Admisión alumnado centros adscritos curso 2024/2025

Achegamos información relativa ao procedemento de admisión de alumnado en centros adscritos para o curso 2024/2025.

O prazo de presentación de solicitudes abranguerá do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro do 2024, ambos incluídos.

Tanto a presentación das solicitudes como a consulta das listaxes de admitidos, que se publicarán o día 22 de febreiro, deberán realizarse no centro no que está matriculado o alumnado no presente curso ou a través da aplicación admisionalumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/)

 

AnexoTamaño
Solicitude de reserva en galego ED550A-G1.23 MB
Solicitud de reserva castellano ED550A1.34 MB