Equipo de TIC

Plan Dixital de Centro. Curso 2023-2024

Trala súa aprobación por parte do Conesllo Escolar, compartimos con todos vós o Plan Dixital de Centro actualizado para este curso académico 2023-2024.

Podedes acceder a el facendo click na seguinte imaxe:

Un Nadal para todos

Todos os nenos e nenas do cole traballamos para crear unha produción navideña e felicitar o Nadal a toda a comunidade educativa que forma o CEIP Canicouva.

Desfrutamos moitísimo do proceso, dende o primeiro contacto coa LSE, ata a gravación final de cada aula.

Levar a cabo esta actividade foi posible grazas a implicación de todos e todas, alumnado e profesorado.

Esperamos que vos guste e o disfrutedes coma nós.

 

BO NADAL!!

Acceso a Aula Virtual

No arquivo adxunto podedes atopar unha breve descripción con imaxes para poder acceder a Aula Virtual.

Plan Dixital de centro. Curso 2022-2023

O curso pasado o profesorado da Comisión TIC comezou o proceso de deseño e elaboración do Plan Dixital de centro que se implementará durante este curso académico.

Trala súa aprobación por parte do Conesllo Escolar, compartimos con todos vós o documento final.

 

*

Un Nadal no Camiño

Estando xa inmersos noutro Nadal no que toca "celebrar" de xeito alternativo, compartimos con vos un agasallo. 

 
Dende o CEIP Canicouva coa colaboración e implicación de todo o claustro, das familias e a participación de todo o alumnado, creamos con moito cariño a nosa produción "Un Nadal no camiño". 
 
A produción relaciona o Nadal co noso proxecto deste curso "O camiño de Santiago". 
 
Esperamos voltar cedo aos festivais que tan ben facemos. Mentres desexamos a toda a comunidades que forma o CEIP CANICOUVA, BOAS FESTAS, SAÚDE E... BO CAMIÑO!!!
 
*
Distribuir contido