Itinerario lector

Achegamos o itinerario lector para o curso 2023-24 para toda Primaria.

As lecturas comezarán cando cada titor/titora indique para a súa aula.

 

 

Instruccións Inglés

Nos arquivos adxuntos podedes atopar as instrucións para acceder ao contido dixital da material de inglés.

Educación infantil: AMANDA 

 

Educación Primaria: GO FAR!

Entrega de premios FICBUEU

Como determinamos a través de Abalar adxuntamos a información da xornada do 23 de septembro da entrega de premios de curtometraxes escolares do Festival Internacional de Cinema de Bueu (FICBUEU) que terá lugar con Centro social do Mar (Bueu).

 

 

Podedes atopar máis información sobre o Festival e as actividades que organizan en: https://www.ficbueu.com/es/

 

Publicación de listaxes fondo libros e recollida de Vales de Libros e Vales de Material

Listaxe provisional: 4 de xullo

Prazo de reclamación : Os días 5 e 6 de xullo.

Listaxe definitiva: 10 de xullo

 

Para ver as listas poderán facelo da seguinte maneira:

  • Publicación nas portas interiores do centro.

 

  • Por teléfono no  886120237 de 10:00 h a 13:00h.

 

  • Por correo

electrónico: ceip.canicouva@edu.xunta.gal

 

  • Coa chave 365 ou con o DNI electrónico na aplicación FONDO LIBROS no seu expediente .

 

Recollida de VALES DE LIBROS 1º EP e 2º EP

VALES DE MATERIAL de 1ºEP  a 6ªEP

Os días 10, 11, 12 de xullo

ou a partir do día 4 ata o 8 de setembro

de 10:00h a 13:00h (a partir desta data será en horario de secretaría)

A recollida será realizada polo pai/nai/titor ou unha persoa debidamente autorizada .

Creación de novos grupos ao finalizar cada ciclo

Estimadas familias, 

Durante o pasado curso o claustro renovou diferentes documentos de centro. Estes  documentos conforman a contextualización e autonomía pedagóxica dos centros educativos respecto á lexislación vixente en ámbitos de educación. Entre os documentos que actualizamos, atópase as NOF: as normas de organización e funcionamento do noso centro. Podedes atopalas na páxina web coma outros documentos polos que rexemos as nosas actuacións.

Dentro da elaboración deste documento, enfrontámonos a nivel de claustro a unha cuestión que tradicionalmente é controvertida, e despois de debatelo e consensualo, por unanimidade, todo o claustro votou a favor de mesturar os grupos na finalización do ciclo de Infantil, ao final de segundo e de cuarto de EP, polo que dende setembro estarán mesturados. 

Os motivos son moi diversos, e como profesionais do ámbito pedagóxico, estudando experiencias similares e escoitando vivencias de mestura noutros centros, non temos ningunha dúbida de que vai resultar unha mellora absoluta na conformación de grupos plurais, equitativos, que favorezan o proceso ensino-aprendizaxe, a inclusión escolar e que conformen o modelo escolar  que perseguimos. 

A continuación recollemos o fragmento literal que aparece nas NOF do noso centro:

"Crear novos grupos ao finalizar cada ciclo

Ao finalizar a etapa de Educación Infantil co peche do ciclo de Infantil e ao finalizar o primeiro e segundo ciclo de Primaria, farase unha redistribución dos dous grupos buscando no inicio do novo ciclo grupos-aula nos que prime a equidade. Baixo un criterio pedagóxico inclusivo que favoreza o desenvolvemento integral do alumnado se chega a este acordo. A finalidade desta medida é compensar os grupos favorecendo a equidade e facilitando así os vínculos e lazos entre os membros dun mesmo nivel.

Por outra banda, adoptando esta medida, facilítase a inclusión escolar da totalidade do alumnado evitando a posible etiquetaxe do alumnado que presente necesidades ou dificultades de aprendizaxe. Ademais rompen burbullas sociais que en ocasións non facilitan o desenvolvemento do proceso de socialización e do progreso das habilidades sociais, e en consecuencia do ámbito social do alumnado.

