No Rexistro de entrada da correspondencia do colexio (Nº 863) con data 22 de Setembro de 2.003 recóllese a autorización expedida polo Delegado Provincial de Educación (Rexistro saída 008581 con data 26 marzo de 2.003 aprobando o funcionamento do Comedor escolar na modalidade de Catering.
A empresa que presta os seus servicios este curso 2011-2012 é Catering As Arelas.
Horario, precio e forma de pago
O horario de comedor é de 13.50 a 16 horas contando con dúas ou tres personas responsables da empresa de cateríng en función do nº de nen@s.
Precio: 4 € menú para os usuarios habituais e de 4,50€ para os esporádicos.
A forma de pago será por DOMICILIACIÓN BANCARIA o 13 de cada mes.
Podedes baixar o impreso de domiciliación no apartado de Descargas do ANPA. (Enlace directo ó impreso: pincha aqui)
Inscripción
Hai un grupo de nen@s que son fix@s toda a semana e outr@s apúntanse algúns días.
- USUARIOS FIXOS: entregar a solicitude a directiva da A.N.P.A. (válido buzón da porta do colexio ou envialo por email a anpabelesar@gmail.com). Impreso no apartado de Descargas do ANPA. (Enlace directo: pincha aqui).
- USUARIOS OCASIONAIS: avisar o día anterior no teléfono ou e-mail do ANPA: 636 05 05 13, anpabelesar@gmail.com
Ata novo aviso, para anular o servicio de comedor é preciso comunicalo á empresa de cátering antes das 18:00 horas do día anterior.
Teléfono de contacto de Catering Arelas: 986 40 81 51, 626 051 039
Obxectivos
- Desenvolver hábitos e actitudes saudables e hixiénicos no alumnado.
- Garantir unha dieta sana e rica que favoreza a saúde e o crecemento.
- Desenvolver o compañerismo, o respeto e a tolerancia.
- Favorecer a organización da vida familiar cando o pai e a nai traballan.
- Favorecer a continuidade da xornada escolar con actividades extraescolares.
Funcionamento
O Consello Escolar supervisará o funcionamento deste servicio xestionado pola directiva da Asociación de Nais e Pais de Alumnos para o que establece unha series de normas e funcions:.
Tarefas das persoas responsables do comedor
- Atender e custodiar @s alumn@s durante as comidas e o tempo anterior e posterior ás mesmas (13.50 ata 16.00). Resolver as incidencias que puideran presentarse durante este tempo. Ante un accidente chamar por teléfono á familia, avisar ó servicio de urxencia ou desplazarse ata o centro de saúde máis próximo.
- Entregar unha fotocopia do menú do mes ás familias anotadas.
- Prestar especial atención á labor educativa do comedor: adquisición de hábitos sociais e hixiénicos e a correcta utilización do menaxe do comedor.
- Unha vez finalizado o servicio de comedor, pasaremos a desenvolver actividades de descanso e recreativas organizadas polas responsables. Utilizarán os patios, a sala de Usos Múltiples, o comedor, a aula de ingés e música e a Bilbioteca para o desenrolo destas actividades. Os responsables cuidaran que as instalacións queden ordenadas.
- Calquera outra función que a directiva da A.N.P.A e o Consello Escolar consideren necesaria para o bo funcionamento deste servicio.
- Manterán relacións correctas e respectuosas cos alumnos propiciando o diálogo, respecto e autoridade necearias para manter un bo ambiente.
- Presevarán a intimidade do comportamento de cada nen@ e das familias e do que suceda no comedor. Tratarán con cada familia directamente sin verter comentarios a persoas alleas.
Tarefas das nenas e nenos
- @s alumn@s repetarán e obedecerán ós responsables do comedor.
- Traerán da casa o necesario para manter a hixiene. Cepillo de dentes, pasta, toalla, etc.
- Seguirán as normas das responsables: sentarse correctamente, comer despacio, falar baixo, non levantarse da mesa sen permiso.
- Aquel@s nen@s que se porten mal serán amonestados polo responsables do comedor. A reincidencia en faltas leves de comportamento ou faltas graves serán levadas ó Consello Escolar que tomará as decisións oportunas sobre eses comportamentos. Está reservado o dereito de admisión neste servicio