Portas abertas

O periodo de Admisión de alumnado para o vindeiro curso 2022-23 está establecido dende o 1 ao 20 de marzo ambos incluidos. 
 
Neste contexto, coa finalidade de que as familias interesadas coñezan o centro e o noso proxecto educativo, levaremos a cabo as xornadas de portas abertas
 
Debido a situación sanitaria na que nos atopamos, realizaremos visitas do 17 ao 23 de febreiro de 16.00 h. a 17.00 h., en pequenos grupos e con cita previa. Dada a necesidade de manter as medidas de seguridade, únicamente poderá acudir un membro da unidade familiar por cada solicitante. 
 
É preciso reservar praza para a visita no teléfono do centro 886 12 02 37, indicando cal é a preferencia de día e os datos da persoa que acudirá. 
 
Calquer dúbida que poda xurdir, estaremos encantados de axudarvos.