Listaxes definitivas

Alumnado con reserva de praza no IES Santa Irene

No corcho do centro queda exposta a relación definitiva do alumnado admitido no IES Santa Irene procedente de centros adscritos, podedes pasar a consultala.

 

 

Admisión novo alumnado

 

 

 

 

Bo Nadal

A comunidade educativa do CEIP Canicouva deséxavos un bo nadal e un feliz aninovo!!!

 

 

Un Nadal para todos

Todos os nenos e nenas do cole traballamos para crear unha produción navideña e felicitar o Nadal a toda a comunidade educativa que forma o CEIP Canicouva.

Desfrutamos moitísimo do proceso, dende o primeiro contacto coa LSE, ata a gravación final de cada aula.

Levar a cabo esta actividade foi posible grazas a implicación de todos e todas, alumnado e profesorado.

Esperamos que vos guste e o disfrutedes coma nós.

 

BO NADAL!!

Un bo nadal para tod@s

Nas últimas semanas a noticia das escasas visitas que están a recibir os nosos maiores en residencias da terceira idade, fíxonos reflexionar e valorar que podíamos facer dende o cole para alegralos nestes días. O alumnado de sexto de primaria, os maiores do cole, crearon unha pequena peli de nadal para intentar sacarlles un sorriso, tamén elaboraron unha manualidade para cada usuario/a, un lápis de nadal cun desexo no seu envoltorio. E por outra parte todo o centro realizou unha postal cunha mensaxe de agarimo e ledicial para os maiores.

Nun primeiro momento pensamos en enviar á residencia de maiores de Campo Longo, que foi a que realizou o chamamento nos telexornais, pero estes días o seu director agradeceunos a iniciativa,  pero tras recibir un aluvión de postais e felicitacións de nadal convídanos a compartir con outras residencias a nosa iniciativa. Polo que despois de investigar a que residencias lles podería interesar a nosa iniciativa, as postais, os lápices e o video foron enviados a tres residencias diferentes. 

  


 

Inauguración comedor

 

O pasado 26 de novembro visitounos D. César Pérez Ares, Xefe territorial de educación da provincia de Pontevedra, xunto co noso inspector D. Gustavo Lorenzo Prozzo, coa finalidade de inaugurar oficialmente o noso novo comedor. Para este acto, xunto a Carlota Rey Regueiro actual directora do centro estivo con nós Mª Belén García Vázquez, directora do CEIP Canicouva ata o curso pasado e que participou activamente na demanda á Administración da necesidade dun novo comedor que asegurase un servizo axeitado para os 150 alumnos e alumnas que son usuarios do servizo.

 Durante o pasado verán a Consellería de Educación, Xunta de Galicia, tivo a ben aprobar a financiación do que supuxo unha remodelación total da planta baixa do noso centro educativo, o que derivou nun cambio e mellora radical dos baños, lavabos, vestiarios e un comedor novo que favoreceu a posibilidade de dobrar o aforo e polo tanto a confortabilidade do servizo.

 Esta remodelación, e a determinación da Xunta de Galicia por rematala a tempo, supuxo unha implicación moi importante durante os meses de xullo e agosto. Esta obra favoreceu que dende principio de curso, a dinámica do servizo de comedor e aula matinal mellorase de xeito substancial. Agora dispoñemos dun espazo agradable, novo e cómodo que permite sacar un partido de maior calidade a estes servizos e, en definitiva, mellorar a calidade da vida escolar don nosos cativos e cativas convertendo a escola nunha ampliación do fogar do alumnado.

 Toda a comunidade educativa que formamos o CEIP Canicouva queremos agradecer a D. César Pérez Ares que recollese as nosas inquedanzas e preocupacións respecto ás necesidades da nosa escola, e non dubidase en apostar polo noso centro, polo noso proxecto educativo que facilitará sen dúbida que a nosa comunidade medre cada ano.

Distribuir contido