Skip to Content

LETRAS GALEGAS 2024

XOGO DA SERPE

"XOGO DA SERPE" , é unha campaña dirixida aos nenos e nenas e aos seus pais e nais para animarlles a ir ao colexio con medios sostibles tales como camiñando, en bicicleta ou  en autobús. Consiste nun xogo fácil de poñer en práctica e útil. O xogo permite organizar outras actividades en paralelo para mellorar a educación de todos en materia de mobilidade, medio ambiente e saúde. O xogo da serpe comezou como un proxecto pequeno en Flandes (Bélxica) e aos poucos foi crecendo ata converterse nunha importante campaña europea, na que participan escolas en diferentes países. Os datos mostran que o xogo aumenta o número de viaxes á escola en modalidades sustentables. Para axudar a estender esta boa práctica en Europa, creouse a Rede do Xogo da Serpe formada polos Puntos Focais Nacionais de 18 países europeos. O propósito principal da rede é apoiar a campaña en cada país, ampliar o seu impacto e compartir os resultados e as experiencias entre os seus participantes.

http://www.trafficsnakegame.eu/spain/

Cada día que os alumnos/as realicen un desprazamento sostible ao colexio recibirán unha pegatina que irá colocada na serpe que se mostra na fotografía e que está situada no patio interior de E.I. Hai que conseguir 20 viaxes sostibles para completar cada circulo e pegalo na SERPE.  Unha vez que se atope chea a serpe os alumnos obterán premios e regalos segundo os puntos conseguidos. Participan os alumnos de Primaria e os de infantil.

O NOSO CENTRO NA REDE DO XOGO DA SERPE: http://www.trafficsnakegame.eu/spain/colegios/ceip-carlos-casares/

 



page | by Dr. Radut