FIN DE CURSO 2019 / 2020

Aquí vos deixamos unhas palabras para despedir este curso tan atípico e un calendario con datas importantes a ter en conta.

FIN DE CURSO E DESPEDIDA AOS ALUMNOS DE SEXTO DE PRIMARIA

Hoxe 19 de xuño remata este curso tan diferente a todos. Os alumnos de sexto rematan a súa estancia no centro e prepáranse para empezar en setembro unha nova etapa educativa (os seus estudos de ESO) no instituto. A maioría coincidirán no Santa Irene.

Deixámosvos aquí o enlace a un video no que os nen@s e tamén os mestr@s que lles deron clase durante toda a súa etapa de primaria desexan todo o mellor para esta nova etapa. Video

Distribuir contido