, que che permitirá atopar información sobre calquer tema.
ZONA DE LECTURA E TRABALLO: con mesas grandes e cadeiras nas que podes gozar da lectura comodamente e traballar en grupo ou individualmente.
EXPOSITOR DE NOVIDADES: últimas incorporacións.
ZONA DE PRÉSTAMO: temos os libros clasificados en función de catro grupos, atendendo a súa idade: Infantil, 1º ciclo de Primaria, 2º ciclo de Primaria e 3º ciclo de Primaria.
ZONA DE AUDIOVISUAIS: equipada con ordenadores, pantalla, canón.
PRÉSTAMOS
Debes presentar o teu carné de usuari@ para calquera préstamo ou devolución.Os préstamos e as devolucións sempre serán rexistradas mediante o programa MEIGA. Durante o tempo de préstamo o carné quedará na biblioteca.
Tanto para préstamo coma para devolución haberá que respectar o día que lle toca a cada curso.
HORARIO: Recreo da mañá.
LUNS | MARTES | MÉRCORES | XOVES | VENRES |
3º EP | 1º EP | 4º EP | 5º e 6º EP | 2º EP |
ALUMNADO: Tempo máximo 15 días (renovables).
AULAS: Tempo máximo 15 días(renovables).
Unha vez rematado o prazo de préstamo, o alumn@ ten a obriga de devolvelo sen esperar a que ninguén llo reclame. Penalizarase a aqueles alumn@s que non devolvan o libro no prazo indicado.
Pide axuda cando non consigas localizar o libro que necesitas.