Situación

SITUACIÓN

Concello de Vigo

  • O C.E.I.P. Canicouva está situado na parroquia de Castrelos en Vigo (Pontevedra). Neste centro impártense as etapas educativas de Educación Infantil e Educación Primaria.
  • Vigo é unha cidade portuaria situada na provincia de Pontevedra, xunto á Ría de Vigo. É o municipio máis poboado da provincia e de toda Galicia
  • Destaca a importancia comercial do seu porto que ocupa o posto número 1 no mercado pesqueiro de Europa. Asemesmo, é o principal núcleo industrial de Galicia, destacando a industria automobilística (a segunda factoría do grupo PSA Peugeot-Citroën en Europa está situada en Vigo) e a construcción naval.

Fotos de Vigo  

A ponte de Rande une Vigo coa península do Morrazo

 Información sobre as illas 

As Illas Cíes, situadas na Ría de Vigo, forman parte do Parque Nacional das Illas Atlánticas

 Web porto de Vigo

Vista aérea de Vigo e o seu porto

 

O NOSO CONTORNO

A carón do noso colexio está o parque urbano máis grande de Vigo, cunha extensión de 22.000 metros cadrados. O parque Quiñones de León foi unha grandiosa finca pertencente ó nobre que hoxe dá nome a dito parque.

Árbores centenarias das máis variadas especies esténdense en torno a unha finca señorial onde se atopa un antigo auditorio ó aire libre que se utiliza para a celebración de concertos e festivais no verán.Tamén se atopa aquí o Pazo Quiñones de León (considerado un dos tres mellores pazos de Galicia) rodeado duns grandes xardíns que limitan co río Lagares.O pazoten a súa orixe na Torre da Lavandeira, abandoada trala retirada do exército portugués entre os anos 1665 e 1670. O antigo edificio fora tributario da Ordedo Temple, converténdose en torre no século XVI. Este pazo é, dende os anos trinta, de propiedade pública e alberga un importante museo.

 

Distribuir contido