Para a creación dos novos grupos realizarase unha reunión a finais do mes de xuño cos seguintes membros: xefatura de estudos, xefatura departamento de orientación, titores/as do curso que finaliza e, de ser o caso, especialista de PT/AL. Nesta reunión os titores/as trasladarán as aportacións do equipo de mestres/as que imparten docencia na aula, transmitidas na última sesión de avaliación (3º trimestre). Para a confección dos novos grupos teranse en conta os seguintes criterios, todos eles co mesmo peso, partindo do 50% de cambio de grupo aproximadamente:

- Distribución equitativa entre alumnas e alumnos.

- Alumnado que non promociona. Como norma xeral, se hai máis de un, divídense entre as dúas aulas.

- Alumnado con NEAE.

- Alumnado de nova incorporación ao centro, no caso de que sexa máis de 1 irán 1 para cada clase.

- Alumnado de incorporación tardía ao sistema educativo español

- Diferenzas significativas de rendemento escolar, tendo en conta as materias instrumentais.

- Presenza de alumnado que presenta problemas de convivencia.

- Vínculos sociais entre o alumnado, sobretodo no caso de alumnado con NEAE."

 

Como se expón anteriormente é unha decisión meditada e sobre todo, moi consensuada por un equipo docente convencido e comprometido co traxecto que pretendemos trazar. 

Independentemente de que a nivel xustificativo pouco máis podemos aportar, o equipo directivo estará encantado de escoitar todas as dúbidas, inquedanzas e suxestións que queirades trasladarnos polo que quedamos a vosa completa disposición. 

 

Recibide un cordial saúdo.

Grazas pola confianza.

Libros de texto curso 2023-2024

Libros texto Curso 2023/2024

 

4º Educación Infantil

Materia

Libro/Título

Editorial

ISBN

INGLÉS

AMANDA & FRIENDS 1 - STUDENT´S PACK

RICHMOND

9788466829250

LÓXICA-MATEMÁTICA

TALLER MATEMÁTICAS MANIPULATIVAS. NIVEL 1

SANTILLANA

9788468027807

 

5º Educación Infantil

Materia

Libro/Título

Editorial

ISBN

INGLÉS

AMANDA & FRIENDS 2 - STUDENT´S PACK

RICHMOND

9788466829274

LÓXICA-MATEMÁTICA

TALLER MATEMÁTICAS MANIPULATIVAS. NIVEL 2

SANTILLANA

978-8468027814

 

6º Educación Infantil

Materia

Libro/Título

Editorial

ISBN

INGLÉS

AMANDA & FRIENDS 3 - STUDENT´S PACK

RICHMOND

9788466829700

GRAFO

GRAFOMOTICIDAD MONSTRUOSA 3

ANAYA

9788469829868

LÓXICA-MATEMÁTICA

MATEMÁTICAS 3

ANAYA

9788467815900

 

1º Educación Primaria

Materia

Libro/Título

Editorial

ISBN

INGLÉS

GO FAR! 1 - STUDENT´S PACK

RICHMOND

9788466836531

MÚSICA

Novo Tiroliro. Música

Obradoiro-Santillana

978-84-9185-401-2

CC. DA NATUREZA

Construíndo mundos

Obradoiro

978-84-9185-411-1

CC. SOCIAIS

Construíndo mundos

Obradoiro

978-84-9185-414-2

MATEMÁTICAS

Matemáticas 1 CZ

Comunidad Zoom – Vicens Vives

9788468280998

LENGUA

Lengua 1 + LeoBien

Grupo Anaya - Texto

978-84-143-1726-6

LINGUA

PROXECRO TECELINGUA

XERAIS-TEXTO

978-84-1110-003-8

         LECTURAS

            EL LOBO LUPAS 1

    ANAYA

      978-84-678-4598-3

 

2º Educación Primaria

Materia

Libro/Título

Editorial

ISBN

INGLÉS

GO FAR! 2 - STUDENT´S PACK

RICHMOND

9788466836548

MÚSICA

Novo Tiroliro. Música

Obradoiro-Santillana

978-84-9185-700-6

 

CC. DA NATUREZA

Construíndo mundos

Obradoiro

978-84-9185-694-8

CC. SOCIAIS

Construíndo mundos

Obradoiro

978-84-9185-696-2

MATEMÁTICAS

Matemáticas 2 CZ

Comunidad Zoom – Vicens Vives

9788468291840

LENGUA

Lengua 2 + Leo y comprendo

Grupo Anaya - Texto

978-84-143-1728-0

LINGUA

PROXECTO TECELINGUA

XERAIS-TEXTO

978-84-1110-012-0

LECTURAS

EL LOBO LUPAS 2

ANAYA

978-84-678-7508-9

 

