Instalacións

Inauguración comedor

 

O pasado 26 de novembro visitounos D. César Pérez Ares, Xefe territorial de educación da provincia de Pontevedra, xunto co noso inspector D. Gustavo Lorenzo Prozzo, coa finalidade de inaugurar oficialmente o noso novo comedor. Para este acto, xunto a Carlota Rey Regueiro actual directora do centro estivo con nós Mª Belén García Vázquez, directora do CEIP Canicouva ata o curso pasado e que participou activamente na demanda á Administración da necesidade dun novo comedor que asegurase un servizo axeitado para os 150 alumnos e alumnas que son usuarios do servizo.

 Durante o pasado verán a Consellería de Educación, Xunta de Galicia, tivo a ben aprobar a financiación do que supuxo unha remodelación total da planta baixa do noso centro educativo, o que derivou nun cambio e mellora radical dos baños, lavabos, vestiarios e un comedor novo que favoreceu a posibilidade de dobrar o aforo e polo tanto a confortabilidade do servizo.

 Esta remodelación, e a determinación da Xunta de Galicia por rematala a tempo, supuxo unha implicación moi importante durante os meses de xullo e agosto. Esta obra favoreceu que dende principio de curso, a dinámica do servizo de comedor e aula matinal mellorase de xeito substancial. Agora dispoñemos dun espazo agradable, novo e cómodo que permite sacar un partido de maior calidade a estes servizos e, en definitiva, mellorar a calidade da vida escolar don nosos cativos e cativas convertendo a escola nunha ampliación do fogar do alumnado.

 Toda a comunidade educativa que formamos o CEIP Canicouva queremos agradecer a D. César Pérez Ares que recollese as nosas inquedanzas e preocupacións respecto ás necesidades da nosa escola, e non dubidase en apostar polo noso centro, polo noso proxecto educativo que facilitará sen dúbida que a nosa comunidade medre cada ano.

Instalacións

AULAS DE EDUCACIÓN INFANTIL

  •  As aulas están decoradas e organizadas para favorecer un ambiente de traballo agradable e motivador.
  • Todas as  aulas de infantil están dotadas de abundante material axeitado a cada nivel.
  • As aulas son espaciosas e luminosas.
  • Créanse distintos rincóns de traballo e lecer onde os nenos e nenas se sintan a gusto.
  • Todas contan con ordenador e proxector.

AULAS DE PRIMARIA

  • Cada aula de Primaria está adaptada ás necesidades do alumnado segundo os distintos niveis.
  • A ausencia de masificación nas aulas permite unha atención máis personalizada e a creación de distintos espacios de traballo.
  • As aulas son espaciosas e nelas prima un bo ambiente de traballo.
  • Todas contan con ordenador e proxector e as de 5º e 6º de Primaria teñen pizarra interactiva.

AULAS DE IDIOMAS

  • O colexio ten dúas aulas de Inglés para Infantil e Primaria. Ambas están dotadas con ordenador e proxector.
  • Cada aula está organizada para adecuarse ás necesidades do alumnado que traballa nela. 

AULA DE MÚSICA

  • A aula de Música está insonorizada e nela os nenos e nenas comezan a súa formación musical dende os tres anos.
  • Esta aula conta cunha completa dotación de instrumentos musicais e cun equipo reproductor de música, ordenador, roxector  e pizarra interactiva.

AULA DE PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA

  • A aula de Pedagoxía Terapéutica é un lugar acolledor onde o alumnado acode de forma individual ou en pequeno grupo para reforzar o traballo realizado nas aulas.
  • Esta aula está dotada de material diverso e conta cun ordenador como elemento de traballo motivador que ofrece numerosas posibilidades.

AULA DE AUDICIÓN E LINGUAXE

  • A aula de Audición e LInguaxe está organizada en distintos espacios onde cada neno pode realizar o seu traballo de forma individualizada e coa concentración precisa.
  • Esta aula está dotada de todos o medios necesarios para ofrecer a cada neno o material necesario para desenvolver o seu traballo.

AULA DE PSICOMOTRICIDADE

  • O alumnado de  Ed. infantil ten un espacio propio para traballar de forma específica a psicomotricidade.
  • A aula de psicomotricidade está dotada de material propio que se adecúa totalmente ás necesidades dos nosos nenos e nenas.

XIMNASIO E SALÓN DE ACTOS

  • Na planta baixa hai un Ximnasio no que se compaxinan as clases de Educación Física co uso como salón de actos.
  • Anexo ao mesmo, a ambos lados, están os vestiarios.
  • Dentro do ximnasio hai un escenario abatible motorizado que se baixa e acondiciona para as distintas atuacións e representacións teatrais.

AULA DE INFORMÁTICA

  • A aula de informática conta con varios  ordenadores con conexión de alta velocidade.

PATIO DE EDUCACIÓN INFANTIL

  • O patio de Ed.  infantil é espacioso e combina perfectamente os lugares de sol e sombra, o cal o fai acolledor tanto na época de inverno coma na de calor.
  • Este patio está dotado con diversos elementos de xogo que amenizan o tempo de recreo dos máis pequenos.
  • Os nenos e nenas disfrutan deste espacio durante o seu tempo de recreo.

PATIOS DE PRIMARIA

  • Contamos cun patio cuberto, unha pista polideportiva e un patio de terra donde se reparten @s nen@as dos diferentes niveis de primaria
  • O porche do colexio serve tamén  de patio cuberto para os días de chuvia e como lugar de ocio alternativo para aqueles nenos e nenas que buscan outras formas de xogo.

BIBLIOTECA

  • O centro ten unha espaciosa Biblioteca cunha ampla oferta de libros de lectura e consulta a disposición de todo o alumnado e profesorado.
  • O rexistro de libros e o sistema de préstamo está informatizado para optimizar o seu funcionamento e facilitar a localización dos libros solicitados.
  • Ademáis de libros, tamén conta con varios ordenadores para que os alumnos poidan traballar.

SALA DO PROFESORADO E DESPACHOS

  • Na primeira planta atópase a sala do profesorado, lugar de traballo e de encontro.
  • Unha pequena sala de espera acolle ás persoas que agardan para ser atendidas polo equipo directivo.
  • A secretaría do colexio está dotada de todos os medios necesarios para ofrecer un servicio rápido e eficaz.
  • Os distintos despachos son un lugar de traballo e de encontro cos distintos membros da comunidade escolar.

COMEDOR

  • O colexio conta con servicio de comedor dispoñible para todo o alumnado que o solicite, sempre que haxa prazas.
  • O comedor está sempre supervisado por coidadoras que se encargan de organizar o momento da comida e o posterior recreo.
  • O horario de comedor é de 14 h. a 16 h.
  • Este servicio está xestionado pola ANPA do centro e depende do Concello de Vigo.

A nosa horta

Contar con un horto escolar aporta múltiples beneficios aos menores. Dalles a oportunidade de coñecer de onde veñen os alimentos que consumen no seu día a día, fomenta a importancia dunha alimentación saudable.
Hai moitos máis beneficios das actividades que alí se realizan como  é a mellora da motricidade, tanto fina como grosa; a importancia do traballo en equipo, cultivo da paciencia ou educación Ambiental.
Cada curso escolar cada aula ten unha pequena parcela na que poden cultivar as hortalizas ou froitas que desexen. Ao mesmo tempo que cultivan as especies escollidas tamén aprenden sobre elas.

Distribuir contido