Axudas municipais de libros, material escolar e comedor. Concello de Vigo

 AXUDAS MUNICIPAIS DE LIBROS, MATERIAL ESCOLAR E COMEDOR PARA ALUMNOS/AS DE CENTROS DOCENTES PÚBLICOS E PRIVADOS CONCERTADOS DE EDUCACIÓN INFANTIL (2ºCICLO), EDUCACIÓN PRIMARIA E SECUNDARIA. CONCELLO DE VIGO

 

Dende o centro fixemos un resumo cos aspectos máis relevantes por se vos serve de axuda. Para calquera información contactade directamente co Concello de Vigo.

 

TIPOS DE AXUDAS

  1. Axudas para a adquisición de libros e material escolar para Educación Infantil (2ª ciclo). Inclúese: mandilón, chándal, zapatillas deportivas, material informático e material funxible, mochila, uniforme, máscaras, etc.
    • Coantía: 100 € por alumno/a que se abonaran O pagamento destas axudas realizarase dunha soa vez mediante transferencia bancaria á conta da persoa solicitante da axuda, previa presentación das facturas orixinais do gasto realizado.
  2. Axudas para comedores escolares (de setembro a xuño, ámbolos dous incluídos) para alumnos/as matriculados/as nos niveis de Educación Infantil (2ª etapa), Educación Primaria e Educación Secundaria Obrigatoria.
    • Coantía: será como máximo 41  € por neno/a e mes.

  

DATAS E LUGAR DE PRESENTACIÓN

 

  • Prazo: Dende o 12 de xullo vinte (20) días hábiles
  •  Os/as solicitantes das axudas presentarán as súas solicitudes a través do Rexistro xeral municipal ou por calquera dos medios previstos no Art. 16.4 da L.39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas (LPACAP). NON HAI QUE PRESENTAR NADA NO COLE

 

Para máis información (requisitos, documentación a presentar, incompatiilides, etc.) podedes consultar o seguinte enlace ou os arquivos adxuntos.

 

Se tedes calquera dúbida podedes contactar co concello nos seguintes números de teléfono: 010: para chamadas realizadas desde teléfonos fixos del municipio de Vigo(para chamadas realizadas dentro do municipio de Vigo), 986 810 260 (chamadas dende fora do municipio ou dende o teléfono móbil)

 

 

 

 

AnexoTamaño
AVISO_3003.PDF176.85 KB
AVISO_3002.PDF310 KB