Matrícula

Proceso de admisión (Alumnado que comeza no centro no curso 2024-2025)

COMO REALIZAR O TRÁMITE DE ADMISIÓN E MATRICULA

  • De xeito presencial no cole: Debes descargar a solicitude de admisión e entregala no centro do 1 ao 20 de marzo, de luns a venres en horario de 09:00 a 14:00 horas xunto coa documentación precisa (libro de familia, sentenza de separeción, acreditación de necesiades especiais...)

SOLICITUDE: Galego

SOLICITUD: Castelán

  • De xeito electrónico: Aquí poderás realizar o trámite.

Se non puideches asistir á Xornada de Portas Abertas, podes acudir ao centro no mesmo horario para que che proporcionemos o documento de solicitude de admisión.

DOCUMENTACIÓN RELATIVA AO PROCESO DE ADMISIÓN

PRAZOS PROCESO DE ADMISIÓN E MATRICULA
 
Se tes algunha dúbida cos prazos do procedemento podes botar unha ollada aquí
 
NORMATIVA QUE REGULA O PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN E MATRÍCULA:
 

 

 

 

Admisión alumnado curso 2024-2025

Achegamos calendario do proceso de admisión do alumando para o vindeiro curso 2024-205

 

Portas Abertas. Matricula curso 2024-2025

O período de Admisión de alumnado para o vindeiro curso 2024-25 está establecido dende o 1 ao 20 de marzo,  ámbolos dous incluídos.

 

Neste contexto, coa finalidade de que as familias interesadas coñezan o centro e o noso proxecto educativo levaremos a cabo as xornadas de portas abertas.

 

Realizaremos visitas o día 22, 23, 26 e 28 febreiro ás 16.00 h., en pequenos grupos e con cita previa a fin de poder atender a tódalas vosas dúbidas.

 

É preciso reservar praza para a visita no teléfono do centro 886 12 02 37, indicando cal é a preferencia de día e os datos da persoa que solicita a visita. 

 

Calquera dúbida que poda xurdir estaremos encantados de axudarvos.

 

Agardámosvos!!!!

 

 
 

 

Admisión alumnado centros adscritos curso 2024/2025

Achegamos información relativa ao procedemento de admisión de alumnado en centros adscritos para o curso 2024/2025.

O prazo de presentación de solicitudes abranguerá do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro do 2024, ambos incluídos.

Tanto a presentación das solicitudes como a consulta das listaxes de admitidos, que se publicarán o día 22 de febreiro, deberán realizarse no centro no que está matriculado o alumnado no presente curso ou a través da aplicación admisionalumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/)

 

Listaxes definitivas

Matrícula curso 22-23

Documentos necesarios para a formalización da matrícula. Lembrade que é ata o día 30 de xuño e tamén hai que traer fotocopia da cartilla de vacinas e fotocopia da tarxeta sanitaria.

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2022/2023

Prezadas familias,

Publicamos, a continuación, as vacantes escolares dispoñibles no noso centro para o vindeiro curso 2022-2023. Lembramos que, segundo o calendario de admisión (que podedes consultar neste enlace), a presentación de solicitudes de praza abrangue do 1 ao 21 do presente mes de marzo.

 

 

 

Destinatarios:

  •  Alumnadode nova incorporación que solicita praza no noso centro.

Solicitude: A solicitude de admisión do alumnado pode facerse de dous xeitos:

  • Presencial: Presentando o impreso ED550B xunto co libro de familia
  • De xeito telématico: No portal de "Admisión ALumnado"

 Listaxe provisional:

  •  Antes do 25 de abril, será publicada no taboleiro de novas a relación nominal de todo o alumnado admitido e non admitido por curso.
    • Por mor da protección de datos, non será facilitada información algunha telefónicamente.

 Listaxe definitiva:

  •  Antes do 15 de maio no  taboleiro de anuncios do centro será publicada a relación nominal de todo o alumnado admitido e non admitido por curso.

 Para calquera consulta referida ao proceso de admisión, podedes contactar co centro en horario lectivo ( 886 120 237).

 

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2022_2023

Achegamos información sobre o prazo de admision e reserva de praza para o vindeiro curso 2022-2023

 

Calendario admisión y matricula curso 2021-2022 de Nerea RR

 

Pode consultarse a información oficial e a normativa aplicable en: http://www.edu.xunta.gal/portal/node/35990

Portas abertas

O periodo de Admisión de alumnado para o vindeiro curso 2022-23 está establecido dende o 1 ao 20 de marzo ambos incluidos. 
 
Neste contexto, coa finalidade de que as familias interesadas coñezan o centro e o noso proxecto educativo, levaremos a cabo as xornadas de portas abertas
 
Debido a situación sanitaria na que nos atopamos, realizaremos visitas do 17 ao 23 de febreiro de 16.00 h. a 17.00 h., en pequenos grupos e con cita previa. Dada a necesidade de manter as medidas de seguridade, únicamente poderá acudir un membro da unidade familiar por cada solicitante. 
 
É preciso reservar praza para a visita no teléfono do centro 886 12 02 37, indicando cal é a preferencia de día e os datos da persoa que acudirá. 
 
Calquer dúbida que poda xurdir, estaremos encantados de axudarvos.
 
 
 
 

Documentación REALIZACIÓN MATRÍCULA

 

DOCUMENTACIÓN REQUERIDA PARA REALIZAR A MATRÍCULA

  •  Impreso matrícula Xunta cuberto
  • Impreso matrícula centro cuberto
  •  Fotocopia Cartilla de vacinas
  • Fotocopia Tarxeta sanitaria do alumno
  •  dúas fotos tamaño carnet
  •  Impreso Lingua materna (só para 4º de Ed. Infantil)
  • Anexo A cuberto
  •  En caso de Separación, fotocopia sentenza ou outra documentación acreditativa.
  •   Todos os impresos terán que vir firmados polos dous proxenitores.

Nos adxuntos atoparán os documentos que deberán entregar para solicitar praza no periodo de admisión e tamén os que teñen que achegar para facer efectiva a matrícula correspondente.

Distribuir contido