3º Educación Primaria

Materia

Libro/Título

Editorial

ISBN

INGLÉS

GO FAR! 3 - STUDENT´S PACK

GO FAR! 3 - ACTIVITY  PACK

 

RICHMOND

RICHMOND

9788466836555

9788466836630

MÚSICA

Novo Tiroliro. Música

Obradoiro-Santillana

978-84-9185-404-3

LENGUA CASTELLANA

Operación Mundo. Lengua 3

ANAYA

978-84-698-9915-1

LINGUA GALEGA

Operación Mundo. Lingua 3

ANAYA

978-84-698-9948-9

MATEMÁTICAS

Operación Mundo. Matemáticas 3

ANAYA

978-84-698-9961-8

CIENCIAS NATURAIS

REVOA Ciencias da Natureza 3º EP

SM XERME

9788498548792

CIENCIAS SOCIAIS

REVOA Ciencias Sociais 3º EP

SM XERME

9788498548785

 

4º Educación Primaria

Materia

Libro/Título

Editorial

ISBN

INGLÉS

GO FAR! 4 - STUDENT´S PACK

GO FAR! 4 - ACTIVITY  PACK

 

RICHMOND

RICHMOND

9788466836562

9788466836647

MÚSICA

Novo Tiroliro. Música

Obradoiro-Santillana

978-84-9185-674-0

LENGUA

Lengua 4. Operación mundo

Anaya

978-84-143-1929-1

LINGUA

Lingua 4. Operación mundo

Anaya

978-84-143-1963-5

MATEMÁTICAS

Matemáticas 4. Operación mundo

Anaya

978-84-143-1980-2

SOCIAIS

Ciencias sociais 4. Revoa

SM Xerme

9788419101594

NATURAIS

Ciencias naturais 4. Revoa

SM Xerme

9788419101617

 

5º Educación Primaria

Materia

Libro/Título

Editorial

ISBN

INGLÉS

GO FAR! 5 - STUDENT´S PACK

GO FAR! 5 - ACTIVITY  PACK

 

RICHMOND

RICHMOND

9788466836579

9788466836654

MÚSICA

Novo Tiroliro. Música

Obradoiro-Santillana

978-84-9185-400-5

CIENCIAS DA NATUREZA

Operación Mundo. Ciencias da Natureza 5.

Anaya

9788414303085

CIENCIAS SOCIAIS

Operación Mundo. Ciencias Sociais 5.

Anaya

9788414304006

LINGUA CASTELÁ E LITERATURA

Operación Mundo. Lingua Castelá e Literatura 5.

Anaya

9788414301920

LINGUA GALEGA E LITERATURA

Operación Mundo. Lingua Galega e Literatura 5.

Anaya

9788414302255

MATEMÁTICAS

Operación Mundo. Matemáticas 5.

Anaya

9788414302385

 

6º Educación Primaria

Materia

Libro/Título

Editorial

ISBN

INGLÉS

GO FAR! 6 - STUDENT´S PACK

GO FAR! 6 - ACTIVITY  PACK

 

RICHMOND

RICHMOND

9788466836586

9788466836661

LINGUA GALEGA.

OPERACIÓN MUNDO. GALEGO 2023

ANAYA

978-84-143-2217-8

LINGUA CASTELÁ.

OPERACIÓN MUNDO. 2023

ANAYA

978-84-143-2183-6

MATEMÁTICAS.

OPERACIÓN MUNDO. CASTELÁN 2023

ANAYA

978-84-143-2234-5

CIENCIAS DA NATUREZA.

OPERACIÓN MUNDO. GALEGO 2023

ANAYA

978-84-143-2348-9

CIENCIAS SOCIAS. 

OPERACIÓN MUNDO. GALEGO 2023

ANAYA

978-84-143-2374-8

EDUCACIÓN EN VALORES CÍVICOS Y ÉTICOS.

 OPERACIÓN MUNDO. CASTELÁN 2023

ANAYA

978-84-143-0462-4

MÚSICA

Novo Tiroliro. Música

Obradoiro-Santillana

978-84-9185-677-1

 

Distribuir contido