Skip to Content

Plan Proxecta, Aliméntate ben, Mobilidade sostible e segura, Xogade

UDI O ATÚN E A SÚA CONSERVA

TÍTULO

     O ATÚN E A SÚA CONSERVA

ÁREAS QUE SON TRABALLADAS

Matemáticas, lingua galega, ciencias sociais e naturais e educación artística

 

 

DESCRICIÓN DA UDI

UD “O atún e a súa conserva”

XUSTIFICACIÓN DA UDI

 

A necesidade de coñecer as características dos peixes e a produción e a conserva do atún.

 

 

NIVEIS

 

1º E 2º de educación primaria

NA REVISTA ESCOLAR

Segue coa boa alimentación

REVISTA ESCOLAR 2016/17

XOGO DA SERPE

"XOGO DA SERPE" , é unha campaña dirixida aos nenos e nenas e aos seus pais e nais para animarlles a ir ao colexio con medios sostibles tales como camiñando, en bicicleta ou  en autobús. Consiste nun xogo fácil de poñer en práctica e útil. O xogo permite organizar outras actividades en paralelo para mellorar a educación de todos en materia de mobilidade, medio ambiente e saúde. O xogo da serpe comezou como un proxecto pequeno en Flandes (Bélxica) e aos poucos foi crecendo ata converterse nunha importante campaña europea, na que participan escolas en diferentes países. Os datos mostran que o xogo aumenta o número de viaxes á escola en modalidades sustentables. Para axudar a estender esta boa práctica en Europa, creouse a Rede do Xogo da Serpe formada polos Puntos Focais Nacionais de 18 países europeos. O propósito principal da rede é apoiar a campaña en cada país, ampliar o seu impacto e compartir os resultados e as experiencias entre os seus participantes.

http://www.trafficsnakegame.eu/spain/

Cada día que os alumnos/as realicen un desprazamento sostible ao colexio recibirán unha pegatina que irá colocada na serpe que se mostra na fotografía e que está situada no patio interior de E.I. Hai que conseguir 20 viaxes sostibles para completar cada circulo e pegalo na SERPE.  Unha vez que se atope chea a serpe os alumnos obterán premios e regalos segundo os puntos conseguidos. Participan os alumnos de Primaria e os de infantil.

O NOSO CENTRO NA REDE DO XOGO DA SERPE: http://www.trafficsnakegame.eu/spain/colegios/ceip-carlos-casares/

 

NA FRUTERÍA E PESCADERÍA

Este curso participamos en dous programas  , o PLAN DE CONSUMO DE FROITA FRESCA na escola co obxectivo de incrementar o consumo de FROITA e VERDURA,e no programa O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR, na modalidade PONLLE AS PILAS O TEU BOCATA (CONSERVAS DO MAR), as especies mariñas en conserva xunto cunha gran variedade de alimentos servirannos  para elaborar os nosos bocatas. Os peques de 5 vamos a coñecer un pouco mellor O MEXILLÓN. Así que decidimos facer unha visita a un supermercado da zona e visitamos as seccións de FROITERIA e PESCADERIA, logo fixemos a compra ,para eso previamente fixemos a LISTA do que tiñamos que mercar, xa que mañá faremos TALLER DE COCIÑA con mexillóns en conserva.Tamén mercamos  MANGOS porque os peques non coñecían esta froita, e ARANDANOS que recolectaban os INDIOS para comer, logo pasamos por caixa e pagamos, non olvidamos levar a bolsa para traer a compra e contribuir así ó coidado do MEDIO AMBIENTE.

Tamén os de 4 foron a visita ao supermercado, ao igual cos de 6º para ver o peixe e a froita no seu estado natural.

Supermercadores: EROSKI e MERCADONA

I CAN COOK ,YOU CAN COOK!!!

 Qué fixemos co que mercamos onte no super?...Pois o noso CHEF ADRIÁN , que era o encargado do día , preparou dúas ricas recetas: PATÉ DE MEXILLÓNS e MEXIllÓNS Ó VAPOR, dúas recetas moi sinxelas   que tiveron un gran ÉXITO entre os peques , que non deixaron máis que as cunchas dos MEXILLÓNS ... para traballar na aula.

Actividade na que participaron grupos de infantil e primaria.

PRUDENCIA ESTÁ DE CAMIÑO

Por en marcha un camiño escolar SEGURO e seguir apoiando unha MOBILIDADE SOSTIBLE  para que os nenos veñan á escola camiñando , a golpe de pedal  ou transporte compartido foi o proposito da iniciativa que iniciou a súa rodaxe o curso pasado e que xa está dando os seus froitos...non hai máis que ver a esta PANDILLA XENIAL A PEDALES DA CASA Á ESCOLA.

PROGRAMA EDUCATIVO ALIMENTES

Hoxe visitamos o supermercado GADIS para participar no programa educativo "ALIMENTES " que ten como obxectivo promover hábitos de vida saudables e o consumo responsable entre @s nen@s . Un monitor especializado guiou os peques ofrecendo consellos e pautas para un consumo responsable, basado nunha dieta equilibrada, reforzando a importancia de combinar unha alimentación saudable coa práctica da actividad física. Explicoulles a piramide alimentica, a información das etiquetas, como diferenciar os distintos tipos de carne e pescado...Os nosos peques descubriron moitas cousas que lle pasan desapercibidas cando van cos seus pais ou os seus avós.

Participaron nesta actividade promovida por Gadis o alumnado de infantil e de primaria.

ACUARIOS, ECOSISTEMAS E BARCOS

E que mellor día para inagurar a nosa exposición de ACUARIOS feitos polos peques e as súas familias, nos nosos ACUARIOS ademáis de moito traballo, creatividade e  orixinalidade había un protagonista que non faltou en ningún ACUARIO...non era outro que o MEXILLÓN,ata atopamos  BATEAS!!!

 

 

TAMÉN APEROS E BARCOS DE PESCA FORON PARTE DO PROXECTO

 

HISTORIA,MAXIA E MISTERIO NA ISLA DE SAN SIMÓN!!!

Os PIRATILLAS  fixemos unha excursión de fin de curso inolvidable a ISLA DE SAN SIMÓN, navegamos ata a illa  máis descoñecida da RÍA DE VIGO ,cargada de HISTORIA, MISTERIO e MAXIA ...Embarcamos no porto de Vigo , animación a bordo e no destino: xogos de pistas, actividades a MAR de divertidas ,discoteca a bordo ...e moita animación a cargo de  CRIS e ÓSCAR.

Distribuir contido


by Dr. Radut