ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2022/2023

Prezadas familias,

Publicamos, a continuación, as vacantes escolares dispoñibles no noso centro para o vindeiro curso 2022-2023. Lembramos que, segundo o calendario de admisión (que podedes consultar neste enlace), a presentación de solicitudes de praza abrangue do 1 ao 21 do presente mes de marzo.

 

 

 

Destinatarios:

  •  Alumnadode nova incorporación que solicita praza no noso centro.

Solicitude: A solicitude de admisión do alumnado pode facerse de dous xeitos:

  • Presencial: Presentando o impreso ED550B xunto co libro de familia
  • De xeito telématico: No portal de "Admisión ALumnado"

 Listaxe provisional:

  •  Antes do 25 de abril, será publicada no taboleiro de novas a relación nominal de todo o alumnado admitido e non admitido por curso.
    • Por mor da protección de datos, non será facilitada información algunha telefónicamente.

 Listaxe definitiva:

  •  Antes do 15 de maio no  taboleiro de anuncios do centro será publicada a relación nominal de todo o alumnado admitido e non admitido por curso.

 Para calquera consulta referida ao proceso de admisión, podedes contactar co centro en horario lectivo ( 886 120 237).