Blogue de admin

23 de febreiro- Día de Rosalía

Hoxe celebramos o Día de Rosalía. O alumnado do cole elaborou conxuntamente e de maneira colaborativa un collage e un Podcast sobre a figura de Rosalía de Castro.

 

 

Festa fin de ano. 21 de decembro de 2023 (xoves)

Publicación de listaxes fondo libros e recollida de Vales de Libros e Vales de Material

Listaxe provisional: 4 de xullo

Prazo de reclamación : Os días 5 e 6 de xullo.

Listaxe definitiva: 10 de xullo

 

Para ver as listas poderán facelo da seguinte maneira:

  • Publicación nas portas interiores do centro.

 

  • Por teléfono no  886120237 de 10:00 h a 13:00h.

 

  • Por correo

electrónico: ceip.canicouva@edu.xunta.gal

 

  • Coa chave 365 ou con o DNI electrónico na aplicación FONDO LIBROS no seu expediente .

 

Recollida de VALES DE LIBROS 1º EP e 2º EP

VALES DE MATERIAL de 1ºEP  a 6ªEP

Os días 10, 11, 12 de xullo

ou a partir do día 4 ata o 8 de setembro

de 10:00h a 13:00h (a partir desta data será en horario de secretaría)

A recollida será realizada polo pai/nai/titor ou unha persoa debidamente autorizada .

Listaxes definitivas

Admisión novo alumnado

 

 

 

 

Un bo nadal para tod@s

Nas últimas semanas a noticia das escasas visitas que están a recibir os nosos maiores en residencias da terceira idade, fíxonos reflexionar e valorar que podíamos facer dende o cole para alegralos nestes días. O alumnado de sexto de primaria, os maiores do cole, crearon unha pequena peli de nadal para intentar sacarlles un sorriso, tamén elaboraron unha manualidade para cada usuario/a, un lápis de nadal cun desexo no seu envoltorio. E por outra parte todo o centro realizou unha postal cunha mensaxe de agarimo e ledicial para os maiores.

Nun primeiro momento pensamos en enviar á residencia de maiores de Campo Longo, que foi a que realizou o chamamento nos telexornais, pero estes días o seu director agradeceunos a iniciativa,  pero tras recibir un aluvión de postais e felicitacións de nadal convídanos a compartir con outras residencias a nosa iniciativa. Polo que despois de investigar a que residencias lles podería interesar a nosa iniciativa, as postais, os lápices e o video foron enviados a tres residencias diferentes. 

  


 

Composición Consello Escolar

Inauguración comedor

 

O pasado 26 de novembro visitounos D. César Pérez Ares, Xefe territorial de educación da provincia de Pontevedra, xunto co noso inspector D. Gustavo Lorenzo Prozzo, coa finalidade de inaugurar oficialmente o noso novo comedor. Para este acto, xunto a Carlota Rey Regueiro actual directora do centro estivo con nós Mª Belén García Vázquez, directora do CEIP Canicouva ata o curso pasado e que participou activamente na demanda á Administración da necesidade dun novo comedor que asegurase un servizo axeitado para os 150 alumnos e alumnas que son usuarios do servizo.

 Durante o pasado verán a Consellería de Educación, Xunta de Galicia, tivo a ben aprobar a financiación do que supuxo unha remodelación total da planta baixa do noso centro educativo, o que derivou nun cambio e mellora radical dos baños, lavabos, vestiarios e un comedor novo que favoreceu a posibilidade de dobrar o aforo e polo tanto a confortabilidade do servizo.

 Esta remodelación, e a determinación da Xunta de Galicia por rematala a tempo, supuxo unha implicación moi importante durante os meses de xullo e agosto. Esta obra favoreceu que dende principio de curso, a dinámica do servizo de comedor e aula matinal mellorase de xeito substancial. Agora dispoñemos dun espazo agradable, novo e cómodo que permite sacar un partido de maior calidade a estes servizos e, en definitiva, mellorar a calidade da vida escolar don nosos cativos e cativas convertendo a escola nunha ampliación do fogar do alumnado.

 Toda a comunidade educativa que formamos o CEIP Canicouva queremos agradecer a D. César Pérez Ares que recollese as nosas inquedanzas e preocupacións respecto ás necesidades da nosa escola, e non dubidase en apostar polo noso centro, polo noso proxecto educativo que facilitará sen dúbida que a nosa comunidade medre cada ano.

Donación navideña alimentos non perecedoiros

Distribuir contido