Bo día familias,
Saíu a orde do DOG do 28 de outubro de 2021 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en
educación primaria. Dende hoxe ata o 22 de novembro está aberto o prazo para a solicitude de máscaras.
Destinatarios:
- Beneficiarios da axuda de material escolar (estes non terán que facer ningunha solicitude).
- Alumnado que non fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar por diferentes circunstancias,
- pero:
- a) Pertenza a familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.
- b) Estea matriculado en educación especial, ou suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia ou teña unha discapacidade igual ou superior ao 65%, con independencia da renda da unidade familiar.
Axuntamos DOG coas instrucións e ANEXO I que habería que entregar cuberto no centro para ser tramitada.
Un saúdo
Equipo Directivo