Skip to Content

Comedor escolar, Transporte escolar

MENÚ OUTUBRO 2020

Fai click na imaxe para velo en Grande

FUNCIONAMENTO DO COMEDOR ESCOLAR PARA O CURSO 2020/2021

FAI CLICK NO IMAXE PARA VEO O DOCUMENTO ORIXINAL

MENÚ OUTUBRO 2019

MENÚ ABRIL 2019

MENÚ OUTUBRO 2018

Fai click na imaxe para ver o menú 

MENÚ SETEMBRO 2018

LISTAXE DEFINITIVA DO COMEDOR ESCOLAR PARA O CURSO 2017/2018

Publícase a listaxe definitiva do servizo de comedor para o curso 2017/18

 

 

 

CIRCULAR INFORMATIVA DO FUNCIONAMENTO DO COMEDOR PARA O CURSO 2017-2018

Seguindo o disposto na instrución 4/2017 da Secretaria Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e O.U , do que a continuación se indica: 

 SOLICITUDES E DOCUMENTACIÓN

Como solicitante dunha praza de comedor para o seu fillo/a, informámolo que debe cumplimentar os datos da súa Autodeclaración (premer para descargar) do seguinte xeito:

•APARTADO A) RENDA NETA IRPF 2016: Deben facerse as contas das casiñas e por o resultado ao lado da letra X.

•APARTADO B) MEMBROS DA UNIDADE FAMILIAR. Poñer o número ao lado da letra Y e cubrir as casiñas de declarante, cónxuxe e fillos.

•APARTADO C) RENDA NETA PER CÁPITA FAMILIAR = X/Y: Debe dividirse a cantidade resultante no apartado A entre o número de membros da unidade familiar que figuran no apartado B. e por o resultado ao lado das letras X/Y.

 Son usuarios gratuítos do servizo de comedor: 

•Familias en situación de exclusión social 

•Alumnos/as en acollemento 

•Alumnos/as con discapacidade igual ou superior ao 33% 

•Alumnos/as pertencentes a familias vítimas de terrorismo ou violencia de xénero. 

 

Número de prazas concedidas: 258 (273 en total, co persoal colaborador, cociña e docente)

Selección de usuarios. Para a selección de usuarios establécese a orde seguinte de preferencia: 

1.Alumnado usuario no curso anterior salvo que variasen as súas circunstancias. 

2.Alumnado usuario lexítimo do servizo do transporte escolar. 

3.Alumnado en situación de exclusión social ou con discapacidade igual ou superior ao 33%, certificadas polos servizos sociais ou municipais correspondentes. 

4.Familia numerosa, acreditado co correspondente título ou carné expedido para o efecto. 

5.Conciliación familiar e laboral. 

Se ambos os pais traballan e non poden atender ao seu fillo/a na hora de comer, remitimos a normativa que establece a Consellería para este curso: Alumnado fillo de pais e nais, titores legais ou acolledores familiares, traballadores ambos os dous con incompatibilidade dos seus horarios laborais co horario de saída do seu fillo/a ao mediodía, acreditada documentalmente, mediante documento expedido para o efecto polas/os respectivos empregadoras/ores, xunto cunha copia dos contratos de traballo, polas altas censuais iniciais ante a Axencia Estatal de Administración Tributaria e as modificacións posteriores e altas na Tesourería Xeral da Seguridade Social no réxime correspondente, de habelas e polas certificacións expedidas polas xefaturas de persoal correspondentes. Esta documentación sobre conciliación laboral e familiar presentarase en Secretaría, durante o mes de setembro, e sempre antes do 11/09/17. 

6. Alumnado escolarizado fóra da área de influencia. 

Prazos

Entrega de solicitudes: presentarase en Secretaría de 9:30 a 10:30 h. ata o 11/09/17. 

Con todo, na procura de axilizar o proceso, pódese entregar antes desta data en Secretaría antes do 5 de xullo (9.30-10.30)

Publicación lista provisionais e definitivas admitidos: en setembro de 2017. 

Importante: Causa de baixa no servizo: 

•Non estar ao corrente dos pagos: non se poderá facer uso do comedor mentres non se regularicen os pagos pendentes. 

•Non asistir durante un mes de xeito continuado coa frecuencia solicitada. 

•Os usuarios/as do servizo de comedor que en 3 ocasións non comuniquen a súa ausencia antes das 9.45 horas do día que deba ter efecto, poderán ser suspendidos pola Dirección do dereito de uso do servizo durante 10 días. 

Xinzo de Limia, 9  de xuño de 2017

A dirección do centro 

Distribuir contido


by Dr. Radut