Avisos

Axudas para libros de texto e material escolar

Dende hoxe, 21 de maio, ata o vindeiro 21 de xuño está aberto o prazo para solicitar as axudas da Xunta para a compra de mateiral escolar e libros de texto para o vindeiro curso.

Alumnado con reserva de praza no IES Santa Irene

No corcho do centro queda exposta a relación definitiva do alumnado admitido no IES Santa Irene procedente de centros adscritos, podedes pasar a consultala.

 

 

Axudas municipais de libros, material escolar e comedor. Concello de Vigo

 AXUDAS MUNICIPAIS DE LIBROS, MATERIAL ESCOLAR E COMEDOR PARA ALUMNOS/AS DE CENTROS DOCENTES PÚBLICOS E PRIVADOS CONCERTADOS DE EDUCACIÓN INFANTIL (2ºCICLO), EDUCACIÓN PRIMARIA E SECUNDARIA. CONCELLO DE VIGO

 

Dende o centro fixemos un resumo cos aspectos máis relevantes por se vos serve de axuda. Para calquera información contactade directamente co Concello de Vigo.

 

TIPOS DE AXUDAS

  1. Axudas para a adquisición de libros e material escolar para Educación Infantil (2ª ciclo). Inclúese: mandilón, chándal, zapatillas deportivas, material informático e material funxible, mochila, uniforme, máscaras, etc.
    • Coantía: 100 € por alumno/a que se abonaran O pagamento destas axudas realizarase dunha soa vez mediante transferencia bancaria á conta da persoa solicitante da axuda, previa presentación das facturas orixinais do gasto realizado.
  2. Axudas para comedores escolares (de setembro a xuño, ámbolos dous incluídos) para alumnos/as matriculados/as nos niveis de Educación Infantil (2ª etapa), Educación Primaria e Educación Secundaria Obrigatoria.
    • Coantía: será como máximo 41  € por neno/a e mes.

  

DATAS E LUGAR DE PRESENTACIÓN

 

  • Prazo: Dende o 12 de xullo vinte (20) días hábiles
  •  Os/as solicitantes das axudas presentarán as súas solicitudes a través do Rexistro xeral municipal ou por calquera dos medios previstos no Art. 16.4 da L.39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas (LPACAP). NON HAI QUE PRESENTAR NADA NO COLE

 

Para máis información (requisitos, documentación a presentar, incompatiilides, etc.) podedes consultar o seguinte enlace ou os arquivos adxuntos.

 

Se tedes calquera dúbida podedes contactar co concello nos seguintes números de teléfono: 010: para chamadas realizadas desde teléfonos fixos del municipio de Vigo(para chamadas realizadas dentro do municipio de Vigo), 986 810 260 (chamadas dende fora do municipio ou dende o teléfono móbil)

 

 

 

 

Calendario escolar curso 2022-2023

Hoxe publicouse no DOG a ORDE do 20 de maio de 2022 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2022/23 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia..

Deixamos un resumo coas datas máis relevantes de cara a conciliación familiar.

 

 

Para información máis detallada podedes consultar a seguinte ligazón

Axudas para alumnado con NEAE

O 18 de maio publicouso no BOE as axudas para alumnado con Necesidades Específicas de Apoio Educativo. 

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN extendese dende o 19 de MAIO ATA O 30 de SETEMBRO de 2022, PERO NON O DEIXES PARA ESE DÍA, PORQUE TES QUE PRESENTALO NO CENTRO CORRECTAMENTE CUMPRIMENTADO, ASINADO E CUBERTO POLO GABINETE PEDAGÓXICO ANTES DESA DATA


 

Comunicado familias. Xestión sanitaria no contexto escolar 17/01/2022


Achegamos información sobre o novo protocolo da xestión sanitaria no contexto escolar. Pinche no documento adxunto para consultar a información.

Enquisa de diagnose da convivencia escolar

PARTICIPAR 

Lémbrade que podedes participar do 12 ao 29 de abril , ambos inclusive  .

Distribuir contido