Blogue 6º EP

Un bo nadal para tod@s

Nas últimas semanas a noticia das escasas visitas que están a recibir os nosos maiores en residencias da terceira idade, fíxonos reflexionar e valorar que podíamos facer dende o cole para alegralos nestes días. O alumnado de sexto de primaria, os maiores do cole, crearon unha pequena peli de nadal para intentar sacarlles un sorriso, tamén elaboraron unha manualidade para cada usuario/a, un lápis de nadal cun desexo no seu envoltorio. E por outra parte todo o centro realizou unha postal cunha mensaxe de agarimo e ledicial para os maiores.

Nun primeiro momento pensamos en enviar á residencia de maiores de Campo Longo, que foi a que realizou o chamamento nos telexornais, pero estes días o seu director agradeceunos a iniciativa,  pero tras recibir un aluvión de postais e felicitacións de nadal convídanos a compartir con outras residencias a nosa iniciativa. Polo que despois de investigar a que residencias lles podería interesar a nosa iniciativa, as postais, os lápices e o video foron enviados a tres residencias diferentes. 

  


 

Unha tonelada de solidaridade

Hoxe dende a asociación AFAN viñeron a recoller os alimentos recollidos durante a campaña "Un camiño sinxelo para todos".
Ainda non sabemos se acadamos o obxectivo dunha tonelada que tiñamos marcado. O que si sabemos son as toneladas de ilusión, participación e implicación do alumnado e das familias neste reto. 
 
O agasallo de Nadal para o cole Canicouva foi consolidar o que xa comeza a ser una tradición, poder axudar na nosa contorna. Difícilmente poderíamos brindar aos nosos alumnos una experiencia de aprendizaxe máis realista.
 
GRAZAS a toda a comunidade educativa que forma o CEIP CANICOUVA en especial os cativos e cativas que cun sorriso sentiron este reto coma seu. 
 
Mención espacial ó alumnado de sexto que participou na montaxe do "spot" coa maior ilusión posible.
 
O equipo directivo e todo o claustro desexámosvos un Nadal cheo de esperanza, saude e felicidade.
 

FIN DE CURSO E DESPEDIDA AOS ALUMNOS DE SEXTO DE PRIMARIA

Hoxe 19 de xuño remata este curso tan diferente a todos. Os alumnos de sexto rematan a súa estancia no centro e prepáranse para empezar en setembro unha nova etapa educativa (os seus estudos de ESO) no instituto. A maioría coincidirán no Santa Irene.

Deixámosvos aquí o enlace a un video no que os nen@s e tamén os mestr@s que lles deron clase durante toda a súa etapa de primaria desexan todo o mellor para esta nova etapa. Video

Distribuir contido